BNG presenta a campaña do 8M baixo o lema ‘Mulleres á fronte’ apelando a combater o avance do negacionismo machista

Bloque Nacionalista Galego 4-03-2026, 06:45 social, reform, international

Presentación campaña 8M

A portavoz nacional, Ana Pontón, presentou a campaña do BNG para o 8-M cunha chamada ás mulleres galegas a poñerse á fronte na defensa dos seus dereitos e da igualdade nun momento de rearme do machismo. “Estamos vendo como hai unha involución moi forte que cuestiona o propio feminismo e a loita pola igualdade e que quere levarnos moitos pasos atrás”, advertiu nun acto no que estivo acompañada por unha representación de mulleres do BNG, entre elas a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín e a responsábel de Acción Feminista, Noa Presas.

A campaña, que se desenvolve baixo o lema Mulleres á fronte, pretende poñer o foco precisamente en que a discriminación, que ten a súa cara máis cruel na violencia de xénero, persiste en tódolos ámbitos, como amosan por exemplo os datos sobre a fenda salarial, que non deixou de medrar e que en termos absolutos é a maior desde que hai datos, situándose en 4.706 euros, subliñou Pontón, que tamén se referiu á taxa de temporalidade que soportan as mulleres galegas, por riba da media estatal.

Subliñou, así mesmo, que as mulleres seguen levando o peso dos coidados, do que da boa conta que, segundo o dato de 2025, son elas que piden o 80 % das excedencias. Unha situación que se agrava, denunciou, por culpa dun Goberno do PP que “leva case vinte anos facendo que as mulleres retrocedamos”. “En vez de poñer o turbo das políticas de igualdade está facendo que vaiamos cara atrás”, advertiu.

Aludiu, neste punto, á deterioración no sistema de coidados froito das políticas dun PP que suprimiu a Secretaría Xeral de Igualdade e o Instituto Galego das Mulleres, que recortou as axudas ás vítimas da violencia machista ou que “en vez de poñerse do lado da denunciante o que fai é defender ao agresor”, como ocorreu co caso do ex conselleiro do Mar ou “cando (o PP) recupera para as súas filas a condenados” por agresión a unha muller, lembrou.

Pontón recriminoulle ademais ao Goberno de Rueda que teña “caducadas” as súas políticas de igualdade, o que sucede co Plan galego de benestar de conciliación, o Plan de loita contra a explotación sexual (desde hai dous anos xa) ou o Programa de muller e ciencia”.

Fronte a un PP que “non está traballando pola igualdade e que nos está levando cara atrás nun momento de involución global”, o BNG presenta neste 8-M medidas concretas para avanzar e “poñer o turbo” na defensa dos dereitos das mulleres.

Que a propia Xunta deixe de ser “unha máquina de producir traballo precario entre as mulleres”, sobre todo no ámbito dos coidados, é un dos obxectivos do programa do goberno alternativo do BNG, que propón neste sentido facer unha auditoría retributiva nos servizos que subcontrata e avanzar legalmente para que aquelas empresas que discriminen salarialmente ás súas traballadoras non poidan contratar coa administración e sexan sancionadas.

Pontón propuxo tamén a creación dun servizo público de coidado de menores a domicilio como alternativa de conciliación para mulleres e homes. Co mesmo obxectivo, defendeu a posta en marcha dun plan de ampliación da rede de escolas infantís de 0 a 3 anos.

Fronte a un Goberno da dereita que se carga as ferramentas institucionais para avanzar en igualdade, a líder nacionalista avogou, como outra das propostas do Bloque, pola creación do Instituto Galego das Mulleres.

Pontón presentou a campaña do 8M xunto a un espazo publicitario no centro de Santiago ocupado polo cartaz elaborado para o BNG por Julia Lago, Premio Castelao de Banda Deseñada no 2021. Un cartel que representa “unha gran matrioska, unha gran muller de mulleres diversas” que teñen en común a loita feminista, tal e como explicou a deputada Noa Presas, quen apelou á fortaleza do 8M fronte a quen cuestiona o feminismo e quen “vende” o “relato absolutamente falso” da igualdade acadada.

Escalada bélica en Oriente Próximo

En resposta ás preguntas dos medios, Pontón reiterou o rexeitamento do BNG aos ataques unilaterais de Estados Unidos e de Israel contra Irán. Ataques detrás dos que, dixo, “non hai ningunha acción que defenda nin a democracia nin ás mulleres, nin ningún tipo de avance social”, senón que “o único que buscan é o control xeopolítico e dos recursos petroleiros que hai na zona”. “A comunidade internacional ten que dar unha resposta que estea a altura, non como estivo facendo no caso de Palestina, mirando para outro lado”, salientou.

