Ana Miranda: “O BNG no Parlamento Europeo defendemos que para Galiza é prioritario finalizar o Corredor Atlántico”
Bloque Nacionalista Galego 11-03-2026, 09:51 politics, international
A eurodeputada galega presentou emendas ao “Mecanismo Conectar Europa” sobre as redes europeas de transporte RTE-T e o seu regulamento financeiro
![]()
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, vén de presentar un total de 40 emendas ao informe “Mecanismo Conectar Europa (CEF)”, que salientan como prioridades a finalización do Corredor Atlántico dentro das redes europeas de transporte RTE-T (A Coruña - Vigo - Porto), a ligazón con infraestruturas secundarias existentes coma portos (Vigo e A Coruña), aeroportos, portos secos (PLISAN) e estradas do mar e redes ferroviarias, así como a renovación das infraestruturas ferroviaria abandonadas como a conexión Vigo - Ourense.
“O BNG no Parlamento Europeo defendemos que para Galiza é prioritario finalizar o Corredor Atlántico e neste sentido estivemos traballando nas emendas que presentamos”, salienta Ana Miranda, quen lembra que é unha “demanda histórica” e que precisamente “grazas ao BNG nas emendas aparece de maneira explícita que a conexión de Galiza coa rede transeuropea de transporte ter que ser mellorada e rematada”.
Respecto ao seu financiamento, a eurodeputada galega sinala que o CEF conta cun financiamento directo, de forma que son concursos públicos onde só os Estados e os territorios descentralizados como Galiza poderán pedir recursos para as redes RTE-T. En comparación co CEF actual de 2021-2027 e antes do inicio das negociacións, o orzamento do seguinte CEF (que comeza en 2028) aumenta de 33.710 millóns de euros a 81.400 millóns de euros.
“Para Galiza é fundamental aproveitar estes recursos, que poden ser completados con outros fondos como os FEDER no obxectivo de desenvolver outros proxectos como a saída sur de Vigo”, apunta Ana Miranda.
Eliminar atrancos
Outras das emendas que presentou ao “Mecanismo Conectar Europa” refírese ao Regulamento 2025/925 ou BridgeforEU, do que Ana Miranda foi co-relatora, e que ten como obxectivo eliminar os atrancos administrativas, especialmente no eido transfronteirizo de Galiza e o norte de Portugal. “A eliminación das barreiras administrativas é outra demanda histórica que afecta a miles de persoas que viven a ambos lados da fronteira e que nós levamos tempo traballando”, salienta a eurodeputada galega, quen sinala que as emendas tamén reclaman xerar sinerxías no ámbito do transporte e da enerxía e mellorar así a cooperación e complementariedade das redes secundarias de transporte transfronteirizas.
Por outro lado, nas propostas presentadas sublíñase o papel das cidades e vilas europeas transfronteirizas, as AECT e outras estruturas de cooperación territorial transfronteiriza recoñecidas, incluídos os Puntos de Coordinación que deberían crearse coa nova lexislación europea. Reclámase que sexan consideradas entidades xurídicas elixibles para os efectos do presente Regulamento para o cal os solicitantes deberán demostrar o cumprimento de toda a lexislación ambiental da Unión Europea.
A respecto do CEF referido á enerxía, que financiará proxectos de infraestrutura enerxética transfronteirizos nos sectores da electricidade, o hidróxeno e o transporte de dióxido de carbono, así como proxectos transfronteirizos no ámbito das enerxías renovables, Ana Miranda tamén presentou emendas. Neste sentido, a eurodeputada galega do BNG, pediu a consideración das comunidades enerxéticas, como é o caso do Rosal, incluíndo tamén a cooperación transfronteiriza para fortalecer á rede RTE-E.
De regering De Wever had het bij de invoering van de centenindex telkens opnieuw over‘de sterkste schouders’ die mede de verantwoordelijkheid moeten dragen om de Belgische begroting uit het slop te halen. Concreet betekent dit dat lonen boven 4.000 euro bruto en pensioenen boven 2.000 euro bruto niet meer volledig geïndexeerd worden.“We hebben steeds aangekaart dat mensen het verlies in brutoloon of brutopensioen levenslang blijven meedragen”, zegt Vlaams Belang Kamerlid Ellen Samyn.“En afgaande op een antwoord van minister van Pensioenen Jan Jambon(N-VA) blijkt nu ook dat de grens van 2.000 euro voor gepensioneerden helemaal niet gekozen werd op basis van het‘sterkste schouders’-principe.
read more..Der SSW hat jetzt einen Antrag in den Landtag eingebracht, mit dem die Landesregierung aufgefordert wird, sich über den Bundesrat für die Einführung eines Klimageldes einzusetzen. Hierzu erklärt der Vorsitzende der SSW-Landtagsfraktion, Christian Dirschauer:
„Die CO₂-Bepreisung ist richtig und notwendig. Aber sie verteuert Energie, Mobilität und Wohnen – und das trifft nicht alle gleich. Wer wenig verdient oder auf dem Land lebt, zahlt im Verhältnis deutlich mehr. Genau deshalb war das Klimageld von Anfang an als sozialer Ausgleich gedacht. Passiert ist bisher: nichts.
Liga socijaldemokrata Vojvodine – VOJVOĐANI podneće krivičnu prijavu protiv gradonačelnik Kraljeva Predraga Terzića zbog počinjenog krivičnog dela Povreda ugleda zbog rasne, verske, nacionalne ili druge pripadnosti.
read more..Kamerlid Eva Demesmaeker verdedigde in De Ochtend op Radio 1 de voorgestelde pensioenhervormingen van minister Jan Jambon. Demesmaeker benadrukte dat de hervorming noodzakelijk is voor de betaalbaarheid van het systeem en dat er wel degelijk rekening is gehouden met de realiteit van werkende vrouwen.
read more..We are firmly focused on what matters most to the people of Scotland – tackling the cost of living crisis, improving the performance of our NHS and taking our enormous energy wealth into our own hands.
On May 7th choose a Scottish Government that works for Scotland. Choose an SNP government that, day in and day out, is always on Scotland’s side.
read more..La sfida esistenziale che affrontano le democrazie europee e mondiali plasmerà un nuovo mondo, con nuove aree di influenza
read more..La diputada republicana, Etna Estrems, ha traslladat a la ministra de Sanitat, Mónica García, que cal garantir l’“arrelament” al territori
read more..ANDALUCISTAS ELIGE A JULIA RODRÍGUEZ PARA ENCABEZAR SU CANDIDATURA POR HUELVA
La coalición que aglutina al andalucismo político apuesta por una profesora y periodista onubense vinculada a la vida social, educativa y cultural de la provincia como cabeza de lista
read more..Le Parti Breton se réjouit de l’adoption par l’Assemblée nationale du projet de loi constitutionnelle ouvrant la voie à l’autonomie de la Corse.
read more..