BNG demanda a AENA reforzar os medios de Alvedro e Vigo ante o fechamento temporal de Santiago

Bloque Nacionalista Galego 25-04-2026, 10:06

Néstor Rego Candamil exixe ao Goberno garantir prezos xustos nos aparcamentos dos aeroportos e adoptar medidas que eviten o colapso das infraestruturas

O deputado nacionalista sinala que AENA debe garantir os dereitos das persoas usuarias e facer público o plan deseñado para facer frente a esta situación

A organización nacionalista reclama a RENFE o reforzamento das conexións ferroviarias que xa se están a esgotar as prazas aceleradamente pois terán que absorber persoas usuarias habituais dos aeroportos

Néstor Rego

O Bloque Nacionalista Galego demanda a AENA unha actuación inmediata para garantir un servizo digno nos aeroportos galegos ante o fechamento temporal do Aeroporto Rosalía de Castro, previsto desde o 23 de abril e durante 35 días, que provocará a derivación de voos cara ao Aeroporto da Coruña (Alvedro) e ao Aeroporto de Vigo (Peinador).

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego Candamil, reclama a AENA explicar con transparencia o plan deseñado para facer frente a esta situación extraordinaria e, sobre todo, que adopte medidas reais para evitar o colapso das infraestruturas e garantir os dereitos das persoas usuarias.

Rego sinala que AENA prevé incrementar en 70% as operacións en Alvedro, até alcanzar 856 voos, “sen que exista unha planificación clara nin garantías de reforzo suficiente de persoal, medios técnicos e servizos”. Neste sentido, o BNG exixe un aumento inmediato da dotación en ambos aeroportos, tanto na Coruña como en Vigo, para facer frente ao incremento da demanda.

Especialmente grave resulta, segundo explica o deputado nacionalista, a situación das torres de control privatizadas, tanto na Coruña como en Vigo, onde o persoal controlador mantén unha folga indefinida “polas condicións laborais precarias, a falta de efectivos e os incumprimentos dos seus dereitos básicos”. O BNG reclama a AENA actuar de maneira urxente sobre as empresas concesionarias para garantir máis persoal, condicións dignas e a continuidade segura do servizo.

No relativo ao estacionamento en Alvedro, o deputado do BNG no Congreso alerta que a situación xa está a ser problemática antes mesmo do fechamento temporal do aeroporto compostelán. AENA habilitou un aparcadoiro provisional con 700 prazas adicionais, mais as persoas usuarias denuncian prezos abusivos e insuficiencia de espazo.

“O que AENA anunciou como unha solución está a converterse nun novo problema: tarifas que chegan a duplicar as do aparcadoiro da terminal e dificultades para encontrar praza” critica Rego. Ante esta decisión, a organización nacionalista reclama regular de inmediato os prezos para evitar abusos e que se garantan tarifas realmente máis económicas, tal e como fora anunciado.

Así mesmo, o deputado nacionalista demanda a RENFE reforzar as conexións ferroviarias ante o esgotamento das prazas “que xa se están a producir na actualidade” ante o fechamento do aeroporto de Santiago de Compostela-Rosalía de Castro.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-demanda-aena-reforzar-medios-alvedro-vigo-fechamento-temporal-santiago/20260424123138042669.html

Related News

Die Landesregierung kann keine belastbaren Angaben zur tatsächlichen Nutzung und Wirkung des europäischen Arbeitsmarkt-Netzwerks EURES in Schleswig-Holstein machen. Das geht aus der Antwort auf eine Kleine Anfrage des SSW hervor. Weder liegen Zahlen zur Nutzung der Angebote vor noch können konkrete Vermittlungserfolge benannt werden.

read more..

Nadat de ervaring -in onder meer Duitsland- leerde dat effectieve grenscontroles wel degelijk werken, kondigde de regering-De Wever midden vorig jaar met veel trompetgeschal aan dat ook België controles zou invoeren om ‘illegale immigratie tegen te gaan’. “Deze zogenaamde ‘grenscontroles’, beperkt tot hooguit twee per week, vonden niet plaats aan de grens, maar in het binnenland”, zegt Vlaams Belang-Kamerlid Francesca Van Belleghem. “Met amper 12 uitzettingen op een half jaar tijd kan het dan ook gerust een formidabele flop worden genoemd.”

read more..

Le Parti Breton – Strollad Breizh s’engage sur la liste citoyenne « Langueux Demain » conduite par Valérie Traissac.

read more..

Irene Negre exigeix explicacions i mesures urgents al Govern davant l’empitjorament dels terminis de valoració

read more..

In queste settimane non si è fatto altro che parlare dell’impennata dei costi dell’energia, con effetti concreti sulla vita quotidiana: povertà energetica e di mobilità, aumento del costo della vita, nuove disuguaglianze. Una situazione che rischia di colpire duramente famiglie, imprese e servizi pubblici.

read more..

Fíggjarlógin er komin á beint, og spádda landskassahallið upp á fleiri hundrað milliónir í 2025 vísti seg at vera ein feilmeting. Ístaðin verður yvirskot á landskassaroknskapinum fyri 2025.

read more..

Avanza que o Bloque seguirá contando con quen é unha das mellores cabezas políticas, non só da organización nacionalista, senón de Galiza

Lembra que no BNG non se elixen candidatxs dixitalmente desde ningún despacho e que será a militancia da Coruña a que decida quen encabezará a candidatura nas municipais

read more..

Vergés: “Avui Catalunya paga el preu d’un mal pacte d’investidura”

read more..

Vlaamse kleuters beginnen hun schoolloopbaan met stevige fundamenten, maar botsen tegelijk op opvallende achterstanden in taal en wiskunde. Dat blijkt uit een nieuwe internationale studie die voor het eerst in kaart brengt wat vijfjarigen echt kunnen bij de start van het lager onderwijs. Ook de sociale kloof is al op vijfjarige leeftijd groot. Kinderen uit kwetsbaardere gezinnen of kinderen die thuis minder Nederlands horen, starten gemiddeld met een achterstand.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031