BNG urxe solución inmediata e práctica para evitar os cortes recorrentes da autovía Pontevedra-Marín por inundacións
Bloque Nacionalista Galego 14-02-2026, 07:42
![]()
A senadora do BNG, Carme da Silva, vén de rexistrar iniciativas de urxencia para reclamar ao Goberno do Estado a adopción de medidas efectivas e realistas para poñer fin aos constantes cortes da autovía PO-11, que comunica Pontevedra e Marín, unha infraestrutura clave que sofre peches habituais cada vez que coinciden choivas intensas e a pleamar.
Esta situación, lonxe de ser puntual, explica a senadora nacionalista, agravouse de maneira evidente coa concatenación de borrascas e temporais que se veñen sucedendo desde o mes de xaneiro e, con especial intensidade, durante este mes de febreiro, no que os cortes da vía están a producirse practicamente a diario.
Como consecuencia das inundacións que chegan a anegar varios carrís da autovía, a Garda Civil de Tráfico vese obrigada a desviar o tráfico pola antiga estrada PO-546 e pola variante de Marín, VG-4.4, xerando importantes problemas de mobilidade e seguranza viaria, tanto nos accesos ao centro urbano de Marín como na zona de Concepción Arenal e na entrada ao barrio pontevedrés dos Praceres.
A senadora do BNG, Carme da Silva, lembra que se trata dun problema “perfectamente coñecido polo Ministerio desde hai anos” e critica a inacción do Goberno do Estado: “Non estamos diante dun feito excepcional, senón dun problema recorrente e reiterado no tempo ante o que o Ministerio de Transportes segue sen ofrecer ningunha solución práctica” afirma.
Desde o Concello de Pontevedra, recorda a senadora do BNG, levan tempo reclamando unha solución estrutural que permita resolver de maneira definitiva estas inundacións. Precisamente a raíz desta situación, o Concello de Pontevedra vén de trasladar unha queixa formal ao Ministerio de Transportes pola “manifesta pasividade” do Goberno do Estado á hora de afrontar os continuos peches da PO-11, unha circunstancia que está a causar graves problemas de mobilidade en Pontevedra, Marín, na parroquia de Lourizán e tamén no porto, onde os transportistas teñen serias dificultades para acceder ás instalacións portuarias.
Para Carme da Silva, resulta insuficiente que a única resposta do Ministerio sexa incluír este treito nun estudo de carácter estatal da Dirección Xeral de Estradas sobre riscos de inundación. “Os estudos non resolven o día a día da xente. O que se precisan son actuacións concretas e inmediatas que eviten que a autovía se converta nun punto negro cada vez que chove” subliña da Silva.
Neste sentido, o BNG demanda ao Goberno do Estado recoñecer a gravidade da situación e a súa responsabilidade nos continuos cortes da PO-11; asumir que se trata dun problema coñecido desde hai anos sen resolver; que teña en conta o impacto directo que estes peches teñen na mobilidade e na seguranza viaria de Pontevedra, Marín e Lourizán; e que actúe con urxencia ante o empeoramento derivado das sucesivas borrascas.
Así mesmo, o Bloque exixe que se fagan públicas as conclusións do estudo estatal sobre riscos de inundacións no caso concreto desta autovía e, sobre todo, que se adopten de inmediato medidas efectivas para acabar cos peches recorrentes.
“A veciñanza non pode seguir pagando coa súa seguridade e coa súa mobilidade a inacción do Goberno do Estado. É hora de pasar dos diagnósticos ás solucións” finda a senadora do BNG, Carme da Silva.
LA CONSECUCIÓN DE INCENDIOS EN EL CORAZÓN DEL PARQUE DOÑANA AMENAZA UN PATRIMONIO INCALCULABLE
El fuego está haciendo estrago en parajes como el Rincón del Membrillo, La Algaida, El Corral de Félix o Marismillas según el INFOCA
read more..Sta mane, à l’alba, i servizii di a SDAT ani arristatu militante naziunalisti in Cismonte.
Home Office reform plans strengthen the case for full devolution, says Liz Saville Roberts MP
read more..A deputada Iria Carreira denuncia o desleixo con pacientes especialmente vulnerables que requirirían unha maior protección por parte da Xunta
read more..Friends,
It’s great to be back in Glasgow this morning.
A proud city, a welcoming city, an SNP city.
We are here today to talk about Scotland’s future.
read more..CHRISTOPHER RIVAS PROPONE PRIORIZAR A EMPRESAS ANDALUZAS EN LA CONTRATACIÓN PÚBLICA
Andalucistas exige que el dinero público sirva para generar riqueza y empleo en Andalucía
read more..Jeudi 9 avril, dans le cadre prestigieux de la salle ducale de l’Hôtel de Ville d’Aoste, s’est tenue une conférence consacrée à un thème d’une actualité brûlante : Intelligence artificielle et drones. Une rencontre qui a su conjuguer réflexion, vision et enracinement territorial, en inscrivant les défis du futur dans une continuité historique profondément valdôtaine.
read more..Saleta Chao cuestionou que variacións técnicas e orzamentarias permitiron retomar un proxecto que acumula informes desfavorables de Patrimonio, ICOMOS e unha investigación da Fiscalía Europea
read more..BOZEN – Mit großem Unverständnis nimmt der Südtiroler Schützenbund die Berichte über das neue staatliche Sicherheitsdekret zur Kenntnis, wonach selbst Taschenmesser mit einer Klinge ab fünf Zentimetern und Feststellmechanismus pauschal verboten sein sollen. Was in Rom offenbar als Sicherheitspolitik verkauft wird, ist in Wahrheit ein weiterer Auswuchs zentralistischen Denkens, das Lebenswirklichkeit, Hausverstand und gewachsene Traditionen missachtet.
read more..