BNG reclama a Transportes actuar para, en colaboración co INORDE, pór a disposición as vivendas da estación da Vilavella na Mezquita

Bloque Nacionalista Galego 12-03-2026, 23:08

Néstor Rego avanza o rexistro de iniciativas nas Cortes do Estado para que o Goberno cumpra e culmine o proxecto previsto nas instalacións cedidas ao INORDE

Rafael Pérez sinala a necesidade de que as administracións estatal e provincial atendan as necesidades habitacionais da Mezquita

Néstor Rego na Mezquita

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, acompañado polo alcalde da Mezquita, Rafael Pérez, a concelleira, Cristina Clavería, o deputado do BNG no Parlamento de Galiza, Secundino Fernández, e a responsábel comarcal do BNG, Samanta Barreira, avanza o rexistro de iniciativas nas Cortes do Estado co obxectivo de que o Goberno do Estado, e no concreto ADIF, culminen o proxecto de vivendas previsto para as instalacións da antiga estación da Vilavella e evitar o progresivo deterioro das mesmas.

A organización nacionalista lembra que as instalacións foron cedidas ao INORDE co compromiso de desenvolver nelas un proxecto que permitise recuperar e pór en uso os edificios existentes. Pasa o tempo, sinala o BNG, e a non actuación da administración está a provocar un deterioro constante das dependencias, incluídas as vivendas e o albergue.

O alcalde da Mezquita sinala a necesidade de que as administracións competentes, tanto a Deputación de Ourense a través do INORDE como o Goberno do Estado co Ministerio de Transportes, escoiten as necesidades habitacionais do municipio. “Levamos anos agardando actuacións nestas instalacións que deberían destinarse a dar resposta a necesidades reais da veciñanza” demanda Rafael Pérez, que sinala esta medida como unha forma de favorecer tamén a fixación de poboación nun concello do rural.

Pola súa parte, Néstor Rego subliña que o Ministerio de Transporte, en colaboración co INORDE, debe actuar o antes posíbel para pór en uso as vivendas existentes na estación da Vilavella, na Mezquita, así como o albergue que se atopa en condicións para ser empregado

“Non é de recibo que, coas necesidades de vivenda existentes, por cuestións burocráticas haxa vivendas baleiras. Todas as vivendas que dependen do Estado -sexan de ADIF, da SAREB, do propio Ministerio de Vivenda- deben ser transferidas á Administración Galega ou aos concellos galegos que queiran xestionalas para poder poñelas en uso e intentar resolver os problemas de vivenda” afirma o deputado do BNG.

Ante esta situación, Rego avanza o rexistro de iniciativas nas Cortes do Estado para que o Goberno explique cal e a situación actual das instalacións da estación de Vilavella, os compromisos adquiridos coa cesión ao INORDE e o calendario previsto para executar as actuacións necesarias que permitan rehabilitar e pór en uso as vivendas e o albergue.

A recuperación destas instalacións, segundo explica a organización nacionalista, implicaría non só evitar o deterioro dun patrimonio público xa existente, senón contribuír a ampliar a oferta de vivenda nun concello do rural que precisa medidas efectivas para combater o despoboamento, facilitar novas oportunidades para vivir e desenvolver novos proxectos de vida.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-reclama-transportes-actuar-colaboracion-co-inorde-disposicion-vivendas-da-estacion-da-vilavella-mezquita/20260312134450042407.html

Related News

El candidato número uno de Chunta Aragonesista (CHA) a las Cortes de Aragón por la circunscripción electoral de Teruel, Javier Carbó, ha defendido la necesidad de aplicar de manera íntegra las ayudas al funcionamiento que la Unión Europea permite activar hasta un 20 % en zonas despobladas como las comarcas turolenses, una medida que “no se está aprovechando pese a contar con el aval de la UE”.

read more..

Liga socijaldemokrata Vojvodine – VOJVOĐANI poručuje premijeru Milošu Vučeviću da prestane sa pretnjama profesorima i učenicima koji učestvuju u blokadama škola i podržavaju studentski protest.

read more..

El comitè del Parlament Europeu ha aprovat aquest dijous un informe que reclama establir una definició comuna de la violació a escala europea basada en el consentiment.

read more..

Italiensierung von Ortsnamen sogar in deutscher Sprachausgabe auf olympics.com

BOZEN – Mit großem Befremden reagiert der Südtiroler Schützenbund auf die Darstellung Südtiroler Ortsnamen auf der offiziellen Olympia-Website olympics.com. Dort wird das Südtiroler Biathlonzentrum im Antholzertal selbst in der deutschen Sprachausgabe als „Anterselva“ bzw. „Anterselva Biathlon Arena“ bezeichnet – eine Praxis, die bislang vor allem aus italienisch-nationalen Kreisen bekannt war.

read more..

El portaveu de Junts al Senat, Eduard Pujol, ha advertit aquest dimecres que el col·lapse ferroviari a Catalunya ja no afecta només els passatgers, sinó que ha arribat de ple al transport de mercaderies, deixant “la Catalunya industrial i productiva sense tren”.

read more..

Erra: El sistema educatiu català viu una situació molt complicada i molt tensa”

read more..

L’Assemblea destaca aquest pas com una victòria rellevant en la defensa de la llibertat d’expressió i la legitimitat de les campanyes de consum conscient.

read more..

De Raad van State heeft de befaamde twaalfminutenregeling in de Vlaamse Rand vernietigd. Dat was een afspraak rond urgent ziekenvervoer waarbij ziekenwagens een patiënt, op diens verzoek en als het niet meer dan twaalf minuten extra rijtijd kostte, naar een Nederlandstalig ziekenhuis mochten brengen in plaats van naar het dichtstbijzijnde ziekenhuis. “Een levensgevaarlijke beslissing van de Raad van State”, oordeelt Kamerlid Kurt Moons. “Vlaamse patiënten komen in de Rand zo opnieuw terecht in een noodsituatie die hun veiligheid ondermijnt.” Het Vlaams Belang eist dat minister van Volksgezondheid Frank Vandenbroucke onmiddellijk stappen neemt om die vernietiging ongedaan te maken.

read more..

N-VA dient een resolutie in die eist dat alle leden van de Brusselse Regering aantoonbaar tweetalig zijn. “In een officieel tweetalig gewest is de kennis van beide talen een kwestie van fatsoen en respect. De politiek moet het goede voorbeeld geven, en dat gebeurt vandaag nog veel te weinig”, zegt Brussels fractievoorzitter Gilles Verstraeten.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031