BNG exíselle a Rueda que escoite o clamor social e se poña a traballar para derrogar todas as barreiras en contra do galego

Bloque Nacionalista Galego 19-05-2026, 08:14 language

Olalla Rodil

A viceportavoz do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, pediulle a Rueda que escoite o clamor social que se escoitou onte nas rúas de Santiago en favor do galego e “se poña a traballar para derrogar todas as barreiras legais que impiden aprender e usar a lingua propia de Galiza”, a comezar polo “decretazo” do plurilingüísmo.

Rodil acusou os populares de levar dous anos “torpedeando” un acordo pola lingua e recordou que o conselleiro de Cultura xa asegurou en outubro de 2024 que estaría listo en 15 meses. Ademais, agregou, os grupos de traballo creados pola Xunta para revisar o Plan Xeral de Normalización Lingüística hai meses que xa remataron os seus traballos.

“Onde están as conclusións?. Por que a Xunta non as fai públicas?”, preguntouse, para considerar a continuación que se cadra ao PP “non lle gusta o que din esas conclusións e non quere aplicalas”. “O PP terá que explicar agora por que se nega a cumprir o que en 2004 votou a favor”, dixo en relación ao Plan Xeral de Normalización.

Segundo Rodil, “hai un consenso na rúa, na Academia, no Consello da Cultura, entre todas as institucións, entidades e organizacións educativas e lingüísticas deste País para reverter o devalo do galego”, subliñou.

Foi o PP quen rompeu o consenso lingüístico

Ademais da derrogación do “decreto da vergoña”, entre as medidas que reclama o BNG está o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade en 2004 con “enorme esforzo e xenerosidade” de todas as forzas políticas.

Recalcou que “foi o Partido Popular quen rompeu o consenso lingüístico que se teceu e coseu neste País”, despois de que Rueda se puxese á cabeza daquela “indigna” manifestación en contra do galego. Na actualidade, denunciou, o PP segue a facer políticas contra o galego, como a de eliminar no Concello de Lugo a área de Promoción da Lingua, unha das primeiras medidas adoptadas tras a “indecente” moción de censura.

“Foi Rueda quen iniciou o ataque máis brutal contra os dereitos lingüísticos deste País, impoñendo o “decretazo” que prohibe impartir materias científico-tecnolóxicas en galego, negándolles o dereito ás nenas e nenos a ser educados na lingua propia de Galiza nas primeiras etapas educativas”, recriminou.

Lembrou, neste punto, o “demoledor” informe do IGE que evidencia a perda de uso, especialmente entre as franxas de idade máis novas, e o avance do monolingüísmo en castelán. Por iso, o BNG insiste tamén na necesidade de actualizar a Lei de Normalización Lingüística, así como de triplicar o orzamento en materia de normalización.

“Estas cousas non acontecen por ciencia infusa”, afirmou, senón que é consecuencia de “17 anos de políticas contra o galego promovidas polo PP, atacando a lingua que nos fai ser o que somos, o que máis nos identifica como galegas”.

Porén, Rodil considerou que “aínda podemos darlle a volta á perda de falantes”, tal e como reclama a sociedade galega “por amplísima maioría”. “Onde está a Xunta de Galiza é a pregunta que se facían moitas persoas onte. Onde está o Goberno deste País que ten a obriga legal de promover a lingua propia de Galiza e de aplicar e aprobar políticas a favor da lingua galega?”, expuxo.

Como exemplo, puxo en valor o traballo do Deportivo da Coruña, que vén de propoñer o uso do topónimo legalmente establecido, á hora de recoller un clamor social a favor da lingua galega e dos dereitos lingüísticos. Lamentou porén, as dificultades coas que se atopa a cidadanía para dirixirse a certas institucións do ámbito sanitario ou da xustiza.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-exiselle-rueda-que-escoite-clamor-social-pona-traballar-derrogar-todas-barreiras-do-galego/20260518162003042815.html

Related News

Elon Musk will uns zu Cyborgs machen, Ray Kurzweil träumt vom Supermenschen, Nick Bostrom philosophiert über KI‑Herrschaft, Max More propagiert Unsterblichkeit, Mark Zuckerberg bohrt unser Gehirn digital auf, Jeff Bezos will uns ins All katapultieren und Bill Gates experimentiert still mit Biotech: Willkommen im Zeitalter der Tech‑Götter. Und wir finanzieren diese Typen auch noch.

read more..

