Ana Miranda: “Quen queira salvar o sector agrogandeiro ten que votar non ao acordo UE-Mercosur”

Bloque Nacionalista Galego 11-02-2026, 14:55

Ana Miranda

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reitera a rotunda oposición do BNG ao acordo entre a Unión Europea e o Mercosur debido as consecuencias negativas que este tratado terá sobre o sector agrogandeiro galego. “Quen queira salvar o sector agrogandeiro ten que votar non ao acordo”, subliñou, ao tempo que salienta que as cláusulas de salvagarda aprobadas hoxe polo pleno do Parlamento Europeo “non son a panacea”.

“Como eurodeputada galega do BNG sempre defendín o sector agrogandeiro galego nas institucións europeas, cunha postura coherente e tendo en conta as preocupacións e demandas do sector, como cando a semana pasada recibín en Bruxelas aos representantes da cooperativa galega A Carqueixa, Román Sánchez e Alberto Uria”, salientou Ana Miranda.

Segundo explica a respecto das cláusulas de salvagarda, que foron aprobadas hoxe no pleno da Eurocámara con 483 a favor 102 en contra e 67 abstencións (entre elas a do BNG), “non son a panacea, pero o BNG as defendeu desde o principio, non como fixo o PP”. Segundo explica a eurodeputada do BNG “van actuar tarde e cando o mal xa está feito para o sector, e por tempo moi limitado. O problema é o tratado en si mesmo”.

Neste sentido lembra que os representantes do PP votaron en contra das salvagardas no pleno da Eurocámara do pasado mes de decembro. “PP e PSOE súmanse agora ao carro para salvar a cara pola presión dos gandeiros”, manifesta Miranda ao respecto. “O BNG é a única forza política que defende o sector agrograndeiro de forma coherente, e non todos poden dicir o mesmo”, subliña, ao tempo que reclama máis protección para o sector.

Tribunal de Xustiza Europeo

A respecto da coherencia na defensa do sector agrogandeiro galego, Ana Miranda tamén sinala que o pleno do Parlamento Europeo de xaneiro aprobou (con 334 votos a favor, 324 en contra e 11 abstencións) trasladar o acordo con Mercosur ao Tribunal de Xustiza Europeo para que ditamine se é este acordo é compatible cos tratados europeos, cos votos en contra do PP. Neste sentido, o BNG considera que non foi xestionado de forma democrática, xa que tanto a Comisión Europea como o Consello non respectaron os principios de cooperación entre institucións.

Xunto a deputados e deputadas de outros grupos da Eurocámara, Miranda asinou unha carta dirixida á presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Layen, na que instan á Comisión “a que non avance na aplicación provisional do acordo comercial UE-Mercosur, nin de ningunha das súas partes, até que o Tribunal de Xustiza Europeo emita o seu ditame”, en consonancia co xa manifestado por varios comisarios.

“Por hixiene democrática, o acordo entre a Unión Europea e o Mercosur non se debería aplicar até que se pronuncie o TXUE e o Parlamento Europeo”, conclúe a eurodeputada galega.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ana-miranda-quen-queira-salvar-sector-agrogandeiro-ten-que-votar-non-ao-acordo-ue-mercosur/20260210164525042215.html

Related News

Golpe pide á titular do Mar que aclare se comparte os plans de Industria para someter os caladoiros galegos á carreira de poxas da eólica mariña

Reclama aplicar o “principio de prudencia” porque fan falta estudios socioeconómicos e a tecnoloxía aínda se atopa nunha fase de aprendizaxe

read more..

La diputada Maria Àngels Planas assegura que l’equipament “necessita inversions extraordinàries davant el deteriorament de les seves instal·lacions”

read more..

Mardi 21 avril, dans le cadre accueillant de La Crotta di Gamolle, s’est tenue l’inauguration officielle de la nouvelle section du Mouvement, un moment de rencontre, de partage et d’engagement qui témoigne de la vitalité toujours renouvelée de sa présence sur le territoire.

read more..

Concentración Parlamento

Paulo Ríos criticou o modelo do PP de concentrar os servizos sanitarios nun CIS, porque só afasta a veciñanza das parroquias da Atención Primaria

Asegurou que todos fixeron os deberes, veciñanza e concello, mentres a Xunta nin está nin se lle espera. Queremos un centro de saúde xa”! esixiu

read more..

Chunta Aragonesista-Utebo quiere denunciar el constante incumplimiento de plazos y el deterioro de los servicios de transporte público en nuestro municipio. Desde hace meses se acumulan los problemas a distintos niveles, sin que ninguna de las administraciones implicadas tomen medidas para solucionarlos.

read more..

Nur noch wenige Wochen trennen uns von der Eröffnung der Olympischen Spiele am Freitag, den 6. Februar 2026, in Mailand und Cortina d’Ampezzo (ladinisch: Ampezo).

read more..

Néstor Rego destaca a influencia do BNG para levar a cabo políticas transformadoras e en beneficio das maiorías sociais, así como o impulso da Axenda Galega

“Se cun único deputado e unha senadora fomos quen de conseguir todo isto, que non seríamos capaces de lograr con máis representación” engade Mosquera

Geno Carballeira subliña o traballo desenvolvido polo BNG para dar resposta ás necesidades reais da veciñanza de Narón: “conseguiu frear as corruptelas da SAREB”


read more..

Esquerra ha participat activament en els actes commemoratius del Dia Internacional dels Treballadors

read more..

Landeskommandant Christoph Schmid kritisiert Autonomiereform, Olympia-Darstellung und politische Mutlosigkeit – Ehrenmajore ernannt

Mit deutlichen Worten hat der Südtiroler Schützenbund bei seiner 61. Ordentlichen Bundesversammlung in Bozen mehr politische Führung, mehr Einsatz für die Einheit Tirols und eine unmissverständliche Verteidigung der Autonomie eingefordert. Landeskommandant Christoph Schmid sprach von einem Land, das zunehmend führungs- und orientierungslos wirke, während Bundesgeschäftsführer Egon Zemmer eine kämpferische Bilanz eines arbeitsreichen Schützenjahres zog.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031