BNG denuncia o abandono institucional no Hospital Psiquiátrico de Conxo e esixe ao PP medidas urxentes
Bloque Nacionalista Galego 28-03-2026, 17:18 social
A deputada Iria Carreira denuncia o desleixo con pacientes especialmente vulnerables que requirirían unha maior protección por parte da Xunta
![]()
A deputada do BNG, Iria Carreira, denunciou na Comisión de Sanidade o abandono institucional do Hospital Psiquiátrico de Conxo e reclamoulle ao PP medidas urxentes para resolver as graves deficiencias estruturais, asistenciais e de dereitos humanos que padecen as persoas ingresadas no centro sanitario compostelá, destacando o desleixo cos pacientes especialmente vulnerables que requirirían unha maior protección por parte da Xunta.
“Os pacientes de Conxo non son pacientes de segunda que a Administración está obrigada a protexer e que, con reiteración, está a vulnerar”, acusou Carreira despois de expor os feitos concretos e recentes que ilustran o abandono do centro. É o caso da inundación que o pasado 18 de febreiro sufriu unha unidade de hospitalización tras acumularse auga no teito, que acabou saíndo mesmo polo cadro eléctrico, poñendo en risco de electrocución a pacientes e traballadoras. “A xerencia tiña constancia de goteiras previas que xa tiñan provocado caídas de pacientes, pero non actuou”, afeou.
Tamén deu conta da presenza, máis recentemente, de piollos corporais en varios pacientes sen que se adoptasen medidas mínimas de control. “A roupa acumulouse en bolsas sen lavar e sen que se informase ao persoal de lavandería”, apuntou. Outras incidencias documentadas inclúen portas de seguridade atadas con vendas ou xanelas mal instaladas nas que o vidro irrompible quedou cara a fóra.
Carreira explicou que o propio Mecanismo de Prevención da Tortura (MNP) cualificou o centro como un espazo en “estado de deterioro significativo”, que “ofrece condicións insalubres”, onde mesmo non se prende a calefacción o tempo necesario, detectando humidades xeralizadas, xanelas deterioradas, un número elevado de suxeicións mecánicas sen protocolo axeitado, así como a ausencia de calquera protocolo de prevención de violencia de xénero ou de suicidios.
Segundo indicou, tralas eleccións de 2024, os tímidos avances que se tiñan iniciado en resposta ás visitas do MNP, quedaron paralizadas: “As obras están sen rematar, os pacientes continúan soportando situacións indignas, non hai unha xefatura nese hospital, non hai plan de mellora, mingua o persoal e paralízanse as altas hospitalarias pola falta de opcións comunitarias por falta de opción habitacional, porque non hai prazas en residencias ou porque non teñen acceso aos recursos económicos que lles corresponden”, denunciou.
É por iso que a deputada nacionalista formulou ata once preguntas na Comisión 5ª, entre elas, a de se o Goberno galego é consciente da situación do hospital, os motivos polos cales a xerencia non actuou antes da inundación e cales son as medidas adoptadas. Tamén quixo saber por que non se realizaron as obras de mellora demandadas desde hai décadas ou se existe discriminación entre as pacientes de Conxo e as doutros centros da mesma área sanitaria, por exemplo á hora de escoller a dieta basal. Tamén preguntou polas razóns polas que a Xunta de Rueda deso as recomendacións do MNP.
En canto ás medidas, interrogou tamén ao PP sobre os plans de desinstitucionalización e os recursos comunitarios dispoñibles para garantir altas en condicións dignas, tamén polas medidas para garantir a atención non discriminatoria e para combater as violencias machistas. Por último, Carreira cuestionou sobre o número e duración das contencións mecánicas no último ano.
Na súa réplica recriminoulle ao director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Alfredo José Silva, que viñese á Comisión anunciar que en febreiro de 2026 se convocou o posto de xefatura de sección para este hospital, o que significa que “durante todo este tempo non houbo unha cabeza ao fronte deste centro sanitario” e preguntoulle se, en lugar de estar falando do hospital psiquiátrico, estivésemos a falar do Provincial ou do Clínico, isto se produciría.
“Acaso non hai un abandono deste centro no momento en que non interesa que haxa unha xefatura de sección cando vostede recoñeceu que “é un centro singular”? expresou. Criticou ademais que “o que se está vendendo é o mínimo imprescindible” despois de que o responsable da Xunta tamén dixese que se “sistematizaron os estadillos”, unhas reunións que todos os hospitais fan de xeito regular antes de comezar a súa actividade diaria.
Tamén lle recriminou que o Sergas non lle remita ao BNG os datos referidos ao uso das contencións mecánica. “Vostede pode asegurar que as contencións mecánicas se manteñen durante un tempo mínimo imprescindible?, porque, que o MNP lle recoñeza o traballo que están facendo non é algo tan bo tendo en conta que o que había antes era nulo”, rematou.
José Manuel Latorre, secretario territorial de CHA en las comarcas zaragozanas: “Queremos mostrar todo nuestro apoyo al trabajo que realizan cada día los profesores y profesoras de los centros públicos”.
read more..Plaid Cymru promises always stand up for Wales if elected to government
Plaid Cymru has said that Labour can no longer credibly describe itself as the ‘party of devolution’ following a leaked memo from the Prime Minister indicating a willingness to bypass the Senedd and Welsh Government.
read more..Asielzoekers die verblijven in federale opvangcentra kregen het voorbije jaar gratis treintickets toegestopt voor een bedrag van 1.398.330 euro.“Een bedrag dat jaar na jaar stijgt”, zegt Vlaams Belang-Kamerlid Frank Troosters, die de cijfers opvroeg bij minister van Asiel en Migratie Anneleen Van Bossuyt(N-VA).“En een bedrag dat beter besteed wordt aan onze eigen mensen die financieel nauwelijks rondkomen in plaats van aan pleziertripjes voor nieuwkomers.”
read more..Josep Pagès: “La compra de Palantir confirma una deriva autoritària i opaca del govern espanyol”
read more..Sita Land-Dotinga: “As De Haach it net begripe wol, dan rêde wy der sels wol mei”
De FNP hat yn de nachtfan 31 maart op 1 april it earste Frysktalige ferkearsboerd by de tagong fan Hollân nei Fryslân pleatst.
read more..Terwijl de federale regering-De Wever begrotingsmaatregelen en-controles blijft vooruitschuiven, dient het Vlaams Belang in het parlement maar liefst 14 miljard euro aan amendementen in op de begroting 2026.“Echte saneringen zijn wél mogelijk– als men tenminste de politieke moed heeft om taboes te doorbreken”, stelt Kamerlid en begrotingsexpert Wouter Vermeersch
read more..Abbiamo creato “VenetAI Support”, una web application potenziata con l’intelligenza artificiale per il sostegno a Michele Favero, ingiustamente perseguitato per aver espresso un giudizio storico.
read more..Udine, 18 aprile 2026 | La seconda tappa del ciclo di incontri dedicati a uno dei temi più urgenti e controversi del nostro tempo, il turismo e il suo impatto sui territori, arriva a Udine. L’appuntamento è per martedì 21 aprile, alle ore 18, alle Librerie.coop Friuli di via dei Rizzani 1/3, con la presentazione del libro Il turismo che non paga della giornalista Cristina Nadotti, pubblicato da Edizioni Ambiente.
read more..