BNG acorda co Goberno medidas complementarias de apoio ao sector pesqueiro galego

Bloque Nacionalista Galego 28-03-2026, 15:05 social

Néstor Rego confirma: cursos de formación para garantir o relevo xeracional, estudo sobre a produtividade das Rías Galegas e estabelecemento de SWAPS para aumentar as cotas de raia, xarda e lirio

O deputado do BNG sinala a necesidade de continuar a traballar para defender o sector: “Co BNG, a pesca galega gaña”

Нестор Рего

O Bloque Nacionalista Galega (BNG) vén de acordar co Goberno do Estado medidas de apoio ao sector pesqueiro galego, complementarias das recollidas do RDL anticrise, que responden a algunha das reclamacións do sector en relación coa ampliación das cotas de raia, xarda e lirio, coa produtividade das rías e co revezamento xeracional nun ámbito -o da pesca- fundamental para a economía e o tecido social da Galiza.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, destaca que “este acordo recolle medidas necesarias para atender algunhas demandas do sector pesqueiro galego, apostando pola formación, o coñecemento científico e a mellora da capacidade operativa”.

Formación a bordo do buque Intermares

“O Ministerio de Pesca deberá pór en marcha un plan de formación pesqueira para mozos e mozas a bordo do buque-escola Intermares para garantir o revezamento xeracional no sector” anuncia Néstor Rego sinalando que esta medida procura facilitar o acceso ao sector, ofrecendo capacitación directa para atallar un dos problemas que está encontrando a frota galega, o de persoal cualificado.

Nun contexto onde o sector precisa incorporar man de obra nova e ante as dificultades actuais, o BNG sinala que esta medida formativa “é fundamental” para garantir a continuidade da actividade e ofrece oportunidades laborais cualificadas.

As Rías Galegas e a súa produtividade

Outro dos puntos acordados entre o BNG e o Goberno do Estado é a realización dun estudo exhaustivo sobre a produtividade das Rías Galegas. “Pesca encargará ao Instituto de Oceanografía -que ten dous centros punteiros na Galiza- un estudo sobre a produtividade das Rías Galegas fundamentalmente para determinar o que xa é unha evidencia, que é a perda de produtividade e, polo tanto, para estabelecer cales deben ser as medidas correctoras e as actuacións necesarias para restaurar a calidade ambiental plena e a produtividade das nosas Rías”

Segundo explica a organización nacionalista, o estudo científico permitirá contar con datos sólidos e garantir a sustentabilidade das Rías, un dos principais motores económicos da Galiza.

Intercambio de cotas con terceiros países

O acordo inclúe o compromiso de estabelecer mecanismos de intercambio de cotas (SWAPS) con terceiros países e frotas, co obxectivo de aumentar as posibilidades de captura de especies de grande importancia para o sector pesqueiro galego.

“O obxectivo é aumentar a cota de raia, xarda e lirio. Unha das reclamacións que está a demandar o sector pesqueiro galego para garantir a viabilidade e a continuidade da actividade económica” afirma o deputado do BNG no Congreso.

O deputado do BNG valora moi positivamente as medidas acordadas e empraza o MAPA a poñelas en práctica canto antes.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-acorda-co-goberno-medidas-complementarias-apoio-ao-sector-pesqueiro-galego/20260327082301042517.html

Related News

Het Vlaams Belang reageert scherp op de uitspraken van minister Theo Francken(N-VA) over een mogelijke opname van Turkije in het Europese SAFE-mechanisme,en op zijn openlijke lof voor de Turkse defensie-industrie.“Dat Europese SAFE-instrument moet gezamenlijke investeringen in de Europese defensie-industrie financieren via leningen en samenwerkingsprojecten. Francken dreigt de deur open te zetten voor Europees belastinggeld richting de Turkse oorlogsindustrie”, stelt Kamerlid Annick Ponthier.“Concreetpleit hij voor Europees geld voor de Turkse defensie-industrie. Dat is compleet waanzinnig. We hebben het hier over een regime dat via militaire steun aan Azerbeidzjan medeverantwoordelijk was voor de etnische zuivering van meer dan 120.000 Armenen uit Nagorno-Karabach.”

read more..

Aan een MR-conferentie met nationaal voorzitter Georges-Louis Bouchez in Beersel ging gisteravond een tegendemonstratie van verschillende Vlaamsgezinde bewegingen vooraf. Daarbij kreeg Bouchez onder meer een snelcursus Nederlands cadeau. De MR-voorzitter kon smakelijk lachen om de plaagstoten. 

read more..

A iniciativa nacionalista, que reclamaba estudos previos e reserva de crédito, foi rexeitada cos votos do PP no Parlamento

read more..

CHRISTOPHER RIVAS PROPONE UN BANCO PÚBLICO ANDALUZ PARA ACABAR CON LA DEPENDENCIA FINANCIERA DE ANDALUCÍA
El candidato de la coalición Andalucistas–Pueblo Andaluz defiende una reindustrialización real y denuncia que Andalucía “produce riqueza mientras sus jóvenes se ven obligados a emigrar”

read more..

BOZEN – Am Dienstag, den 17. März 2026, fand in der Herz-Jesu-Kirche in Bozen die Beerdigung von Eucharistiner Pater Dr. Dr. Walter Marzari SSS statt. Den feierlichen Trauergottesdienst zelebrierte Diözesanbischof Ivo Muser gemeinsam mit Generalvikar Eugen Runggaldier und weiteren Geistlichen.

read more..

En el marc del debat monogràfic sobre l’ascensor social al Parlament, els republicans insisteixen en un nou model de finançament que permeti garantir el dret a l’habitatge i noves mesures en l’àmbit educatiu, social i laboral

El grup parlamentari d’Esquerra Republicana ha presentat un ampli paquet de propostes de resolució en el debat monogràfic sobre l’ascensor social, que té lloc aquesta setmana al Parlament de Catalunya, amb l’objectiu de combatre les desigualtats estructurals i garantir la igualtat d’oportunitats al llarg de tot el cicle vital.

read more..

Ariadna Fernández cualifica de “paripé” a primeira visita en dous anos a conselleira ao Concello “para sacarse unha foto coas palas nun camiño”

A deputada nacionalista lembra que a concentración parcelaria de Val de Camba foi aprobada hai xa 18 anos: “Van finalizar antes das eleccións?”

read more..

In het Vlaams Parlement waarschuwde Vlaams Belang-parlementslid Immanuel De Reuse voor de groeiende afhankelijkheid van buitenlandse arbeidskrachten in de zorgsector. Volgens De Reuse dreigt de Vlaamse regering de fundamentele problemen in de zorg te negeren door steeds vaker te grijpen naar internationale arbeidsmigratie als zogenaamde oplossing voor personeelstekorten.“Arbeidsmigratie is niet de oplossing voor de personeelsproblemen in de zorg”, stelde hij onomwonden tijdens het debat.

read more..

"Defensie staat er wanneer de veiligheid van onze burgers in het gedrang komt.” Minister van Defensie Theo Francken bezocht samen met onder meer de minister van Binnenlandse Zaken de militairen die sinds maandag voor de operatie ‘Green Shield’ de beveiliging van Joodse instellingen op zich nemen in Antwerpen en Brussel.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031