BNG acusa o PP de utilizar a Xunta para mercar a sinatura dunha tránsfuga na moción de censura “indecente” en Lugo
Bloque Nacionalista Galego 28-04-2026, 11:05 politics
![]()
Olalla Rodil denuncia que a conselleira de Medio Ambiente mentiu ao dicir que a praza de xefe do Litoral en Lugo estabavacante: “É unha cacicada”
A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil acusa o PP de valerse do Goberno da Xunta para mercar a sinatura dunha tránsfuga na moción de censura “indecente e absolutamente inmoral” en Lugo, utilizando os recursos das galegas e dos galegos para “mercadear” con vontades e votos. Fíxoo tras asegurar que a titular de Medio Ambiente mentiu ao asegurar que a praza de xefe do litoral en Lugo estaba vacante, cando a realidade é que segue ocupada pola mesma persoa que a propia conselleira nomeou “a dedo”.
“Nunca renunciou, nunca dimitiu e, que saibamos, nunca foi cesado”, explicou Rodil para rebater a resposta de Ángeles Vázquez tras denunciarse que a praza en cuestión fora convocada ‘ad hoc’ para a tránsfuga María Reigosa. Segundo lembrou a deputada nacionalista, a conselleira dixo textualmente que se sacou a praza en comisión de servizos argumentando que “no momento no que unha xefatura de servizo queda libre, no minuto cero, vólvese convocar a praza porque, se non, o servizo queda estancado”.
“É evidente que esta praza era o pago pola sinatura da tránsfuga para que o PP rexistrase a moción de censura en Lugo”, afirmou a viceportavoz do Bloque, cualificando a manobra de “cacicada” para comprar e tombar un goberno de esquerdas pola porta de atrás a un ano das eleccións. “O PP utilizou a Xunta de Galiza, o Goberno de todas as galegas e galegos para as súas operacións políticas”, subliñou.
É por iso que o BNG rexistrou no Parlamento unha batería de iniciativas para esixir explicacións sobre esta cuestión e para que se depuren responsabilidades: “É indecente e o Goberno de Rueda terá que dar explicacións por esta cacicada”, incidiu.
Rodil asegurou que nun sistema democrático non se pode admitir nin permitir o uso de recursos públicos para cambiar gobernos, manipular a vontade expresada pola cidadanía nas urnas e saciar as ansias de poder do PP e, máis concretamente, as da deputada e presidenta do PP de Lugo, Elena Candia. “Xa sabemos como traballa, non hai máis que lembrar como chegou a presidenta da Deputación”, salientou.
O PP, instalado nunha degradación terrible
Para Olalla Rodil, esta moción “sen escrúpulos para facerse co poder polo poder” demostra a “degradación terrible” na que está instalada o PP e que o único que hai detrás non é un proxecto de cidade senón “pactos escuros” dos populares cunha tránsfuga que entrou na corporación municipal pola morte de varias persoas, entre elas a alcaldesa Paula Alvarellos. Trátase, denunciou, dunha “traizón” ao que votaron nas urnas as veciñas e veciños de Lugo.
A deputada do BNG sinalou que non sorprende este modus operandi do PP porque “xa o fixeron antes, “sen escrúpulos”, referíndose á manobra que o PP levou a cabo en Sarria en setembro de 2025 a través da súa secretaria xeral, Paula Prado, “mercando con cartos da Xunta” a disolución de Camiña Sarria, o partido que hoxe ostenta a alcaldía, para que non se presente nas próximas eleccións municipais. “Foron mercar con cartos dos galegos e galegas a desaparición dun partido político anunciando supostos investimentos da Xunta a cambio de eliminar candidaturas. “Esa é a forma de facer política do Partido Popular”, considerou.
Un goberno que funciona
Malia todo, Rodil quixo deixar claro que “a xente de Lugo non é idiota”, tal e como expresou o pasado venres mobilizándose na defensa da democracia e do “lexítimo goberno municipal”.
A deputada nacionalista puxo en valor o traballo do BNG nunha cidade que “avanzou moito nos últimos anos cun proxecto político que puxo e pon as persoas no centro”. “É un clamor social a indignidade desta moción para cargarse un goberno que funciona. É absolutamente impresentable, indecente e inadmisible que esta moción saia adiante”, rematou.
Vergés lamenta la manca de lideratge del Govern i reclama que impulsi una rebaixa fiscal
read more..Este jueves tendrán lugar concentraciones en más de 100 poblaciones de todo el Estado para exigir un ‘candado’ para las pensiones. En Zaragoza, la concentración se celebrará a las 18:30 horas en la Plaza de España.
read more..Olalla Rodil critica a xestión chapuza do PP, que ten que autocorrixirse na Lei de Acompañamento no que atinxe á rebaixa fiscal dos libros de texto
Iniciativa do Bloque para garantir o carácter inclusivo do ensino galego e os dereitos do alumnado NEAE: “Familias e o persoal docente están ao límite”
read more..Montse Prado subliñou que os e as galegas destinan 647,14€ ao ano á sanidade privada, a segunda que máis inviste do Estado
Esixe ao PP a reversión dos concertos sanitarios con entidades privadas e o reforzo e dotación de recursos para a sanidade pública en Galiza
read more..Zu den heutigen bundesweiten Protesten der Apotheken erklärt der Vorsitzende der SSW-Landtagsfraktion, Christian Dirschauer:
Die flächendeckende Versorgung mit Medikamenten ist keine Selbstverständlichkeit mehr. Immer weniger Standorte müssen immer mehr Menschen versorgen. Das kann auf Dauer nicht funktionieren - vor allem nicht im ländlichen Raum.
Wie der Stupser zur Waffe wurde — und niemand es bemerkte
Ein Nobelpreis für die Entdeckung, dass Menschen steuerbar sind.
Man nannte es Nudging. Man meinte: Wir wissen, was gut für dich ist und wir bauen dir eine Welt, in der du gar nicht anders kannst, als es zu wollen. Kein Zwang. Keine Peitsche. Nur die Möhre und der Käfig, den niemand sieht. Wie aus einem harmlosen Gedanken die wirksamste Steuerungstechnik der Gegenwart wurde. Und warum das vierte und letzte Mittel dieser Technik nicht Geld kostet sondern das Gefühl, ein guter Mensch zu sein.
read more..El secretari general de Junts alerta que ignorar el català com a criteri d’integració en el procés de regularització d’immigrants “és marginar la llengua”
read more..Na zijn essays Over identiteit en Over woke verscheen deze week een derde essay van Bart De Wever. In Over welvaart plaatst hij het menselijke streven naarwelvaart in een breed historischperspectief. Hij schetst hoe België en Europa de wieg vormden van de industriële revolutie, en hoe daaruit de moderne sociale welvaartsstaat groeide.
read more..Com es treballa la llengua dins les entitats del tercer sector? Quin espai ocupa el català en els processos d’acollida i en l’atenció a persones migrades i refugiades?
read more..