Esquerra Republicana apuntala les prioritats de l’any polític al Parlament amb una jornada de treball a Sitges

Esquerra Republicana comença l’any polític al Parlament de Catalunya amb una jornada de treball del grup parlamentari des de Sitges per apuntalar les prioritats i objectius dels pròxims mesos a la cambra catalana. A més del grup sencer, hi ha participat també el president de l’organització, Oriol Junqueras, i l’alcaldessa de Sitges, Aurora Carbonell, acompanyada del grup municipal d’Esquerra.

read more..

Ante os efectos negativos sobre o sector agrogandeiro galego que terá o acordo UE-Mercosur, Carme da Silva pedirá o apoio da cámara alta para frealo e rexeitalo

O BNG coloca a pelota no tellado das forzas estatais: “ou se está a favor do sector, ou a careta caeralles da cara”

read more..

Vendredi 27 février à 20 heures , se tiendra une première réunion publique que la Ligue Savoisienne, avec la présence de Jean de Pingon.

read more..

Zu den heutigen Äußerungen der Bildungsministerin zum Thema schulischer Ganztag erklärt die SSW-Landtagsabgeordnete Sybilla Nitsch

read more..

In Vlaanderen schommelt de werkzaamheidsgraad rond 77 procent. Maar voor personen met een arbeidshandicap is dat ongeveer 46,5 procent. Om dat talent niet verloren te laten gaan, wil Vlaams Parlementslid Ine Tombeur het individueel maatwerk versterken. “Werk geeft structuur, kansen om talenten te ontwikkelen en een plaats in de samenleving. Ook voor mensen met een arbeidsbeperking”, vertelt Tombeur. 

read more..

Les débats de ce mardi à l’Assemblée nationale ont donné l’impression d’un éternel recommencement, celui de voir l’avenir institutionnel de l’Alsace pris en otage par un hémicycle souvent ignorant des réalités alsaciennes et reléguant la volonté du peuple alsacien en arrière-plan par rapport aux considérations politiciennes.

read more..

Isabel Lasobras, Secretaria General de CHA, recuerda que España sigue siendo la potencia administradora del territorio y exige al Gobierno que adopte una posición clara y coherente.

read more..

Anlässlich des Holocaust-Gedenktags am 27. Januar erklären die SSW-Parteivorsitzende Sybilla Nitsch und der Vorsitzende der SSW-Landtagsfraktion, Christian Dirschauer:

Vor 81 Jahren kam die Hölle ans Licht, als die Rote Armee am 27. Januar 1945 die Gefangenen des Konzentrationslagers Auschwitz befreite. Auschwitz steht seitdem als Synonym für den Massenmord der Nazis an Juden, Sinti und Roma und anderen Verfolgten. Was damals mit Millionen Menschen passierte, ist so grauenhaft, dass man kaum Worte dafür findet.
Reicht es, heute „Nie wieder!“-Sticker und Posts zu verbreiten? Staatstragende Reden zu halten oder Kränze niederzulegen? Nein. Denn zur Wahrheit im Jahr 2026 gehört, dass antisemitische Taten wieder zunehmen – wie jüngst am Mahnmal der Synagoge in Kiel. Dass Ausgrenzung von Minderheiten immer noch Lebensrealität in vielen Staaten ist. Dass Rassenwahn wieder ein Thema ist, seit eine Partei mit vielen perfiden Köpfen unseren gesellschaftlichen Zusammenhalt durchsetzt. Und der Zulauf ins politisch rechte Spektrum leider groß ist.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031