BNG pon en evidencia un PP que vota a en contra de protexer a serra da Groba no Parlamento

Bloque Nacionalista Galego 25-04-2026, 11:40 protest

Brais Ruanova defendeu un si rotundo á serra da Groba mentres o PP opta por un modelo de espolio dos recursos e de capital foráneo

Brais Ruanova

O deputado do BNG Brais Ruanova criticou a postura incoherente do PP, que votou no Parlamento en contra de paralizar os proxectos eólicos que afectan á serra da Groba e de blindar por lei o espazo natural, contradicindo a súa postura favorable no pleno municipal de Oia. "Se o PP de Oia defendeu a Groba no pleno municipal, debe defendela aquí, no Parlamento. Non hai dous pesos e dúas medidas: ou se está co territorio, ou se está co capital foráneo", proclamou.

Mentres a iniciativa do BNG pretendía declarar un “si rotundo á defensa da Serra da Groba”, o PP optou por un modelo de espolio dos recursos e de capital foráneo. O deputado advertiu que quen gaña con este proxecto son “os de sempre” pero o risco ambiental, o impacto paisaxístico, a perda de valor turístico e agrogandeiro, queda aquí nas comunidades de montes de Burgueira, Viladesuso, Mougás e Belesar. “Isto on é transición enerxética, isto é colonialismo enerxético”, criticou.

Tamén lle afeou ao PP que diga que o presidente da Xunta defende a Serra da Groba. “Podía ter pasado pola Serra da Groba o día que foi pasear cun ex-conselleiro acusado por agresión sexual por Panxón e pisar máis o País para ver o territorio de primeira man”, suxeriu.

Na súa intervención na Comisión 6º, Ruanova lembrou que os proxectos afectados, —"Margarita 18", "Cote 25", "Nao 19" e "Galera 25"–—comprenden catro aeroxeradores de case 5 megavatios cada un no concello de Oia, promovidos polas empresas con sede en Sevilla Savanna Power Solar e Arena Power Solar. A instalación incluiría ademais unha liña de evacuación de máis de 10 quilómetros que atravesaría os concellos de Baiona e Gondomar. “O futuro de Galiza é inzar eólicos na Serrra da Grova, prospectar a Serra do Galiñeiro para ver minerais estratéxicos, facer un buraco neste País”, criticou Rúanova.

Ao deputado nacionalista resultoulle rechamante, hai só dous anos, a propia Consellería de Medio Ambiente emitise declaracións de impacto ambiental desfavorables para proxectos substancialmente análogos na mesma zona. “Se cadra, daquela no caso de chegar á xustiza, atoparíanse con problemas que, polo que sexa, hoxe non atoparían”, ironizou o deputado nacionalista.

“Vostedes veñen aquí defender os eólicos mentres o seu partido en Madrid dicindo que non queren instalar ningún eólico porque ten un impacto ambiental e social enorme”, engadiu, acusando a continuación ao PP de querer converter Galiza nunha “colonia enerxética de Madrid”.

Tres propostas concretas para un futuro sostible

Fronte ao modelo que o BNG cualifica de "colonialismo enerxético" ao servizo de capital foráneo, Ruanova presentou tres alternativas que responden ao modelo nacionalista onde a transición enerxética “non se fai ás costas das biodiversidade nin do patrimonio. “Un modelo onde o desenvolvemento do rural non é incompatible coa protección”, sinalou.

A Primeira, instaba ao Goberno galego a resolver a inadmisión a trámite dos proxectos en aplicación do artigo 39.4.c) da Lei 21/2013 de avaliación ambiental, dado que xa existen proxectos homologables con declaración desfavorable.

A segunda pedía iniciar de oficio o procedemento para declarar a Serra da Groba como Espazo Natural Protexido e/ou a súa inclusión na Rede Natura 2000.

Por último, o BNG demandaba elaborar, en colaboración cos concellos e as comunidades de montes afectadas, un Plan de Desenvolvemento Sostible para a Serra da Groba que impulse o turismo de natureza, a gandaría extensiva, a apicultura e o autoconsumo enerxético comunitario.

Un espazo de alto valor ecolóxico, cultural e económico

Na súa intervención, Ruanova advertiu que a execución destes proxectos afectaría a 9 cursos fluviais e 4 hábitats de interese comunitario, e poría en perigo especies protexidas como o escribán de canaveira ou o narciso das dunas. Subliñou que a perda de vexetación, a fragmentación de hábitats e o risco de colisións para aves e quirópteros "son impactos non mitigables".

