BNG reclama ao Goberno máis servizos ferroviarios e a implantación inmediata do servizo de cercanías na Galiza

Bloque Nacionalista Galego 3-03-2026, 15:27 social, protest

Tren digno

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, acompañado polo voceiro municipal do BNG en Teo, Eloi Devesa, a concelleira e responsábel de organización comarcal, Almudena Taboada, e outros cargos institucionais e orgánicos da comarca, denuncia a situación “insustentábel” do servizo ferroviario convencional entre Santiago e Vilagarcía e reclama ao Goberno do Estado un incremento das frecuencias e a aceleración da implantación do servizo de cercanías na Galiza.

A comparecencia prodúcese despois de que o BNG rexistrase nas Cortes do Estado unha batería de iniciativas para exixir explicacións pola supresión dos servizos ferroviarios entre Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa desde o pasado 6 de febreiro, unha decisión que deixou sen tren as estacións intermedias e que provocou graves prexuízos ás persoas usuarias.

Néstor Rego cualifica de “inadmisíbel” que, a día de hoxe, aínda se descoñezan as causas concretas do fechamento, e critica que a única resposta de RENFE e ADIF ante episodios de chuvias intensas, sexa o fechamento da liña, sen ofrecer alternativas fiables nin información clara á cidadanía.

Pola súa parte o portavoz do BNG en Teo, Eloi Devesa, destacou que “durante máis de quince días a parada de Osebe en Teo, xunto coas de Padrón, Cesures ou Catoira non tiveron tren, e as persoas usuarias non tiveron información dos motivos ao tempo que podían seguir mercando billetes para logo depender dun plan alternativo por estrada irregular, con atrasos e supresións constantes” recrimina, “a recuperación e mellora dos servizos ferroviarios é fundamental para o noso concello e facilitaría apostar por un medio de transporte sustentábel e alternativo aos desprazamentos por estrada”.

Neste sentido, o BNG exixiu a restitución inmediata dos servizos suprimidos, xunto coa posta en marcha dun plan de mantemento exhaustivo das infraestruturas ferroviarias e unha revisión periódica de vías e taludes que permita garantir a circulación mesmo en condicións meteorolóxicas adversas. “O que falla non é o tempo, é a falta de investimento e planificación” afirma Rego.

Servizo de proximidade ferroviaria xa para a Galiza

O Bloque Nacionalista Galego insiste en que esta nova incidencia evidencia a necesidade urxente de dotar á Galiza dun verdadeiro servizo de tren de cercanías que vertebre o territorio, conecte as comarcas e ofreza frecuencias suficientes e prezos accesíbeis.

“O Goberno do Estado debe cumprir co acordado co BNG porque a Galiza segue sen un servizo de tren de proximidade que permitiría reforzar as conexións entre cidades e vilas, reducir o uso do vehículo privado e avanzar cara a un modelo de mobilidade sustentábel.

Rego demanda, por tanto, un compromiso firme do Goberno para incrementar os servizos ferroviarios, recuperar e reforzar as frecuencias suprimidas nos últimos anos e establecer un calendario concreto para a implantación do servizo de cercanías na Galiza.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-reclama-ao-goberno-mais-servizos-ferroviarios-implantacion-inmediata-do-servizo-cercanias-galiza/20260302125412042339.html

Related News

Se lo Stato italiano rispettasse gli articoli 36 e 37 dello Statuto Siciliano, la Sicilia avrebbe le risorse per mettere in sicurezza ogni singolo costone franoso dell’isola.

read more..

Dat België bij de slechtste leerlingen van de klas zit wat betreft armoede bij kinderen is al langer bekend. Uit recente cijfers blijkt dat maar liefst 14,4 procent van de kinderen in dit land leeft onder de armoededrempel, een onderzoek van Statbel in 2021 resulteerde in vergelijkbare cijfers.“De beste bescherming tegen armoede is werk”, stelt Vlaams Belang-Kamerlid Ellen Samyn.“De hervormingen van de regering-De Wever zouden moeten zorgen voor meer mensen aan het werk, maar aan de resultaten ervan valt ernstig te twijfelen.”

read more..

Vlaams Parlementslid Frédéric Erens(Vlaams Belang) heeft in de commissie Mobiliteit en Openbare Werken kritiek geuit op het ontwerp van decreet rond intelligente vervoerssystemen. Dat decreet zet Europese regelgeving om in Vlaamse wetgeving en moet het gebruik van toepassingen zoals slimme verkeerslichten, realtime verkeersinformatie en communicatie tussen voertuigen en infrastructuur mogelijk maken. Volgens Erens blijven er ernstige vragen bestaan over de verwerking van identiteits- en locatiegegevens van weggebruikers.“Slimme mobiliteit mag geen achterpoortje worden voor ongecontroleerde dataverzameling”, waarschuwt hij.“Privacybescherming moet van bij het begin juridisch sluitend verankerd zijn.”

read more..

Olalla Rodil

Rodil acusa os populares de levar dous anos torpedeando o acordo sobre a lingua: “É o PP o que ten que explicar por que se nega a cumprir o PXNL”

read more..

Plaid Cymru leader to set out party’s vision for future of Welsh energy projects.

A Plaid Cymru led Welsh Government would ensure Welsh communities benefit from Welsh energy projects, Plaid Cymru Leader Rhun ap Iorwerth has said.

read more..

V sobotu 11. dubna 2026 se konal již XIX. sněm MZH na tradičním místě v salonku restaurace Lucerna v Brně. Byli přijati noví členové a věnovali jsme se především přípravě podzimních komunálních voleb.

read more..

Vlaams minister van Media Cieltje Van Achter vraagt aan Meta om de Europese regels rond verslavende algoritmes ook in Vlaanderen toe te passen. In een brief eist ze dat Vlaamse gebruikers dezelfde instellingen krijgen als Nederlandse gebruikers op Facebook en Instagram.

read more..

Prado denuncia que a promotora segrega fraudulentamente o proxecto que e non se avalía o risco do transporte pola ría de 300.000m3 de betume

Primeiro Altri e agora isto. “A ría de Arousa non pode permitirse nin un só elemento máis que poña en perigo a súa capacidade produtiva, advirte

read more..

BEOGRAD/NOVI SAD – Izveštaj nemačke fondacije Fridrih Nojman u kome se konstatuje da je Srbija najbliži evropski saveznik Rusije i da se predsednik Aleksandar Vučić već 17 puta susreo sa predsednikom Ruske Federacije Vladimirom Putinom predstavlja znak da ni Nemačka, ali ni EU neće više tolerisati Vučićevu propagandu, kaže za Danas Aleksandar Olenik, član Predsedništva Lige socijaldemokrata Vojvodine – VOJVOĐANI.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031