BNG denuncia a discriminación ás explotacións en ecolóxico nas axudas da PAC por perdas causadas polo lobo

Bloque Nacionalista Galego 14-02-2026, 19:38

Secundino Fernández

O portavoz de Medio Rural do BNG no Parlamento denunciou a discriminación que sofren as explotacións galegas en ecolóxico á hora de acceder ás axudas da Política Agraria Común (PAC) para compensar as perdas causadas por determinadas especies de fauna silvestre, como é o caso do lobo, ao que a Xunta culpa de “todos os males das explotacións gandeiras”. Reclamou que se reforme a Plan Operativo da PAC (PEPAC) para que poidan optar a ditas compensacións.

“Actúan como farsantes”, expresou. “Póñense moi farrucos e inchan o peito falando do apoio das explotacións ante o lobo, a quen consideran, demagoxicamente, o maior inimigo das gandeiras e gandeiros galegos”, mentres “marxinan” e “discriminan” e “negan axudas” a unhas explotacións que “en teoría” cumpren con todos os criterios requiridos.

Fernández precisou que, na práctica, existe un artigo na convocatoria que indica que estas axudas son exclusivamente para as explotacións que soliciten axudas de fomento sostible de pastos. “É como se nas explotacións ecolóxicas de gando, que polo mero feito de ser ecolóxicas xa teñen que ser extensivas, non tivesen eses problemas de convivencia co lobo”, argumentou, preguntando a continuación ao PP “como é posible que se boicotee deste xeito unhas explotacións que debésemos promover”.

Fernández referiuse á liña de complemento a gandarías extensivas en zonas con presenza de grandes carnívoros, que prevé un máximo de 3.750 euros anuais por explotación para acusar a Xunta de Rueda de estar “impedindo que unha explotación ecolóxica de vacún ou de ovino de Viana do Bolo, da Fonsagrada, Cervantes, Pedrafita, Trives e moitas máis, que teñen a visita do lobo todos os anos, poidan compensar as perdas” ocasionadas por el.

“É un comportamento indigno dun Goberno que presume de apoiar o rural mentres abandona e engana as explotacións que mellor coidan o territorio; unha farsa e desprezo absoluto ás mulleres e homes que viven e traballan no campo”, criticou.

Burocracia absurda

O deputado nacionalista tamén cuestionou a “burocracia absurda”, anunciada xa polo Goberno galego, que supón a identificación de parcelas de máis de unha hectárea, esixíndolle á Xunta de Rueda que “asuma as súas competencias, facilite a vida aos produtores e empregue os datos do catastro para axilizar os trámites, en lugar de poñerlles máis atrancos” “Abonda de burocracia absurda que non leva a ningún sitio”, proclamou. Malia todo, o director xeral da Política Agraria Común (PAC), Juan José Cerviño, botou balóns fóra responsabilizando o goberno central da esixencia dese requisito. “Non me veña con decretos. Débese insistir en que non sexa obrigatorio como non o era nos anos pasados”, replicou.

Desvío con destino descoñecido das axudas á gandaría ecolóxica

O BNG denunciou así mesmo que o PP desvía 6,3 millóns de euros dos 8,4millóns das liñas de apoio á gandaría ecolóxica mentres deixa sen axudas a centos de produtores entre 2023 e 2025”, uns fondos que, segundo subliñou, “non foron parar ás explotacións que máis o precisan, senón que fican sen destino coñecido”. “Temos un superávit nas liñas de gandaría ecolóxica de 2,1M€ anuais. Onde van eses cartos?, desapareceron?”, preguntou. “Non estamos falando de faragullas senón dun montante moi importante para a produción ecolóxica”, recalcou para subliñar que si que existe orzamento para destinar aos danos provocados polo lobo nas explotacións en ecolóxico.

Fernández lembrou que Galicia é “totalmente deficitaria” neste tipo de produción e que o executivo do PP “non comprende o esforzo de centos de persoas que decidiron apostar por un modelo de produción sostíbel, respectuoso co medio e que xera alimentos de alta calidade”.

