Ana Pontón reivindica o BNG como a forza que pon Galiza na axenda do Estado e defende os seus intereses, goberne quen goberne

Bloque Nacionalista Galego 27-02-2026, 22:55 EU-scepticism, elections, social

Luís Seara, Néstor Rego, Ana Pontón e Carme da Silva

A portavoz nacional, Ana Pontón, reivindicou en Ourense ao BNG como a “forza política que pon a Galiza na axenda do Estado” e a que garante “a defensa dos intereses dos galegos e das galegas, sexa quen sexa o inquilino da Moncloa”.

“Podemos dicir que o Bloque é a forza que lle dá voz e voto a Galiza en Madrid”, sintetizou xunto aos representantes do Bloque no Congreso e no Senado, Néstor Rego e Carme da Silva, respectivamente, na presentación da campaña ‘Co BNG, Galiza Gaña’ para difundir os logros do traballo da organización nacionalista en Madrid en defensa do País, un acto no que tamén participou o portavoz municipal, Luís Seara.

A líder nacionalista salientou a importancia de contar cunha forza “coas mans libres” como o Bloque, que cun deputado e unha senadora “conseguiu máis para Galiza que o resto ao servizo das forzas estatais”.

Neste sentido, advertiu que o único que demostran as forzas estatais é a súa alternancia “na discriminación a Galiza”, dicindo unha cousa cando están na oposición e facendo a contraria cando están no goberno.

“A única maneira de cambiar ese guión e facer que Galiza gañe é ter unha forza política coas mans libres, que teña a súa cabeza e o seu corazón no noso País e esa forza política é o BNG”, incidiu, para recalcar a continuación que, nun escenario sen maiorías absolutas no que cada voto conta, a organización nacionalista está utilizando a forza que lle deron as urnas para facer valer os intereses dos galegos e das galegas ante o Estado.

Pontón destacou “a estratexia negociadora intelixente, firme e coherente” do Bloque a favor de Galiza e alegou que os feitos avalan o acerto desta estratexia de negociación, tal e como evidenciou coa quita da débeda de 4.000 millóns de euros posta sobre a mesa polo Goberno central grazas ao BNG, os descontos históricos na AP-9 e na AP-53 ou o avance na electrificación da liña entre Ourense e Lugo.

“E iso é o que fai o Bloque, pelexar por Galiza, non para solicitar privilexios, senón para esixir respecto e un trato xusto para o País e que teña o que se merece, porque non somos máis que ninguén pero tampouco menos, e isto é algo que ás forzas estatais lles custa entender e que lles hai que facer entender”, reflexionou.

Logo de subliñar que “ningún Goberno do Estado nos dá nada se non o pelexamos”, a portavoz nacional indicou que non todo está feito, senón que “queda moito por facer”, polo que avanzou que o BNG vai seguir pelexando pola defensa dos galegos e das galegas, dando a cara en Madrid para que os intereses do País estean representados.

“Se cun deputado e unha senadora conseguimos todo isto, que non fariamos tendo unha maior representación en Madrid, nun contexto sen maiorías absolutas”, concluíu.

O BNG é a voz de Galiza en Madrid

Pola súa parte, Néstor Rego sinalou que o BNG “cumpriu con aquilo que se comprometeu: ser a voz da Galiza en Madrid e a ser unha forza que impulsase políticas sociais e que servise de freo ás políticas da dereita ultra e a ultradereita”, lembrando que só a formación nacionalista conseguiu un acordo de investidura que serviu para conseguir avances importantes para a Galiza. “Ningunha das outras forzas políticas é capaz de colocalas enriba da mesa: infraestruturas, políticas sociais, autogoberno”, enumerou.

Modernización e electrificación da liña Ourense-Lugo, bonificacións de até 75% para usuarias da AP-53, incremento -sobre todo- das pensións mínimas e non contributivas ou o aumento das semanas de permisos monomarentais e monoparentais, así como a quita dunha parte da débeda, son algunhas das cuestións conseguidas polo BNG.

“Se os galegos e galegas queremos mellorar a nosa situación, os nosos equipamentos e infraestruturas tendo por fin servizo de cercanías ferroviarias, impulsar políticas sociais aumentando as pensións ou os salarios, o que temos que facer é confiar nunha forza propia como o Bloque Nacionalista Galego”, remarcou Rego. Unha forza, exemplificou, que impulsa políticas para a maioría social e mesmo vén de rexistrar emendas para recuperar as medidas recollidas no Escudo Social.

Pola súa parte, Carme da Silva contrapuxo o labor na defensa dos intereses da Galiza do Bloque e o papel nas Cortes do Estado que realiza o Partido Popular. “Votan en contra da igualdade, votan en contra da nosa lingua, votan en contra de que teñamos un tren de proximidade”, exemplificou, para advertir que “cada quen é responsábel do que fai”. “O BNG traballa para conseguir melloras para os galegos e as galegas mentres o PP traballa para cencenar os nosos dereitos”, concluíu a senadora.

Próximos procesos electorais

A preguntas dos medios, Pontón indicou que, sexan cando sexan as eleccións a nivel de Estado, o Bloque vai “intentar sacar representación en todas as circunscricións electorais” e subliñou que, en todo caso, sexan cales sexan as circunscricións polas que finalmente obteña representación, a organización nacionalista “traballa para todo o País”, como ten demostrado até agora nas Cortes.