Tampouco quedaría á marxe o patrimonio cultural: a Serra da Groba acolle bens catalogados como os Petróglifos da Cerradiña ou o Hórreo de Urgal, e está próxima ao Camiño Portugués da Costa. O BNG denunciou que a Xunta está a antepor os intereses empresariais á obriga legal de protexer estes espazos.

O deputado tamén puxo de relevo o impacto sobre actividades económicas sostibles como o turismo de natureza, a gandaría extensiva e a apicultura, e salientou especialmente o risco para as poboacións de cabalo garrano, especie en perigo de extinción e elemento clave na prevención de incendios e símbolo da identidade galega.

O deputado nacionalista apelou na súa intervención á responsabilidade: "Temos a oportunidade de demostrar que neste Parlamento aínda se escoita á cidadanía, aínda se respecta a lei e aínda se defende Galiza fronte ao espolio. Defender a Groba é tamén defender Galiza".

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-pon-evidencia-pp-que-vota-protexer-serra-da-groba-parlamento/20260424130951042671.html

Related News

Le Parti Breton-Strollad Breizh s’engage sur la liste d’union de la droite et du centre « Votre nouveau souffle pour Nantes » conduite par Foulques Chombart de Lauwe.

read more..

UDB Kreiz Breizh a c’houll gant tier-kêr nevez Bro KKB, a vo dilennet e miz Meurzh, d’emezelañ er gevredigezh « Breizh 5/5 » evit Breizh pemp departamant.

read more..

El partit menorquinista ha registrat una instància al Ministeri d’Hisenda per advertir d’una greu infracció ambiental que atempta contra un recurs natural escàs com és l’aigua

read more..

Acto O Condado

De cara ás municipais pide redobrar esforzos para dar un gran salto adiante: “Estamos nun gran momento, pero a leira hai que traballala”

Acusa a Rueda de recortar os dereitos laborais con medidas de dubidosa legalidade contra as baixas laborais, rexeitadas polos colexios médicos

read more..

El Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions (CIEMEN) celebrarà els Guardons Aureli Argemí 2026 el pròxim divendres 6 de febrer, a les 19 h, a l’Ateneu Barcelonès. Amb aquest acte, el CIEMEN recupera l’esperit dels històrics Guardons CIEMEN i homenatja el llegat del seu fundador, Aureli Argemí, referent en la defensa dels drets col·lectius, la solidaritat internacional i la justícia global.

read more..

Kinderen die melding maken van misbruik of mishandeling moeten vandaag tot twee maanden wachten voor hun dossier kan worden opgestart bij een vertrouwenscentrum kindermishandeling. Dat blijkt uit signalen uit het werkveld. Vlaams Parlementslid Mercina Claesen(Vlaams Belang) trok daarover aan de alarmbel in het Vlaams Parlement.“Stel u voor dat u eindelijk de moed vindt om misbruik te melden en dat men u zegt dat u nog twee maanden moet wachten. Twee maanden waarin mishandeling en vernedering gewoon doorgaan. Dat is onaanvaardbaar”, zegt Claesen.

read more..

Nieuwe politiecijfers over de drugscriminaliteit in onze grootsteden blijken een zoveelste negatief gevolg van de massamigratie. In Antwerpen is bijna één op de twee gekende drugsverdachten een niet-Belg(49,2%). In verschillende Brusselse gemeenten stijgt dat aandeel zelfs tot boven de 60%.“Wie nu nog de link tussen massamigratie en criminaliteit minimaliseert, ontkent het zonlicht en draagt een zware verantwoordelijkheid,” reageert Kamerlid Ortwin Depoortere(Vlaams Belang). 

read more..

Ancienne députée européenne, aujourd’hui cuisinière dans un lycée en Bretagne, j’annonce ma candidature à la primaire de la gauche en vue de l’élection présidentielle.

read more..

BOZEN – Der Südtiroler Schützenbund weist die jüngsten Anschuldigungen der Südtiroler Volkspartei entschieden zurück. Landeskommandant Mjr. Christoph Schmid stellt klar, dass sich seine Rede bei der 61. Ordentlichen Bundesversammlung des Südtiroler Schützenbundes nicht gegen die SVP als Partei gerichtet habe, sondern zum Führungsstil des Landeshauptmannes zu offene politische Fragen, auf die es bis heute keine Antworten gebe.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031