“Trump está levándonos a un mundo cada vez máis inseguro e inxusto, a un mundo onde ademais todo isto nos pode vir de rebote cunha maior inflación e empeorando as nosas condicións de vida”, alertou “Non queremos a ningún sheriff americano controlando o mundo. O que defendemos son os dereitos, a liberdade, o dereito internacional e que os conflitos teñen que ter unha solución pacífica”, engadiu.

Escoitar e coidar ao persoal do Sergas

A portavoz nacional do BNG referiuse tamén á folga na sanidade, que considerou resultado do “desastre ao que o PP está levando o noso sistema público”, cun recorte en atención primaria de máis de 1.600 millóns de euros e cunhas políticas laborais que impoñen a precariedade ao cadro de persoal do Sergas.

“O PP ten que abandonar a súa soberbia e a súa propaganda e poñer os recursos que necesita o sistema sanitario público para acabar coas listas de espera en a precariedade dos profesionais sanitarios, aos que hai que escoitar, coidar e atender”, manifestou Pontón.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-presenta-campana-do-8m-baixo-lema-mulleres-fronte-apelando-combater-avance-do-negacionismo-machista/20260302135731042340.html

Related News

MERAN – Am Sonntag, den 22. Februar 2026, findet in Meran die große Landesgedenkfeier zu Ehren unseres Freiheitshelden Andreas Hofer statt. Zu dieser traditionsreichen Feier sind neben den Schützen Tirols auch die Bevölkerung herzlich eingeladen.

read more..

Zum Urteil des Verwaltungsgerichts Schleswig zur Pfandpflicht im deutsch-dänischen Grenzhandel erklärt der Vorsitzende der SSW-Landtagsfraktion, Christian Dirschauer:

„Das Urteil schafft zunächst Klarheit in einer Rechtsfrage, die Politik und Behörden über Jahrzehnte nicht abschließend geklärt haben. Die Praxis der Exporterklärungen beruhte auf der damaligen Rechtsauslegung des Verwaltungsgerichts Schleswig und wurde über viele Jahre sowohl vom Grenzhandel als auch von den zuständigen Behörden entsprechend gehandhabt.

read more..

L’entitat catalana ha participat en el panell sobre drets lingüístics i processos de pau organitzat conjuntament amb l’Amed Kurdish Institute, coincidint amb la celebració del Dia de la Llengua Kurda. Durant la jornada, el CIEMEN ha compartit l’experiència catalana en la defensa de la llengua i ha reivindicat que el reconeixement dels drets lingüístics és una condició indispensable per garantir una pau justa, la convivència democràtica i la supervivència de les llengües amenaçades.

read more..

El TJUE dóna la raó a Puigdemont, Comín i Ponsatí i anul·la l’aixecament de la immunitat com a eurodiputats

Comín assegura que “és un gran dia per la democràcia” i que la decisió del tribunal és un cop per als “autoritaris espanyols”

read more..

Immer mehr Menschen rutschen in die Wohnungs- oder Obdachlosigkeit, doch in Schleswig-Holstein mangelt es an handfesten Daten und Leitlinien zum Thema. Die SSW-Fraktion möchte Licht ins Dunkel bringen und fordert die Landesregierung auf, einen Bericht über die Situation wohnungs- und obdachloser Menschen in Schleswig-Holstein vorzulegen (Drucksache 20/4001).

read more..

La formación andalucista agradece el apoyo recibido al tiempo que reconocen que los resultados no han sido buenos y les empujan a una reflexión profunda

read more..

L’Assemblea Nacional Catalana (ANC) ha celebrat aquest dissabte el simposi “L’independentisme davant un nou cicle electoral” a l’Auditori de la Casa del Mar de Barcelona. Amb l’objectiu d’obrir el debat incorporant mirades diverses i començar a construir propostes concretes per encarar el nou escenari polític amb més solidesa i unitat, la jornada d’anàlisi i debat ha posat el focus en la necessitat de redefinir l’estratègia del moviment després de la pèrdua de l’hegemonia institucional en el darrer cicle electoral.

read more..

Everyone at Mebyon Kernow is extremely saddened that MK’s eighth leader, Loveday Carlyon, recently passed away.

read more..

Cari Amici,

buona domenica e ben ritrovati con l’appuntamento settimanale con “La Settimana Leghista”, la newsletter per tenervi aggiornati sull’attività della Lega a tutti i livelli, al Governo, in Parlamento, in Europa e sui territori.

Oggi e domani milioni di italiani saranno chiamati al voto per le elezioni amministrative in oltre 740 Comuni italiani. In bocca al lupo a tutti i candidati della Lega impegnati in questa importante sfida sui territori.

Questa settimana la Lega ha continuato a lavorare con determinazione sui temi della sicurezza, del sostegno alle imprese e della difesa del lavoro italiano, portando avanti misure concrete a tutela di famiglie, lavoratori e comparti strategici del Paese.

Matteo Salvini

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031