BNG urxe á Consellería do Mar a tomar medidas contra a crise agravada polos últimos temporais na pesca e o marisqueo
Bloque Nacionalista Galego 14-02-2026, 22:05
![]()
A portavoz de Mar do BNG no Parlamento, Rosana Pérez, emprazou á Consellería a actuar de xeito inmediato contra a crise que vive o sector da pesca e o marisqueo, agravada agora polos efectos que a sucesión de temporais está a ter na perda de produtividade das rías galegas, que se prevé peor que a de 2023. “Ademais de advertirnos que as consecuencias este ano van ser peores, ten pensado o Goberno do PP facer algo ou vai seguir ausente, como nos últimos anos, diante da grave situación que atravesa o sector”?, preguntouse.
A deputada nacionalista criticou así a política de brazos cruzados da Consellería do Mar, que nin tomou medidas estruturais nin actúa agora diante dos efectos dos temporais. “Xa sabemos que a Xunta non pode evitar que choiva, pero leva 15 anos sen tomar medidas de tipo estrutural que dean resposta á baixa produtividade das rías”, ironizou.
Para dar conta da “extraordinaria” crise que afronta o sector, lembrou que, a consecuencia dos temporais do 2023, as ventas de 2024 nas lonxas galegas reducíronse un 18 % (24.000 toneladas menos de peixe e marisco), a facturación caeu un 7,5 % (30 M€ menos) e só no marisqueo a pé perdéronse 222 postos de traballo, aos que sumaron outros 128 no 2025.
Entre as actuacións de carácter estrutural que o BNG leva anos reclamando no Parlamento —sempre co voto en contra do PP—, figura a elaboración, da man do sector, os centros de investigación e as universidades galegas, dun estudo sobre as razóns desa baixa produtividade que permita tomar as medidas axeitadas para combatela.
De maneira urxente, Rosana Pérez emprazou ao Goberno do PP a elaborar un protocolo de baleirado e limpeza dos encoros que axude a minimizar os efectos na salinidade da auga. Unha reclamación, lembrou, que o sector marisqueiro vén facendo desde hai tempo e que estes días reiterou a Confraría de Noia no que ten que ver co encoro do Tambre.
Rueda, sempre coas eléctricas
“O único que están pedindo na ría de Muros a Noia é que baleiren amodo e en pleamar para non producir nin danos persoais, que xa se ten habido, nin danos aos recursos”, explicou, criticando neste punto que o Executivo de Rueda opte por “poñerse do lado das eléctricas para que sigan gañando moitos millóns de euros”. Unhas eléctricas que, subliñou, “poden baleirar cando queiran sen cubrir ningún prexuízo e sen asumir algunha responsabilidade sobre o dano feito a sectores como o marisqueiro”.
Rosana Pérez propuxo, por outra banda, a creación para o mar dun seguro colectivo, similar ao agrario, que axude ao sector a cubrir as perdas polos temporais, e urxiu así mesmo á Consellería do Mar a promover sementeiras públicas ou público privadas para o autoabastecemento e evitar que “cando queden arrasados os bancos marisqueiros” suceda o mesmo que en 2023, cando houbo que exportar masivamente a semente.
Máis recursos para a produción autóctona
A deputada do BNG puxo o foco tamén na situación que vive a frota de artes menores, que leva semanas amarrada, sen poder saír a faenar, en moitos puntos da costa galega, mentres continúan pagando os seus seguros e cargas sociais, do mesmo xeito que fai o sector marisqueiro e o miticultor, exemplificou. É por iso que o BNG insta á Consellería do Mar a dirixirse ao Goberno do Estado para “estudar as posibilidades de suspender” as cotizacións do sector desde novembro até que se “normalice” a situación.
Flexibilizar as normas dos fondos europeos “para poder cubrir dignamente as paradas biolóxicas que se van a ter que producir forzosamente” é outras das reclamacións dirixidas ao Ministerio de Pesca.
