BNG defenderá no Congreso o mantemento do emprego e a viabilidade do Grupo Losán
Bloque Nacionalista Galego 13-02-2026, 23:39
![]()
Unha delegación do BNG mantén unha reunión con representantes do Comité de Empresa do Grupo Losán co obxectivo de analizar a grave situación que atravesa a compañía e coordinar actuación en defensa do emprego e da actividade industrial nas plantas de Curtis e Vilasantar. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, traslada o apoio dos nacionalistas aos traballadores e traballadoras e avanza que levará a debate e votación unha iniciativa reclamando a intervención do Goberno do Estado para garantir a continuidade da actividade industrial e os postos de traballo.
Ademais da presenza de Néstor Rego, pola parte do BNG tamén participa na reunión a deputada nacionalista no Parlamento de Galiza e responsábel comarcal, Iria Carreira, e os voceiros da formación nacionalista en Curtis e Vilasantar, Lucas Quintas e Álvaro García, así como concelleiros e concelleiras da organización e militantes da comarca.
No encontro, o BNG traslada ao persoal o seu firme compromiso en traballar para que se manteña a actividade industrial e para a continuidade dos postos de traballo. Neste sentido, o deputado nacionalista avanza que levará a debate e votación no Congreso unha iniciativa específica sobre a situación do Grupo Losán, coa finalidade de exixir ao Goberno do Estado unha implicación real e efectiva.
Néstor Rego sinala que “non é admisíbel que, despois de recibir 35 millóns de euros da SEPI a través do fondo de solvencia post-covid, ademais doutras axudas públicas e avais, a empresa estea nesta situación límite, con preto de 200 traballadores e traballadoras acumulando meses sen cobrar”. O deputado nacionalista subliña que o Congreso debe abordar esta cuestión “con transparencia e responsabilidade, para aclarar que fallou e para asegurar que os recursos públicos serven para defender o emprego e non para facilitar recortes ou despedimentos”.
O BNG considera imprescindíbel que a SEPI asuma un papel activo na supervisión dun verdadeiro plan de viabilidade, garantindo o mantemento da actividade produtiva e valorando, de ser necesario, a súa participación no capital da empresa para protexer o interese público. “Non pode haber nin pasividade institucional nin desmantelamento silencioso mentres están en xogo centos de empregos nun sector estratéxico para a economía da comarca e do conxunto da Galiza” afirma Rego.
Pola súa parte, a deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Iria Carreira, mostra o apoio do BNG ao conxunto dos traballadoras e traballadores do Grupo Losán e comprométese a manter unha comunicación fluída co comité para facer seguimento das actuacións políticas e institucionais que se desenvolvan nas vindeiras semanas.
“O que está en xogo é o futuro de centos de familias e dun proxecto industrial clave para o tecido produtivo galego. O Goberno do Estado ten que actuar con responsabilidade e en coherencia cos fondos públicos investidos. Mais tamén se deben estabelecer as canles de comunicación coa empresa, o comité e a Xunta para garantir un plan de viabilidade para manter a actividade industrial e os postos de traballo” afirma Iria Carreira.
De N-VA dient een wetsvoorstel in om vuurwerk voor particulieren te verbieden en het gebruik voortaan exclusief toe te kennen aan professionele organisatoren. Dat maakten Vlaams minister Ben Weyts en federale parlementsleden Maaike De Vreese en Lieve Truyman bekend in het ‘Far West van het vuurwerk’, het grensdorp Baarle-Hertog.
read more..El portaveu alerta que el Govern “va tard i malament” perquè és “dependent, incompetent i inestable”
read more..La senadora Laura Castel denuncia el desequilibri inversor crònic: Madrid va superar el 150% d’execució el 2024, mentre Catalunya no va arribar al 50%
read more..Via het Vlaamse adoptieplatform adopteereendier.be vonden vorig jaar 20.323 dieren een nieuwe thuis. Dat zijn er gemiddeld 55 per dag. De website, die dieren uit asielen in heel Vlaanderen bundelt, trok in 2025 bovendien voor het eerst meer dan 1 miljoen unieke bezoekers. “Wie goed heeft nagedacht en een dier in huis wil halen, kijkt best eerst op adopteereendier.be”, zegt minister van Dierenwelzijn Ben Weyts. “Daar vind je nog heel veel fantastische dieren die op zoek zijn naar een nieuwe thuis.”
read more..Ana Miranda e Iria Castro mantiveron un encontro informativo en Castroverde sobre as consecuencias negativas do tratado entre a Unión Europea e o Mercosur
read more..In occasione del 25 aprile, all’interno del percorso di “Territori in Movimento”, la scuola di politica senza poltrone, si terrà l’incontro pubblico “Liberarsi dalle fonti fossili: tutte le energie del mondo”, con Gianluca Ruggieri, Presidente della cooperativa di energia rinnovabile ènostra e divulgatore scientifico. In questi tempi di grave crisi energetica, un momento di confronto aperto alla cittadinanza sul rapporto tra energia, democrazia e autonomia.
read more..El PSC tomba la proposta per reclamar a l’Estat l’informe tècnic sobre el trasllat dels murals de Sixena, com demanava Junts
read more..Čestitamo Igoru Bezinoviću i cijeloj ekipi filma 'Fiume o morte!' na osvajanju Europske filmske nagrade za najbolji dokumentarni film.
read more..Olalla Rodil denuncia que a conselleira de Medio Ambiente mentiu ao dicir que a praza de xefe do Litoral en Lugo estabavacante: “É unha cacicada”
read more..