BNG denuncia que a Xunta "teimou en atravesar Conxo como territorio de conquista" e pídelle que "actúe con rigor" e restaure o Bosque do Banquete de Conxo

Bloque Nacionalista Galego 13-03-2026, 09:14 development, security

Saleta Chao con veciños de Conxo

Saleta Chao cuestionou que variacións técnicas e orzamentarias permitiron retomar un proxecto que acumula informes desfavorables de Patrimonio, ICOMOS e unha investigación da Fiscalía Europea.

A deputada do Bloque Nacionalista Galego Saleta Chao fixo un chamamento á Xunta para que "actúe con rigor" e visite a zona de Conxo para comprobar "in situ" o impacto das obras do eixo de mobilidade sostible entre O Milladoiro e a Estación Intermodal. A deputada nacionalista detallou o que cualificou como unha "auténtica trapallada" administrativa ao redor dun proxecto que, asegura, acumula informes técnicos desfavorables e advertencias de institucións como a Fiscalía Europea ou o ICOMOS.

Chao lembrou que o proxecto, financiado con fondos europeos, afecta a unha contorna de "inmenso valor patrimonial, cultural e paisaxístico", enmarcada polas efemérides do Banquete de Conxo (1856) e a declaración de Compostela como Patrimonio da Humanidade (1985). A deputada censurou a "falta de rigor" do goberno do PP na Xunta, preguntándose "como é posible que se asinase favorablemente en 2023 unha resolución de patrimonio" cando os informes técnicos propios da administración autonómica eran negativos.

"No seu empeño por atravesar Conxo como se fose un territorio de conquista, a Xunta levou a administración galega ao ridículo absoluto", sentenciou Chao, quen lembrou que as obras no tramo do Bosque do Banquete tiveron que ser suspendidas en maio de 2025 tras unha resolución desfavorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e un informe do ICOMOS. "A Xunta xustificou a suspensión na oposición do Concello, agochando que o motivo real era o ditame do ICOMOS e a súa propia resolución de Patrimonio", engadiu.

A deputada do BNG preguntou á Xunta sobre as modificacións técnicas que permitiron retomar as obras tras o parón. "Agora que se retoma o proxecto, queremos saber en que consistiron as variacións técnicas para que, tras unha resolución desfavorable, agora os informes sexan favorables", exixiu Chao. Así mesmo, preguntou se estas modificacións afectaron á dotación orzamentaria do proxecto e se se tiveron en conta as recomendacións do ICOMOS e a investigación da Fiscalía Europea.

Durante a súa réplica, Saleta Chao foi moi crítica coa execución actual das obras, especialmente no tramo entre a rúa de Suarribas e a ponte Pereda, unha zona que cualificou como "das máis sensibles" debido ao seu risco de inundacións recoñecido pola propia Xunta. A nacionalista mostrou imaxes da intervención para denunciar que, lonxe de "minimizar o impacto" como recomendan os informes técnicos, se está a actuar de forma agresiva na ribeira do río Sar.

Finalmente, a deputada do BNG reclamou á Xunta que, de oficio, restaure o estado orixinal do Bosque do Banquete de Conxo nos tramos onde xa se actuou antes da suspensión e que abandone a súa "fixación" por atravesar esta área protexida".

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-denuncia-que-xunta-teimou-atravesar-conxo-como-territorio-conquista-pidelle-que-actue-rigor-restaure-bosque-do-banquete-conxo/20260312195003042416.html

Related News

Desde Chunta Aragonesista queremos expresar nuestro pesar por el fallecimiento de Victoria Nicolás, Mariví Nicolás, escritora en cheso y figura querida de la cultura aragonesa y el aragonesismo. Trasladamos nuestro cariño y nuestras condolencias a su familia y amistades, a las personas vinculadas a la Val d’Echo y a quienes continúan trabajando por la lengua aragonesa.

read more..

La Région Grand Est vient de lancer une vaste campagne publicitaire pour promouvoir son action.

Au-delà du montant engagé, cette campagne pose une question simple : quelle est aujourd’hui la priorité de l’action publique ?

read more..

Els republicans registren un text on també proposen crear una marca pública de productes catalans

Esquerra Republicana porta al Parlament el rebuig al tractat de lliure comerç del Mercosur. La cambra catalana s’haurà de posicionar sobre l’acord comercial només uns dies després que la Comissió Europea decidís, divendres passat, tirar pel dret i aplicar-lo provisionalment.

read more..

Wie der Stupser zur Waffe wurde — und niemand es bemerkte

Ein Nobelpreis für die Entdeckung, dass Menschen steuerbar sind.

Man nannte es Nudging. Man meinte: Wir wissen, was gut für dich ist und wir bauen dir eine Welt, in der du gar nicht anders kannst, als es zu wollen. Kein Zwang. Keine Peitsche. Nur die Möhre und der Käfig, den niemand sieht. Wie aus einem harmlosen Gedanken die wirksamste Steuerungstechnik der Gegenwart wurde. Und warum das vierte und letzte Mittel dieser Technik nicht Geld kostet sondern das Gefühl, ein guter Mensch zu sein.

read more..

Xunto coa eurodeputada Ana Miranda, trasladará a Christophe Hansen a oposición do BNG a un tratado que prexudica ao sector agrogandeiro

read more..

ANDALUCISTAS DEFIENDE UNA EDUCACIÓN PÚBLICA FUERTE PARA GARANTIZAR IGUALDAD DE OPORTUNIDADES EN ANDALUCÍA
Christopher Rivas propone ampliar becas, reforzar la FP y proteger las universidades públicas andaluzas

read more..

In queste settimane non si è fatto altro che parlare dell’impennata dei costi dell’energia, con effetti concreti sulla vita quotidiana: povertà energetica e di mobilità, aumento del costo della vita, nuove disuguaglianze. Una situazione che rischia di colpire duramente famiglie, imprese e servizi pubblici.

read more..

Bijna de helft van alle buitenlandse investeringen in Vlaanderen gaat naar havenprojecten. Dat blijkt uit cijfers die Vlaams Parlementslid Inge Brocken opvroeg bij minister-president Matthias Diependaele. “De Vlaamse havens blijven een strategische toegangspoort voor buitenlandse investeringen, maar Vlaanderen mag die troef niet als vanzelfsprekend beschouwen”, zegt Brocken.

read more..

Een gelekt document van het Cypriotische EU-voorzitterschap onthult dat tientallen Europese wetsvoorstellen die momenteel in onderhandeling zijn bedrijven potentieel tot €45 miljard aan jaarlijkse bijkomende lasten en bijna €40 miljard aan eenmalige implementatiekosten kan opleggen. Vooral de geplande Industrial Accelerator Act(IAA) springt eruit, met alleen al voor bedrijven een geraamde jaarlijkse kost van meer dan €6 miljard. Volgens Europarlementslid Barbara Bonte(Vlaams Belang) bewijst het document dat de Europese Unie steeds verder afglijdt naar een centraal geleide planeconomie.“Brussel wil tegelijk bepalen wat geproduceerd wordt, waar geproduceerd wordt, hoe geproduceerd wordt én onder welke voorwaarden. Dat is geen vrije markt meer, maar bureaucratische planeconomie die onze industrie verstikt”, zegt Bonte.

read more..
Calendar
«September 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930