BNG leva ao Senado exixir ao Goberno que rexeite o acordo Mercosur
Bloque Nacionalista Galego 20-02-2026, 08:28
![]()
A senadora do BNG, Carme da Silva, defenderá unha iniciativa a vindeira cuarta feira na cámara alta para exixir que o Goberno cambie de posición e rexeite o acordo UE-Mercosur polas graves consecuencias que tería para o sector agrogandeiro galego. O BNG convida PP e PSOE a mudar a posición que manteñen na Unión Europea e apoiar esta iniciativa que ten por obxectivo defender un sector fundamental para a economía galega e pequenos e medianos agricultores e gandeiros da Galiza.
O próximo mércores, 25 de febreiro, o Bloque Nacionalista Galego defenderá unha moción para que o Senado inste o Goberno do Estado a apoiar e escoitar aos sectores produtivos -nomeadamente o sector agrogandeiro- e ter en conta as demandas ante as negativas consecuencias que implicará a posta en marcha do Acordo UE-Mercosur que están a ser obxecto de mobilizacións e manifestacións de rexeitamento por parte dos sectores prexudicados.
“O Goberno do Estado debe mudar a posición favorábel do Goberno español na tramitación deste Acordo, asumindo unha posición crítica, de defensa dos intereses dos nosos sectores produtivos e de rexeitamento a un Acordo comercial que será moi lesivo para eles” reclama a senadora do BNG, Carme da Silva.
Do mesmo xeito, a nacionalista propón someter o acordo UE-Mercosur a debate e votación nas Cortes Xerais do Estado dada a súa relevancia, consecuencias e implicacións negativas para a viabilidade futura do ámbito agrario e gandeiro, entre outros.
“Sobran os motivos para rexeitar este acordo tan lesivo para o sector agrogandeiro galego e, polo tanto, para apoiar esta moción do BNG” sinala Carme da Silva. Neste sentido, o BNG coloca a pelota no tellado de PP e PSOE que no ámbito europeo están a promover o acordo mais logo cambian a postura na Galiza: “ou se está a favor do sector, ou a careta caeralles da cara” advirte.
De votar en contra, as forzas estatais estarán dando de lado ao sector agrogandeiro galego que na Galiza leva mobilizándose desde finais do ano pasado en contra dun acordo comercial que ameaza a viabilidade futura do sector ante a entrada masiva de produtos agrarios procedentes de América do Sur, especialmente avícolas e de vacún.
ANDALUCISTAS INICIA LA CAMPAÑA REIVINDICANDO UNA ANDALUCÍA CON VOZ PROPIA Y SOLUCIONES REALES
La coalición centra su campaña en la utilidad, la cercanía y la experiencia de gestión municipal de un espacio político propio que buscan consolidar
read more..Avanza que o Bloque seguirá contando con quen é unha das mellores cabezas políticas, non só da organización nacionalista, senón de Galiza
Lembra que no BNG non se elixen candidatxs dixitalmente desde ningún despacho e que será a militancia da Coruña a que decida quen encabezará a candidatura nas municipais
read more..Isabel Lasobras, secretaria general de CHA, afirma: “Lamentablemente, el futuro de Aragón vuelve a decidirse lejos de nuestra tierra, en despachos de Madrid ajenos a la realidad y a las necesidades de nuestra ciudadanía. A PP y a VOX solo les preocupa disputar cuotas de poder, compitiendo ambos partidos en el cuestionamiento de principios democráticos fundamentales. Mientras tanto, cuáles van a ser las políticas para garantizar el derecho a la vivienda, fortalecer la sanidad y la educación públicas, impulsar las políticas sociales o proteger nuestro medioambiente desaparecen del debate y de las prioridades de los acuerdos políticos”.
read more..A 15 anni dal referendum sull’acqua pubblica, il voto di milioni di cittadini continua a restare inascoltato. Anche se il 94% delle persone si era espresso per l’acqua bene comune, a Trieste il servizio idrico è ancora gestito da una società privata (unico caso in Regione). Intanto le bollette sono sempre più care: oggi l’acqua a Trieste costa il 75% in più rispetto a Udine, ma la rete idrica perde il 42% dell’acqua che trasporta.
read more..Junts ha denunciant que el decret inclou mesures que afavoreixen les ocupacions i suspensions de desnonaments sense generar alternatives reals ni estructurals i per això no a votat a favor de l’anomenat escut social proposat pel govern espanyol. A més, Junts també ha votat en contra del topall de preus. D’altra banda, el grup ha donat suport a la revalorització de pensions, que considera essencial per protegir els pensionistes i compensar el deute històric de l’Estat amb Catalunya. També s’ha donat suport a les ajudes per a les víctimes dels accidents de Gelida i Adamuz.
read more..La llengua és la principal matriu identitària de la nostra nació i veiem com contínuament des del nacionalisme espanyol rep atacs. El darrer ha estat la interlocutòria del Tribunal Superior de Justícia de Catalunya per executar la sentència contra el decret de la Generalitat per protegir-ne l’ús a l’escola.
read more..Seule liste guérandaise à afficher une ambition bretonne dans son programme, la liste menée par le maire sortant Nicolas Criaud confiera une délégation aux enjeux bretons à Florence Pénot-Martineau, colistière (6ème) et membre du PB.
read more..MERAN – Die große Landesfeier zum Todestag Andreas Hofers, ausgerichtet vom Südtiroler Schützenbund, fand am Sonntag, 22. Februar 2026, traditionsgemäß in Meran statt. Jahr für Jahr wird hier des Tiroler Freiheitshelden gedacht – und auch heuer vereinte sich ganz Tirol in der Kurstadt.
read more..Eén jaar na de start van de regering-De Wever is de balans voor het Vlaams Belang zonder twijfel negatief. In de VTM-studio haalde partijvoorzitter Tom Van Grieken scherp uit naar een beleid dat volgens hem faalt op zijn kernbelofte: de begroting op orde zetten. De staatsschuld stijgt verder, het tekort loopt op en de Vlaming betaalt opnieuw de rekening. “Veel kiezers hebben voor De Wever gekozen, omdat ze dachten dat hij de begroting zou saneren. Wat krijgen ze? Nieuwe belastingen en meer schulden. Dat is van de regen in de drop.”
read more..