Preguntada tamén polas alternativas para frear o avance da extrema dereita e a decisión do BNG de concorrer coas súas siglas a todos os procesos electorais, a portavoz nacional recordou en primeiro lugar que en Galiza non hai extrema dereita e que unha das razóns que explica esa irrelevancia é que “moitos sectores sociais ven que o Bloque é unha alternativa que defende os seus intereses”.

“Ninguén máis que o BNG defende os intereses dos galegos e das galegas porque sabemos que en Madrid nos estamos xogando unha parte do noso futuro e se entregamos o noso voto ás forzas estatais, o que vemos é que unha vez que saen do noso País, o que fan é esquecerse dos galegos e das galegas”, reflexionou.

Neste sentido, recalcou que “o que fai o BNG permanentemente é defender eses intereses” e sobre o que ningún galego ou galega dubida é que a representación do Bloque “é a garantía de que non vai haber ningún goberno de dereita e de extrema dereita”.

“O noso voto sempre vai a frear iso, pero fai algo que ninguén máis fai, que é defender ademais os dereitos sociais, defender aos galegos e galegas e os intereses deste País”, concluíu.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ana-ponton-reivindica-bng-como-forza-que-pon-galiza-axenda-do-estado-defende-seus-intereses-goberne-quen-goberne/20260227174040042317.html

Related News

De nijste ûntwikkelingen rûnom de Lelyline fernuverje ús net. De reservearring fan 3,4 miljard euro is troch it kabinet Schoof al foar it grutste part leech helle, mei no noch mar 600 miljoen euro yn de pot. It advys fan it Kolleezje fan Ryksbouwmeester en Ryksadviseurs oan de Stjoergroep Lelyline fan 20 jannewaris is ek al kritysk: dat stelt de fraach as it middel – de Lelyline, wol it doel – brede wolfeart yn de noardlike regio, helje sil

read more..

L’Assemblea Nacional Catalana ha rebut aquest migdia a la plaça Urquinaona la marxa que va sortir de Salses, Catalunya Nord, el dia 11 i que, després de 15 etapes, ha arribat avui a Barcelona. El president de l’ANC, Lluís Llach, ha agraït als integrants de la columna de la Catalunya Nord “la càrrega simbòlica” de la iniciativa: “En un moment de dubtes i renúncies, vosaltres sempre hi sou”.

read more..

Minister van Wonen Hans Bonte(Vooruit)geeft toe dat de Vlaamse regering nog geen enkel contact heeft gehad met derde landen om fraude met buitenlandse eigendommen of vermogens bij(kandidaat-)sociale huurders aan te pakken. Dat blijkt uit zijn antwoord op een vraag van Vlaams Parlementslid Michiel Awouters(Vlaams Belang).“Met bijna 210.000 gezinnen op de wachtlijst voor een sociale woning is dit onverantwoord”, zegt Awouters.De regering laat een gigantisch fraudelek wagenwijd openstaan.” Het Vlaams Belang heeft dan ook een eigen voorstel van decreet ingediend om écht werk te maken van controles op buitenlandse eigendommen.

read more..

Dans une tribune du Figaro cosignée avec le constitutionnaliste Benjamin Morel, l’ancien ministre de l’éducation nationale Jean-Michel Blanquer s’en prend aux écoles immersives de Corse qu’il accuse de constituer le ferment du séparatisme.

read more..

L’acord contempla que familiars d’assassinats com Salvador Puig Antich puguin tenir accés a les indemnitzacions

El grup Republicà al Congrés ha arribat a un acord amb el Ministre de Memòria Democràtica, Ángel Víctor Torres, per modificar la Llei de Memòria Democràtica 20/2022 que incorpora avanços substancials en matèria de reconeixement i reparació de les víctimes.

read more..

De federale regering is gestart met exclusieve onderhandelingen met Engie over de mogelijke overname van alle nucleaire activiteiten in België. “In afwachting daarvan worden alle ontmantelingsactiviteiten per direct stopgezet”, bevestigt eerste minister De Wever.

read more..

🪏 Денят не е празник. Датата ще бъде обявена за такава чак през 1990г. с указ на Държавния съвет на НРБ, управляван от отиващата си Българска Комунистическа Партия.
Другата разлика между днешния ден и онзи преди 72 години ще забележите сами.

read more..

L’Assemblea destaca aquest pas com una victòria rellevant en la defensa de la llibertat d’expressió i la legitimitat de les campanyes de consum conscient.

read more..

Uit recent geanalyseerde cijfers over het Antwerpse leefloonbeleid blijkt dat onder het bestuur van Bart De Wever het leefloon grotendeels naar niet-EU vreemdelingen ging. In 2024 keerde de stad meer dan 121 miljoen euro aan leeflonen uit, waarvan bijna 70 procent naar niet-Belgen ging en ruim 64 procent naar personen van buiten de Europese Unie. “Wat ooit bedoeld was als een vangnet in afwachting van werk, is vandaag een permanent systeem geworden zonder duidelijke grenzen of plichten”, stelt Kamerlid Ellen Samyn (Vlaams Belang), die de cijfers bovenspitte op basis van cijfermateriaal van de stad Antwerpen en de OCMW-budgetten die N-VA-minister Anneleen Van Bossuyt verschafte. “Het Antwerpen van De Wever gedraagt zich als het OCMW van de hele wereld.”

read more..
Calendar
«September 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930