BNG leva a debate no Congreso unha iniciativa para garantir a continuidade da actividade e do emprego no Grupo Losán
Bloque Nacionalista Galego 21-02-2026, 03:20
![]()
Néstor Rego defenderá o vindeiro luns, 23 de xaneiro, a implicación da SEPI nun plan de viabilidade que garanta a actividade e o emprego no Grupo Losán
Urxe mediación e coordinación institucional áxil que permita garantir un plan de sustentabilidade e pagamentos que dea futuro á actividade empresarial
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) levará a debate e votación na Comisión de Industria e Turismo do Congreso unha Proposición non de Lei (PNL) para reclamar a implicación da SEPI nun plan de viabilidade que asegure o mantemento da actividade industrial e dos postos de traballo no Grupo Losán.
A iniciativa será debatida e votada a vindeira segunda feira, 23 de xaneiro, e será defendida polo deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, na Comisión de Industria e Turismo da cámara baixa.
A proposta do BNG prodúcese nun contexto de forte preocupación social e laboral nas fábricas de Vilasantar e Curtis, onde o persoal iniciou mobilizacións pola falta de pagamento das nóminas. Segundo recolle a iniciativa, preto de 200 traballadores e traballadoras alertan do risco que corre non só o seu emprego, senón tamén o coñecemento industrial e a experiencia acumulada durante décadas nun grupo que foi referencia do sector da madeira en Galiza.
“É imprescindíbel que as administracións que participaron con financiamento público asuman un papel activo para garantir o futuro do Grupo Losán e dos seus postos de traballo” subliña Néstor Rego. O deputado nacionalista advirte de que “cada semana de atraso agrava a situación social das familias afectadas e erosiona a confianza na viabilidade do proxecto industrial”.
A formación nacionalista lembra que a empresa recibiu importantes achegas públicas —entre elas 35 millóns da SEPI a través do fondo de solvencia post-covid— e considera que esa participación debe traducirse agora nunha intervención efectiva para asegurar a continuidade da actividade.
“O Goberno debe adoptar un papel activo e, a través da SEPI como entidade investidora, estabelecer canles de comunicación coa dirección da compañía, a Xunta da Galiza e os comités de empresa para participar no deseño dun plan de viabilidade que asegure o mantemento da actividade industrial e do emprego” sinala o deputado nacionalista.
Así mesmo, a iniciativa procura o apoio do resto de grupos para exixir ao Goberno unha avaliación do resultado e aplicación dos investimentos públicos no sector industrial e impulsar reformas que garantan que as empresas que reciban fondos públicos manteñan unha actividade estábel e duradeira, así como os postos de traballo.
Para o BNG, a situación do Grupo Losán require “mediación e coordinación institucional urxente” que permita garantir un plan de sustentabilidade e de pagamentos que dea futuro á empresa e estabilidade ao emprego na comarca.
De werkzaamheidsgraad in Vlaanderen heeft in 2025 een historisch hoogtepunt bereikt. Volgens cijfers van Statistiek Vlaanderen, op basis van Statbel en de Enquête naar de Arbeidskrachten (EAK), was 77,3% van de 20- tot 64-jarigen aan het werk. Dat is een stijging met 0,4 procentpunt tegenover een jaar eerder.
read more..El secretari general, Jordi Turull, i el president de Futur per Puigcerdà, Francesc Armengol, han formalitzat l’entesa, que té com a objectiu guanyar l’alcaldia
read more..Brussels Vlaams Parlementslid Dominiek Lootens-Stael(Vlaams Belang) heeft in het Vlaams Parlement een voorstel ingediend om een belangenconflict in te roepen tegen een federaal wetsontwerp dat de zes Brusselse politiezones wil samenvoegen tot één zone. Het voorstel wordt vandaag geagendeerd tijdens de plenaire zitting. De partij steunt de fusie op zich wel, maar de concrete uitwerking ervandreigt de Vlaamse belangen in Brussel ernstig te schaden.“Dit wetsontwerp dreigt de Brusselse Vlamingen volledig buitenspel te zetten in het bestuur van hun eigen politie”, zegt Lootens-Stael.
read more..Regular o baleirado dos encoros, un seguro que cubra as perdas e a suspensión temporal das cotizacións, entre as propostas do BNG
Rosana Pérez: "Ademais de advertirnos que o escenario vai ser peor que en 2023, ten pensado o Goberno do PP facer algo ou vai seguir ausente?"
read more..SHB unterstützt Antrag im Trentiner RegionalratDer Antrag, den Representationssaal des Regionalrats nach Clara Marchetto (1911–1982) zu benennen, wird in der Sitzung des Regionalrats Trentino – Alto Adige Südtirol im April 2026 behandelt.
Dieser von der PATT Regionalrätin Maria Bosin initiierte Vorschlag wurde von 36 Abgeordneten nahezu aller politischen Parteien unterzeichnet, mit Ausnahme der Vertreter der Fratelli d’Italia.
read more..Gisteren schrapte de Raad van State de regeling die patiënten uit de Vlaamse Rand toeliet om met de ambulance naar een Nederlandstalig ziekenhuis gebracht te worden. Dit na één klacht van een Franstalig ziekenhuis.
read more..Voor het Vlaams Belang dient de regering-De Wever van het pensioen van zij die een leven lang hebben bijgedragen, af te blijven.“Daarom diende onze fractie amendementen in om de centenindex volledig te schrappen”, zegt Kamerlid Ellen Samyn.“Zowel op loon, pensioen en als op uitkeringen.”
read more..L’Union Démocratique Bretonne tient à exprimer son soutien à l’ensemble des élues et élus qui ont été victimes d’actes ou de propos racistes, notamment à l’occasion de l’installation des nouveaux conseils municipaux. Face à ces dérives inacceptables, l’UDB exprime une conviction forte : il est contreproductif d’opposer une « ancienne France » et une « nouvelle France ». Cette vision binaire est non seulement erronée, mais dangereuse, car elle alimente les divisions au lieu de construire un avenir commun.
read more..