Segundo os datos expostos polo deputado, no ano 2022 a Xunta deixou sen axuda ao ecolóxico a 320 produtores. En 2023 a produción de leite ecolóxico diminuíu un 15%, sendo este o principal produto en ecolóxico de Galiza. Por riba, segundo o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), o valor total da produción, estancado desde 2020 en 113 millóns de euros, baixou a 111 millóns en 2024. A maiores, a superficie inscrita, que dera un salto no 2022, retrocedeu ata as 1.500 hectáreas en 2024, o que sitúa a Galiza no 7%, lonxe do 25% que fixa a UE para 2030.

“Deixen de botarlle a culpa ao Estado e actúen dunha vez. Defendan o noso sector agroecolóxico, defendan o medio e defendan o futuro do rural galego”, concluíu Fernández.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-denuncia-discriminacion-explotacions-ecoloxico-nas-axudas-da-pac-perdas-causadas-polo-lobo/20260213142138042240.html

Related News

De werkloosheidshervorming van de regering-De Wever loopt bij de eerste resultaten al grondig mis. Maar liefst 47,9 procent van de werklozen die hun uitkering verloren, klopte aan bij het OCMW voor een leefloon.“In Wallonië loopt dat op tot 55,4 procent, bijna het dubbele van die befaamde‘één derde’ die premier De Wever had voorspeld”, merkt Vlaams Belang-Kamerlid Kurt Moons op."Dit toont wat wij altijd al hebben gezegd: als je de jobcreatie en activering niet aanpakt, schuif je mensen gewoon van het ene loket naar het andere.”

read more..

In een uitgebreid gesprek bij VTM Nieuws reageerde minister van Pensioenen Jan Jambon op de commotie rond de recente pensioenhervorming. Hij verzette zich met klem tegen de bewering dat de maatregelen specifiek vrouwen zouden viseren en benadrukte de noodzaak om ons pensioensysteem voor de toekomst veilig te stellen.

read more..

La diputada Irene Negre defensa un model planificat, estable i amb visió de país

read more..

Rodil apunta ao deterioro da sanidade, ás listas da dependencia ou aos problemas de acceso á vivenda como sinais do fracaso do PP na Xunta

“Temos o presidente máis antigalego e centralista da historia, sempre servil ás ordes de Génova en contra dos intereses dos galegos e galegas”, sostén

read more..

De regering De Wever had het bij de invoering van de centenindex telkens opnieuw over‘de sterkste schouders’ die mede de verantwoordelijkheid moeten dragen om de Belgische begroting uit het slop te halen. Concreet betekent dit dat lonen boven 4.000 euro bruto en pensioenen boven 2.000 euro bruto niet meer volledig geïndexeerd worden.“We hebben steeds aangekaart dat mensen het verlies in brutoloon of brutopensioen levenslang blijven meedragen”, zegt Vlaams Belang Kamerlid Ellen Samyn.“En afgaande op een antwoord van minister van Pensioenen Jan Jambon(N-VA) blijkt nu ook dat de grens van 2.000 euro voor gepensioneerden helemaal niet gekozen werd op basis van het‘sterkste schouders’-principe.

read more..

El text garanteix la prestació de 3.200€ mensuals en els casos de més dependència, evita els copagaments i preveu que l’Estat assumeixi el 50% del cost

read more..

In de Kamer van Volksvertegenwoordigers kwam fractievoorzitter Barbara Pas de hoera-communicatie temperen over het nieuws dat de regering alle kerncentrales wil overkopen van Engie.“Dat alle ontmantelingsactiviteiten onmiddellijk worden gestopt, is uiteraard goed nieuws. Vandaag gebeurt wat voor het Vlaams Belang al tien jaar geleden had moeten gebeuren”, aldus Pas.“Het jarenlange wanbeleid, ook van de N-VA in de regering-Michel, maakt dat het de belastingbetaler nu veel meer zal kosten. Over het prijskaartje om de onnodige afbraak te herstellen, die in de miljarden kan lopen, blijft De Wever bijzonder stil.”

read more..

El diputat de Junts Toni Castellà ha expressat la seva “profunda preocupació” pel rumb de les polítiques d’universitats i recerca que està duent a terme el Govern de la Generalitat i ha advertit que “s’està posant en risc un model d’èxit construït durant més de tres dècades de consens institucional”.

read more..

Dans une tribune du Figaro cosignée avec le constitutionnaliste Benjamin Morel, l’ancien ministre de l’éducation nationale Jean-Michel Blanquer s’en prend aux écoles immersives de Corse qu’il accuse de constituer le ferment du séparatisme.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031