BNG propón un pacto de País que protexa o sector da pesca fronte ás présas por converter o mar nun polígono industrial
Bloque Nacionalista Galego 25-02-2026, 14:13
![]()
O portavoz de Enerxía do BNG, Xosé Manuel Golpe, propuxo no Parlamento un acordo de País para protexer o sector da pesca fronte as présas por instalar parques de eólica mariña e converter o mar galego “nun polígono industrial” ao servizo do lobby eléctrico. “Pretender converter hoxe o noso mar nun mar de sacrificio para probar a gran escala unha tecnoloxía que os principais organismos internacionais aínda sitúan en fase de aprendizaxe é , cando menos, profundamente imprudente”, alegou.
Golpe defendeu no Pleno unha proposición non de lei non para pecharlle portas ao futuro dunha tecnoloxía que aínda está en fase inicial, dixo, senón para esixirlle á Xunta que non se poña á fronte da carreira das poxas da eólica mariña “sen ter garantido nin sequera o mínimo respecto ao sector pesqueiro”.
O BNG defende, explicou, que antes de calquera ampliación de zonas ou de calquera poxa ten que haber informes científicos serios sobre o impacto ambiental e socioeconómico da eólica mariña, e que ten que respectarse o “principio de precaución” e os dereitos históricos da pesca galega.
É por iso que o deputado galego emprazou á conselleira do Mar, Marta Villaverde, a aclarar se comparte os plans da Consellería de Industria que, tal e como expresou a súa titular, María Jesús Lorenzana, pretende que Galiza sexa das primeiras CCAA en acoller as poxas anunciadas polo Goberno do Estado. “Que di a conselleira do Mar sobre as declaracións da súa colega e que opina sobre as incertezas que existen en materia eólica mariña?”, preguntou.
O deputado, que emprazou a Rueda a desautorizar a Lorenzana, situou a iniciativa nacionalista fora do debate sobre as renovables ou sobre a eólica mariña e enmarcouna exclusivamente nos obxectivos de preservar a biodiversidade da nosa costa e non poñer en risco un sector —o do mar— que aporta o 5 % do PIB do País “por un negocio que, ademais, Galiza non precisa para descarbonizarse nin para garantir o subministro eléctrico”.
“Galiza non pode ser unha terra e un mar de sacrificio. Galiza precisa seguir sendo un pais de portos vivos e dun mar con futuro”, subliñou o deputado, insistindo en que o que defende o BNG é que “non se sacrifique a nosa primeira potencia económica estratéxica no mar para engordar beneficios de empresas que levan décadas espoliando os nosos recursos”.
Xosé Manuel Golpe avogou por aplicar o “principio de prudencia” fronte as presas do Goberno de Rueda por pregarse de novo aos intereses do lobby das eléctricas e subliñou, neste punto, que “mesmo os grandes actores recoñecen que a eólica mariña flotante en augas profundas non é aínda unha tecnoloxía madura de despregue masivo”.
Criticou, neste sentido, que a pesar diso o Goberno español insista en acelerar a implantación da eólica mariña nas zonas que, no caso galego, coinciden de cheo cos caladoiros históricos. Segundo dixo, o sector —confrarías, organización de produtores ou armadores— teñen constatado que nin o primeiro ciclo dos POEM (plans de ordenación do espazo marítimo) nin este segundo introduciron ZUP específicas para pesca e que non se garantiu a exclusión das zonas de maior intensidade pesqueira.
No transcurso da súa intervención, o deputado nacionalista subliñou así mesmo que o único estudo “preliminar” e que se recoñece aínda incompleto é o elaborado polo IEO e o CSIC. Este estudo, explicou, xa da conta de que, nun escenario de ocupación das zonas de alto potencial, as capturas poderían caer un 4 %, arredor de 5.000 toneladas anuais, o que suporía unha perda de máis de 11 millóns de euros en primeira venda, sen contar a cadea de valor nin a frota artesanal de menos de 12 metros.
A proposición non de lei do BNG foi rexeitada por PP e PSOE que, co seu voto en contra, “están a dicirlle á xente do mar que as súas preocupacións valen menos que as presas do Ministerio de Transición Ecolóxica (Miteco) e as expectativas do oligopolio eléctrico”, advertiu o portavoz de Enerxía nacionalista.
BEOGRAD / NOVI SAD – Advokat i član Predsedništva Lige socijaldemokrata Vojvodine – VOJVOĐANI Aleksandar Olenik izjavio je da to što optuženi zbog pada nadstrešnice i pogibije 15 ljudi pod njom pominju predsednika Srbije Aleksandra Vučića u svojim iskazima jeste znak da bi i njega trebalo saslušati.
read more..El diputat denuncia més pressió fiscal, més burocràcia i cap millora en protecció social
read more..Ha promovido iniciativas para denunciar que un proyecto unitario se haya fragmentado artificialmente en siete expedientes administrativos distintos y para reclamar un nuevo Estudio de Impacto Ambiental integrado del conjunto del proyecto de la Línea de Muy Alta Tensión Escatrón-La Secuita, entre Aragón y Cataluña, y de sus infraestructuras asociadas, con el objeto de evitar las afecciones ambientales, territoriales, paisajísticas y socioeconómicas sobre los municipios afectados.
read more..La formació destaca la incorporació de mesures que havia defensat des de l’inici, com el reforç de l’escut social energètic, l’ampliació del bo social i l’impuls a l’autoconsum i a les energies renovables.
read more..La coordinadora del Rolde de Feminismos de CHA, Isabel Giménez Uliaque, expresa su más profunda consternación y rechazo ante los dos últimas mujeres asesinadas.
read more..El grup parlamentari vol que el cap de l’Executiu doni explicacions per les presumptes actuacions l’expresident del Govern espanyol amb possibles afectacions a Catalunya
read more..The new IPPR report spells out what many people across Yorkshire already feel: unitarisation on its own doesn’t empower communities — it risks pulling decisions even further away. If we want real change, we need real community power, not another round of top‑down restructuring.
read more..PUSTERTAL – Im Rahmen der landesweiten Plakataktion „Grüß Gott in Tirol“ setzt der Südtiroler Schützenbund ein weiteres sichtbares Zeichen der Gastfreundschaft: Entlang der Hauptverkehrsachse im Pustertal wurden in Vintl, Olang, Innichen und Antholz jeweils rund zwei bis drei Meter hohe „TIROL“-Schriftzüge sowie Tiroler Fahnen aufgestellt.
read more..Chunta Aragonesista ha anunciado el fallecimiento como consecuencia de un cáncer de su presidente, Joaquín Palacín, a quien ha agradecido su compromiso con Aragón, con la justicia social y con el proyecto colectivo durante tantos años.
read more..