BNG reclama ao Goberno a transferencia das vivendas de ADIF en Ribadavia para destinalas a aluguer social
Bloque Nacionalista Galego 4-03-2026, 05:23 social
![]()
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, visita Ribadavia acompañado da portavoz municipal do BNG, Maite Rodríguez, do responsábel comarcal, Xabier López Pousa, así como doutros cargos orgánicos e institucionais da organización nacionalista, para reclamar ao Goberno do Estado a transferencia das vivendas titularidade de ADIF no municipio co obxectivo de incorporalas ao parque público de aluguer social.
Durante a visita, o deputado nacionalista anuncia o rexistro de iniciativas nas Cortes do Estado para exixir ao executivo transferir á Xunta de Galiza os dous bloques de vivendas propiedade de ADIF situados nas proximidades da estación de Ribadavia, un total de 12 pisos que permanecen actualmente baleiros e sen uso.
Néstor Rego advirte que “a situación demográfica e social que está a vivir Ribadavia é claramente insostíbel. En menos de dous anos pasou de superar os 5.000 habitantes a situarse arredor dos 4.800, unha perda de poboación significativa que ten moito que ver coa falta de vivenda dispoñíbel”.
O deputado do BNG sinala que “non é de recibo que existan inmóbeis de titularidade pública completamente fechados mentres medra a demanda de vivenda digna. Estamos a falar de 12 vivendas que poderían estar xa cumprindo unha función social fundamental”.
Rego lembra, ademais, que Ribadavia é o primeiro concello da provincia en número relativo de demandantes de vivenda e o terceiro en termos absolutos, só por detrás de Ourense e O Carballiño, “o que evidencia a urxencia de actuar”. Neste sentido, defende que a transferencia destas vivendas permitiría, após o seu acondicionamento, incorporalas ao parque público de aluguer social xestionado polo IGVS e dar resposta inmediata ás necesidades da mocidade e das familias con maiores dificultades.
Pola súa parte, Maite Rodríguez sinala que “Ribadavia conta cunha oferta practicamente inexistente de vivenda en aluguer e carece por completo de vivenda social”. A portavoz municipal recorda que “os plans anunciados pola Xunta, como o Rexurbe, non avanzan ao ritmo que precisa a vila; hai edificios adquiridos hai máis dunha década que aínda non están en funcionamento”.
Segundo explica Rodríguez, “a posta en uso destas vivendas sería unha medida concreta, viábel e de impacto inmediato para frear o despoboamento, facilitar a emancipación da mocidade e permitir o asentamento de novas familias na nosa vila”.
O BNG considera imprescindíbel que ADIF e o Ministerio de Transportes negocien a transferencia destes inmóbeis á Xunta para que sexan destinados a aluguer social, garantindo así que uns recursos públicos actualmente abandonados pasen a cumprir unha función social ao servizo da veciñanza de Ribadavia.
Soprattutto in questi tempi difficili, si comprende bene come parte della cittadinanza viva con attenzione o apprensione le scelte che la politica attua in materia di sanità pubblica, prendendo in tal senso posizione. Un diritto di opinione e di eventuale dissenso che, in quanto tale, va insindacabilmente rispettato, a prescindere dalla coalizione politica che in quel momento detiene il ruolo di governo. Un diritto che molti degli esponenti dell’attuale maggioranza regionale di centrodestra hanno riconosciuto nel 2018, condividendo le proteste emerse contro le politiche sanitarie allora decise dalla Giunta Serracchiani. Un diritto che, ora che sono al governo, gli stessi esponenti di centrodestra vivono con tutt’altra assertività, a prescindere dal consueto gioco delle parti di chi accusa l’opposizione (o i franchi tiratori interni alla coalizione) di cavalcare il malcontento.
read more..Néstor Rego reclama avanzar na quita da débeda galega e mudar o sistema de financiamento para rematar coa discriminación que sofre a Galiza
Defende unha fiscalidade máis xusta, con impostos á banca, ás eléctricas e ás grandes fortunas: “para problemas estruturais, son precisas medidas permanentes”
read more..Montse Valcárcel critica que o Goberno galego se presente como defensora dos montes veciñais mentres lles pasa a factura dúas veces
“Primeiro queda cunha porcentaxe das vendas durante décadas e agora reclámalles débedas calculadas á súa maneira”, alega
read more..Zum heutigen Urteil des Landesverfassungsgerichts zur Northvolt-Affäre erklärt die wirtschaftspolitische Sprecherin der SSW-Landtagsfraktion, Sybilla Nitsch:
„Das Landesverfassungsgericht hat heute festgestellt, was die Landesregierung monatelang bestritten hat: Der Landtag wurde bei einer Entscheidung über hunderte Millionen Euro Steuergeld nicht vollständig informiert.
Damit fällt ein weiterer Pfeiler der Northvolt-Erzählung in sich zusammen. Erst die Insolvenz. Dann die vernichtende Kritik des Landesrechnungshofs. Jetzt das Verfassungsgericht. Der Kaiser ist nackt, und alle können es sehen.
Es ist ein Meilenstein für besseren Gewaltschutz für Frauen in Nordfriesland: Heute hat Sozialministerin Aminata Touré in Husum einen Förderbescheid über rund 670.000 Euro für ein Frauenhaus überreicht. Eine SSW-Initiative aus dem Jahr 2020 trägt damit endlich Früchte.
read more..Dades del 2025: El 75 % de les incidències van afectar hora punta, perjudicant 2 milions de passatgers i 8.000 trens.
read more..ANDALUCISTAS-PUEBLO ANDALUZ RECUERDA EN JEREZ LA NECESIDAD DE VOTAR EL 17 DE MAYO POR EL ANDALUCISMO “REAL Y ÚTIL”
En la recta final de la campaña para las elecciones autonómicas del próximo 17 de mayo, la coalición Andalucistas-Pueblo Andaluz ha asistido a la invitación de medios de comunicación autonómicos en el Real de la Feria de Jerez para compartir unos momentos durante la celebración de esta fiesta andaluza
read more..Vlaanderen kende vorig jaar het beste werkzaamheidscijfer ooit. Uit nieuwe cijfers van Statbel blijkt dat 77,3 procent van de 20- tot 64-jarigen in 2025 aan de slag was. Een historisch cijfer. “Deze cijfers tonen dat een aanklampend activeringsbeleid werkt”, zegt Vlaams minister van Werk Zuhal Demir.
read more..Op de derde hoorzitting in het dossier i-Police vandaag weigerde minister Annelies Verlinden(cd&v) enige verantwoordelijkheid te nemen.“Ongeziene minachting tegenover de belastingbetaler”, reageert voorzitter van de commissie Binnenlandse Zaken Ortwin Depoortere.“Enkel een onderzoekscommissie kan deze doofpot opentrekken.”
read more..