BNG acusa o PP de non facer nada para sacar a Fonte de Troncoso do abandono e urxe a súa rehabilitación integral
Bloque Nacionalista Galego 13-02-2026, 15:24
![]()
A deputada do BNG pola comarca de Condado-Paradanta, Cristina Fernández Davila, emprazou máis unha vez ao Goberno do PP na Xunta a actuar de maneira urxente para sacar do abandono no que se atopa a edificación da Fonte de Troncoso, no Concello de Mondariz Balneario. “Ninguén entende o tal desleixo cunha das competencias propias que ostenta”, denunciou en relación ao coidado do patrimonio cultural galego.
Fernández Davila acusou o PP de “enredar” para non “mover un dedo” na necesaria rehabilitación integral da edificación, aludindo así á proposta aprobada hai máis de sete meses por unanimidade no Parlamento na que, a iniciativa dos populares, se ligaba á declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) de Fonte de Troncoso, que se atopa nunha “situación de alto risco”, á consecución dos fondos necesarios para a reforma.
“Se vostedes tiñan tanto interese en conseguir os fondos necesarios grazas a que o ben fora BIC, terían tramitado axiña o expediente”, asegurou a deputada nacionalista, que cualificou de “verdadeira tomadura de pelo” e unha falta de respecto ao Concello de Mondariz, que iniciou a petición o 7 de xullo, a proposta presentada polo PP en xuño do ano pasado para desbotar a iniciativa rexistrada polo Bloque nese momento e para “sacar o tema do medio” intentando “desviar a atención da súa incompetencia”.
A inacción da Consellería de Cultura nestes meses confirma, segundo subliñou, que “non teñen intención de recuperar” a Fonte de Troncoso, obra do emblemático arquitecto Antonio Palacios concluída en 1910, que “como moitos outros bens culturais permanecen abandonados ao longo e ancho do País”. “Nin impulsaron o expediente BIC, como o PP propuña, nin contactaron coa Alcaldía do Concello para buscar unha solución que permita rehabilitar por fin esta edificación de xeito paralelo”, engadiu.
Insistiu, neste punto, en que “está moi ben solicitar a declaración BIC, pero mentres o que non se pode permitir é que a Fonde de Troncoso desapareza, e para iso a Xunta, dunha vez por todas, debe investir na súa rehabilitación”.
A deputada nacionalista destacou que tanto o Concello de Mondariz Balneario como a veciñanza, a través da Plataforma SOS Fonte de Troncoso, “non piden máis que o que corresponde á Xunta con respecto ao patrimonio, que é mantelo, rehabilitalo (se é o caso) e poñelo en valor para o seu uso e goce por parte das galegas e os galegos e conseguir que permaneza nun estado de perfecta saúde”.
Na quenda de réplica ao director xeral de Patrimonio da Xunta, encargado de dar resposta ao BNG, Cristina Fernández Davila lamentou que, máis unha vez, o Goberno do PP intente “pasarlle a pelota” ao Concello. “Non pode dicir que é competencia do Concello nin desde un punto de vista ético nin xurídico”, advertiu a deputada, que convidou ao alto cargo da Xunta a visitar a Fonte de Troncoso para darlle a importancia que se merece.
Diante da resposta do director xeral, a deputada nacionalista lamentou ademais que este non sexa consciente das dificultades de orzamento e organización que ten un concello con apenas 600 habitantes que, desde o primeiro momento, amosou a súa disposición a traballar coa Xunta para non “deixar caer” este ben, incluído no Plan Básico de Galiza como patrimonio cultural de interese.
Kabylia’s unilateral declaration of independence last December seeks to put on the map a people who have endured centuries of Arab Islamist pressure, yet still find no allies in today’s complex world.
read more..N-VA wil daders kindermisbruik strenger straffen. “Dé prioriteit voor de komende weken is een omgangsverbod met kinderen voor veroordeelde daders van kindermishandeling”, stelt partijvoorzitter Valerie Van Peel in een interview door Paul Cobbaert in De Zondag.
read more..ANDALUCISTAS DEFIENDE UNA EDUCACIÓN PÚBLICA FUERTE PARA GARANTIZAR IGUALDAD DE OPORTUNIDADES EN ANDALUCÍA
Christopher Rivas propone ampliar becas, reforzar la FP y proteger las universidades públicas andaluzas
read more..Le projet de candidature au Patrimoine mondial de l’UNESCO des "châteaux cathares", porté par les départements de l’Aude et de l’Ariège, soulève une indignation profonde. En centrant le dossier exclusivement sur les remaniements militaires royaux français, les porteurs du projet opèrent un véritable déni d'histoire.
read more..Ann Davies MP tables amendments to the UK Government’s Railways Bill calling for devolution of rail to Wales
read more..Rodil tacha de “indecente” que a “grande medida no medio dun conflito bélico” sexa promocionar Galiza como “refuxio turístico de tranquilidade”
O Bloque defenderá no Debate do Estado da Nación a súa alternativa a un goberno de Rueda que sofre o ‘síndrome de Monte Pío’ e non dá solucións
read more..Fàbrega assenyala que gravar aquests ajuts els treu la raó de ser i discrimina respecte d’altres casos
read more..Terwijl België miljoenen euro’s aan ontwikkelings- en humanitaire projecten financiert op de Westelijke Jordaanoever, wordt diezelfde infrastructuur zonder enige compensatie vernield door het Israëlisch leger en kolonisten. Dat blijkt uit een vraag van Kamerlid Britt Huybrechts(Vlaams Belang).Dergelijk beleid is niet alleen inefficiënt, maar ronduit onverantwoord in tijden van zware begrotingsdruk.“Het is complete waanzin dat wij met belastinggeld projecten financieren in het buitenland die vervolgens zonder enige schadeloosstelling worden vernield.”
read more..Zur aktuellen Diskussion um die Besetzung der Dezernentenstellen erklärt der Vorsitzende der SSW-Ratsfraktion Kiel, Ratsherr Marcel Schmidt:
„Die vergangene Ratsversammlung hat gezeigt, wie sehr das Verfahren zur Besetzung der offenen Dezernentenstellen die politische Kultur belastet. Noch immer stehen zwei zentrale Verwaltungsposten mit großer Bedeutung für Kiel zur Entscheidung an – in einer Phase angespannter Haushaltslage und großer struktureller Herausforderungen. Statt Vertrauen in ein transparentes und faires Auswahlverfahren zu stärken, ist der Eindruck entstanden, dass parteipolitische Erwägungen eine zu große Rolle spielen. Genau das darf bei der Besetzung von Spitzenämtern einer Stadtverwaltung nicht passieren.