BNG acusa o PP de “tomarlle o pelo” á veciñanza de Rodeiro tras negarse a poñer data de remate aos accesos da parcelaria
Bloque Nacionalista Galego 30-04-2026, 10:07 social, protest
Ariadna Fernández cualifica de “paripé” a primeira visita en dous anos a conselleira ao Concello “para sacarse unha foto coas palas nun camiño”
A deputada nacionalista lembra que a concentración parcelaria de Val de Camba foi aprobada hai xa 18 anos: “Van finalizar antes das eleccións?”
![]()
A deputada do BNG pola comarca do Deza, Ariadna Fernández, acusou o Partido Popular de “tomarlle o pelo” á veciñanza de Rodeiro tras negarse en comisión parlamentaria a poñerlle data á finalización dos traballos de mellora dos accesos, principais e secundarios, aos predios da concentración parcelaria de Val de Camba.
Unha negativa que considerou especialmente “vergonzosa” porque se produciu xusto un día despois de que a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, se presentase en Rodeiro para “facer o paripé”, “coa nota de prensa feita, para sacarse unha foto cun mapa e coas palas nun camiño”.
Criticou, neste punto, que a conselleira tardase ademais dous anos en visitar o concello e que o fixese precisamente o día antes de debaterse a iniciativa rexistrada polo BNG no Parlamento para reclamar o inicio das obras dos camiños, que o Consello da Xunta comprometera para o primeiro trimestre deste ano.
“A conselleira foi facer o paripé a Rodeiro para deslexitimar sen ruborizarse o traballo da oposición nesta comisión”, denunciou, ao tempo que reprobou que a Consellería xestione os recursos dos galegos e as galegas “a salto de mata”, utilizando os cartos públicos para “caciquear”.
“Irían a Rodeiro se non se rexistrarse a iniciativa do BNG?”, cuestionou durante o debate en Comisión, no que tamén lle afeou á conselleira non ter recibido aínda, tras máis de dous anos á fronte de Medio Rural, a representantes do concello que así llo pediron.
Durante a defensa da iniciativa parlamentaria, que recollía as reclamacións da veciñanza, Fernández amosou a disposición do BNG a negociar co grupo maioritario sempre e cando no texto se recollese expresamente o compromiso do PP na Xunta a rematar os accesos “antes do inverno” deste ano, cuestión que non foi aceptada.
“Vai ser antes das eleccións?”, preguntou ás bancadas populares a deputada do BNG, que non obtivo resposta malia que, tal e como subliñou, a concentración parcelaria de Val de Camba foi aprobada en 2008 e os veciños e as veciñas levan agardando desde hai moito tempo polos camiños secundarios e as melloras das vías principais de acceso aos predios da zona de reestruturación, co que iso implica para a utilidade e comodidade dos propietarios das parcelas.
A deputada nacionalista criticou a “total incapacidade do PP” á hora de amosar “un mínimo de interese” polo medio rural e por unha concello no que o 42 % dos ocupados traballan no agro. “Gandeiros e gandeiras que están preocupados pola chegada da peste porcina africana, pola dermatose nodular, pola falta de superficie agraria útil, o abandono das terras ou a suba de prezos dos combustibles e dos fertilizantes ou os incendios”, destacou, lamentando a falta de resposta por parte da Xunta ante as principais inquedanzas do sector.
En concreto, a proposta do BNG para negociar co PP reclamaba “seguir impulsando os procesos de reestruturación parcelaria como un instrumento que permite incrementar a superficie agraria útil á vez que se mellora a rede de camiños e os accesos ás parcelas agrícolas, tal e como se está a facer na zona de concentración parcelaria de Val de Camba, onde se rematarán os traballos de mellora de viais principais, secundarios e o acceso aos predios antes do inverno do 2026”.
Das neue Konzept für die Unterbringung von Geflüchteten muss sich unter anderem daran messen lassen, wie flexibel es ist. Es muss vor allem bedacht werden, dass wir ausreichende Reserven einbauen. Denn die Zahlen kann man unmöglich voraussagen.
read more..Die Landesregierung kann keine belastbaren Angaben zur tatsächlichen Nutzung und Wirkung des europäischen Arbeitsmarkt-Netzwerks EURES in Schleswig-Holstein machen. Das geht aus der Antwort auf eine Kleine Anfrage des SSW hervor. Weder liegen Zahlen zur Nutzung der Angebote vor noch können konkrete Vermittlungserfolge benannt werden.
read more..Plaid Cymru has today launched its manifesto for the Senedd election, setting out a bold plan to unlock Wales’s economic potential and build a more prosperous, confident nation.
read more..Erra: El sistema educatiu català viu una situació molt complicada i molt tensa”
read more..Elisenda Alamany revela que els republicans van exigir que el CEO de Rodalies assumís la direcció de Renfe Catalunya per “recuperar el control dels trens” i confia que dissabte es veure “la força del país” demanant més sobirania ferroviària
read more..Friends,
It’s great to be back in Glasgow this morning.
A proud city, a welcoming city, an SNP city.
We are here today to talk about Scotland’s future.
read more..Die derzeitigen Möglichkeiten reichen nicht aus, sind schwierig und kommen für viele zu spät.
read more..La population de Pléguien s’émeut, à juste titre, des troubles à l’ordre public que déclenche l’inauguration, prévue le jeudi 14 mai, de la brasserie dénommé Kerfave et propriété d’Erik Tegnér.
read more..