Insua denuncia a falta de seguridade en Monte Neme tras o novo derrubamento e esíxelle responsabilidades á conselleira

Bloque Nacionalista Galego 12-02-2026, 18:48

Óscar Insua

O deputado do BNG pola Costa da Morte, Oscar Insua, emprazou á conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, a asumir responsabilidades pola súa actuación neglixente na mina de Monte Neme, e advertiu dos problemas de seguridade que persisten na zona da vella explotación, onde vén de producirse un novo derrubamento e unha enorme fenda nun dos noiros.

“O seu traballo, conselleira, era manter a seguridade na mina de Monte Neme, e incumpriuse. Que ten que pasar para que o seu goberno asuma algunha responsabilidade?”, preguntoulle o deputado nacionalista á conselleira, á que acusou de obviar as advertencias técnicas que había desde hai anos. Malia que o risco en Monte Neme era “público e notorio”, criticou, o PP na Xunta non adoptou ningunha “medida efectiva” para evitar un desastre ambiental como o acontecido pasado 31 de xaneiro, unha avalancha de auga con lodo que alcanzou os catro metros de altura e os 10.000 metros cúbicos de volume, arrastrando durante dous quilómetros todo o que atopou por diante.

Se o risco era coñecido e as competencias da Xunta, “estamos ante un fallo grave dos controis ou ante unha decisión consciente de non actuar”, denunciou Insua, quen subliñou que o Concello de Carballo leva desde o ano 2013 avisando por escrito da necesidade de restaurar a “desfeita mineira” e de adoptar medidas de seguridade en Monte Neme, onde —lembrou— xa rompeu unha balsa en 2014, provocando daquela unha riada de 24.000 metros cúbicos de auga que chegou ás casas en Razo e Aviño.

Afondando na denuncia de “inacción previa” da Consellería, o deputado do BNG subliñou así

mesmo que xa en 2024 o Concello de Carballo advertiu aos responsables de minas que existía unha galería nunha das balsas, que foi a que acabou rebentando. “Como é posible que non se contemplara a súa existencia no proxecto de restauración nin nos estudos xeotécnicos previos?”, inquiriu Insua, destacando a “preocupación” coa que viven os veciños da zona, máis agora tras o novo incidente que se produciu onte na galería.

A conselleira no da explicacións polas seis horas de retraso

O deputado do BNG denunciou ademais o retraso na activación da emerxencia tras a avalancha do 31 de xaneiro, seis horas máis tarde desde que unha veciña desde a voz de alarma cunha chamada ao 112. “Poden estar os veciños e veciñas tranquilas?, preguntou Insua, que afeou á conselleira que non dese explicacións sobre esa demora na activación da emerxencia. Reprobou, ademais, que desde a Consellería intenten botarlle a culpa do sucedido ás chuvias e ao tempo destes días cando, subliñou, en Malpica nos últimos cinco anos houbo seis meses con máis precipitacións que este último mes de xaneiro.

Na mesma pregunta parlamentaria, o deputado da Costa da Morte instou á conselleira a aclarar se houbo modificación do proxecto de restauración da mina, posto que este contemplaba un bombeo de auga dunha balsa a outra para despois depurala que acabou facéndose ao revés do previsto. A balsa que rebentou, explicou, foi a que recibiu a auga.

“Os feitos falan por si mesmos: isto non foi unha sorpresa nin un accidente, foi unha decisión política da Consellería que agora debe asumir responsabilidades”, concluíu.

https://www.bng.gal/articulo/novas/insua-denuncia-falta-seguridade-monte-neme-novo-derrubamento-esixelle-responsabilidades-conselleira/20260211170606042227.html

Related News

Reunión do Consello Nacional

No Consello Nacional, Pontón insta a redobrar o traballo directo coa veciñanza para seguir consolidando o avance social e electoral do Bloque

Defensa pechada do pacifismo: “A proxección de Galiza que queremos non é a de desfiles militares enxalzando armas de destrución masiva”

Acusa a Rueda de vender Galiza a prezo de saldo ás multinacionais e tras a derrota de ALTRI a nova ofensiva do PP é a megamineria

read more..

📓 Старите американски имиграционни тетрадки са отличен исторически източник, който потвърждава съществуването на македонска идентичност (и македонска самоидентификация) през първата половина на 20-ти век.

read more..

Las mujeres y hombres de Chunta Aragonesista condenamos la nueva agresión machista ocurrido este miércoles en Zaragoza y trasladamos nuestro apoyo y solidaridad a la familia y entorno de la víctima, así como a todas las mujeres que sufren esta violencia machista.

read more..

Der letzte der „Puschtra Buibm“ ist heimgegangen

TIROL – Mit tiefer Trauer und großer Dankbarkeit nimmt der Südtiroler Schützenbund Abschied von Freiheitskämpfer Siegfried Steger, dem „Puschtra Bui“. Mit ihm geht der letzte der vier „Puschtra Buibm“ – nach Sepp Forer, Heinrich Oberlechner und Heinrich Oberleiter schließt sich nun ein Kapitel Südtiroler Zeitgeschichte.

read more..

Lista za Rijeku od početka je upozoravala da će se politička priča Ive Rinčić prije ili kasnije rasplesti upravo na pitanju odnosa prema HDZ-u. Današnjim ulaskom HDZ-a u vladajuću većinu gradonačelnica je napokon izašla iz ormara i otvoreno pokazala politički okvir na kojem temelji svoju vlast.

read more..

”Förlegad tradition, välbehövlig paus, eller tid för annat politiskt arbete?” har Ålands radio som rubrik i frågeställningen.
Det är nog precis som rubriken säger ”förlegad tradition”.

read more..

Desde el Rolde de Feminismos de CHA, cuya coordinadora es Isabel Giménez Uliaque, queremos expresar nuestra más enérgica condena y profundo rechazo al asesinato ocurrido en la madrugada del 20 de febrero de 2026 en el municipio de Arona (Tenerife), donde un hombre ha asesinado a su hijo de 10 años y ha dejado gravemente herida a la madre del menor.

read more..

Landesweite Aufklärung über Autonomiereform

Geprägt war das vergangene Jahr sicherlich durch das Für-und Wider der von Meloni und Kompatscher geplanten Autonomiereform, stellt SHB-Obmann Roland Lang in seinem Tätigkeitsbericht für das Vereinsjahr 2025 fest. Bereits im Frühjahr wurde nur von der SVP mit Rom verhandelt und für lange Zeit das Volk im Unklaren gelassen.

read more..

Néstor Rego defenderá o vindeiro luns, 23 de xaneiro, a implicación da SEPI nun plan de viabilidade que garanta a actividade e o emprego no Grupo Losán

Urxe mediación e coordinación institucional áxil que permita garantir un plan de sustentabilidade e pagamentos que dea futuro á actividade empresarial

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031