“O que lle pedimos á Xunta é que por unha vez actúe e exerza as competencias que ten”, explicou a deputada, que pediu para iso á Consellería do Mar que dea prioridade ao sector á hora de distribuír o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) “en vez de desviar millóns de euros ás grandes empresas e a facer propaganda de produto que nin sequera é galego”, criticou, lembrando que este ano a Xunta destina unha partida de arredor de 15 M€ a “feiras e eventos”.
Els republicans detecten una reducció de la transparència un cop superada la suspensió total del servei a principis d’any
read more..La formació destaca la incorporació de mesures que havia defensat des de l’inici, com el reforç de l’escut social energètic, l’ampliació del bo social i l’impuls a l’autoconsum i a les energies renovables.
read more..People can have “a government that stands up for Wales in a way that’s never been seen before” - that is the message delivered by Plaid Cymru Leader Rhun ap Iorwerth MS as he prepares to launch his party’s Senedd Elections campaign in Caerffili.
read more..Azcón no convocó elecciones anticipadas en diciembre porque no hubiese presupuestos, pues tenía la oferta tanto de Vox como de PSOE para negociar: lo hizo porque Feijoo ha diseñado un calendario electoral para desgastar al PSOE, en las que incluye tanto las Extremeñas como las Aragonesas o las de CyL. De otro lado Abascal exige una negociación única, en bloque, de las tres investiduras, por tanto, o bien Feijoo se pliega a las demandas de Abascal o bien habrá repetición electoral en julio: Aragón, votando a partidos centralistas, pone nuestro futuro en manos de la Villa y Corte.
read more..Néstor Rego Candamil exixe ao Goberno garantir prezos xustos nos aparcamentos dos aeroportos e adoptar medidas que eviten o colapso das infraestruturas
O deputado nacionalista sinala que AENA debe garantir os dereitos das persoas usuarias e facer público o plan deseñado para facer frente a esta situación
A organización nacionalista reclama a RENFE o reforzamento das conexións ferroviarias que xa se están a esgotar as prazas aceleradamente pois terán que absorber persoas usuarias habituais dos aeroportos
read more..List og mentan skulu hava betri karmar – kring alt landið!
Vit hava sæð menningina hjá okkara ítróttafólkum, tá børn og ung sleppa at spæla í hallum og á vøllum sum teimum lystir – áðrenn, undir og eftir venjing. Tað er ikki bert undir skipaðum umstøðum, men eisini tá ið tey sjálvi sleppa at stýra og spæla, at tey menna seg.
read more..BEOGRAD / NOVI SAD – Advokat i član Predsedništva Lige socijaldemokrata Vojvodine – VOJVOĐANI Aleksandar Olenik ocenio je da je izjava predsednika Srbije o vojvođanskoj platformi samo pokušaj distrakcije (odvraćanja pažnje, prim. nov.) njegovog biračkog tela i „sakrivanje studentske pobune i blokade“ od njih, dodajući da pitanje autonomije Vojvodine, takođe, ne potpada pod sferu njegove nadležnosti.
read more..Treinreizigers in België botsen vandaag nog te vaak op vertragingen, gemiste aansluitingen en een ingewikkeld aanbod. Daarom dient Kamerlid Dorien Cuylaerts een voorstel van resolutie in om het spoor grondig te hervormen en te laten evolueren naar een eenvoudiger en beter afgestemd systeem. “Voor veel mensen is de trein vandaag geen logisch alternatief voor de auto. Overstappen missen, lang wachten of moeten zoeken naar de juiste verbinding, dat schrikt mensen af. Dat moet eenvoudiger en betrouwbaarder”, zegt Cuylaerts.
read more..Tesla staat op het punt om zijn ‘Full Self-Drivingsysteem’ (FSD) te testen op Vlaamse wegen. Dat heeft Vlaams minister van Mobiliteit Annick De Ridder aangekondigd. De testen moeten nagaan hoe het systeem reageert op Belgische verkeerssituaties, verkeersregels en infrastructuur. “Als de resultaten positief zijn, kan snel werk worden gemaakt van een voorlopige Europese typegoedkeuring die geldig is op het volledige Belgische grondgebied”, klinkt het.
read more..