BNG denuncia o “abandono sanitario” de Valdeorras tras o voto en contra do PP a unha ambulancia de soporte vital avanzado

Bloque Nacionalista Galego 24-04-2026, 10:08 social

Secundino Fernández alerta de que a comarca, con 32.000 habitantes dispersos e malas comunicacións, segue sen un recurso vital mentres a Xunta define o novo concurso de transporte urxente

Secundino Fernández

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Secundino Fernández, cualificou de “inadmisible discriminación” o voto en contra do Partido Popular a unha proposición non de lei que esixía a inclusión dunha ambulancia de soporte vital avanzado para o distrito sanitario de Valdeorras no próximo concurso de transporte sanitario urxente terrestre.

Durante a súa intervención, Fernández lembrou que os populares coñecen “perfectamente” a grave situación sanitaria da comarca: “Coñecen Valdeorras, coñecen os seus problemas sanitarios, coñecen o problema coa pediatría en atención primaria. Saben que teñen 2.700 nenos e nenas sen atención pediátrica en primaria en Valdeorras. Coñecen o problema da falla de persoal facultativo en hemoloxía”, chegando a lembrar que a asociación Asilival leva máis dun ano mobilizándose para demandar un hemólogo.

O deputado nacionalista puxo o foco nas carencias do Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras –como a ausencia de incubadoras que obrigaba a desprazarse a Ourense para parir, ou mamografías que tamén esixen viaxar á capital– e na decisión da Xunta de pechar centros de saúde en fins de semana, o que “levará a toda Valdeorras a acudir ao PAC do Barco”. Tamén criticou que só haxa farmacias de garda nesta mesma vila, “o que implica que todas as mulleres e homes de Valdeorras están obrigados a ir a esa vila”.

Para poñer en contexto a necesidade da ambulancia, Fernández detallou as dimensións dun distrito que abrangue 12 concellos, preto de 32.000 persoas repartidas en 6.685 km², con densidades que van dos 155 habitantes por km² no Barco aos 2,5 de Vilariño de Conso ou 3 da Veiga. “Un distrito sanitario moi extenso e bastante despoboado, con xentes dispersas por parroquias de montaña, con malas comunicacións, por estradas sinuosas e, en moitos casos, con graves deficiencias”, engadiu.

Fernández fixo fincapé en que “nestas datas está definíndose o novo concurso de transporte urxente: cantas ambulancias, de que tipo, onde se localizarán”. Por iso, o BNG reclamou a Xunta a incluír unha base de soporte vital avanzado para Valdeorras. “Se os datos do Sergas son atinados, nos próximos meses sairá este concurso. É o momento de incluír esta ambulancia. Espero que apoien esta iniciativa para solucionar esta discriminación”, concluíu.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-denuncia-abandono-sanitario-valdeorras-voto-do-pp-ambulancia-soporte-vital-avanzado/20260423145638042663.html

Related News

Vandaag werd een resolutie goedgekeurd in de Kamercommissie Defensie die de defensiesamenwerking tussen België, Nederland en Luxemburg aanzienlijk wil versterken. Met dit initiatief stuurt ons land een krachtig signaal voor intensievere Benelux-samenwerking, als voortrekkersgroep binnen de EU en de NAVO.

read more..

ANDALUCISTAS REIVINDICA EN EL LUNES DEL PESCAÍTO UN PLAN ESTRATÉGICO PARA RESCATAR Y MODERNIZAR EL SECTOR PESQUERO ANDALUZ
La coalición propone una inversión de 200 millones anuales para impulsar la sostenibilidad, la innovación y el empleo en la pesca y sectores vinculados

read more..

Wir haben es in der Vergangenheit immer wieder hinbekommen, den Betrieb von Theatern abzusichern oder neu aufzustellen. Und uns als SSW ist sehr daran gelegen, dass uns das wieder gelingt.“

Jette Waldinger-Thiering zu TOP 24 - Theaterland Schleswig-Holstein – Fortschreibung des Konzeptes zur Sicherung der öffentlichen Theater (Drs. 20/4287, 20/4443)

read more..

Vanaf 1 juli is het niet langer mogelijk op de trein een vervoersbewijs kopen. Wie toch zonder een ticket opstapt, zal een boete van 90 euro opgelegd krijgen.“Volgens de NMBS moet de maatregel zwartrijden en agressie tegen de treinbegeleiders tegengaan”, zegt voorzitter van de Kamercommissie Mobiliteit Frank Troosters(Vlaams Belang).“Het is lang niet zeker dat die doelstellingen bereikt zullen worden. Maar wat wel al zeker is, is dat deze plannen vooral kwetsbare en oudere reizigers zullen treffen.”

read more..

Naar aanleiding van de Week van Duaal Leren(9-13 februari 2026) ondervroeg Vlaams Parlementslid Kristof Slagmulder(Vlaams Belang) minister van Onderwijs Zuhal Demir(N-VA) over de concrete inspanningen en resultaten van deze campagne. Uit het antwoord blijkt dat de Vlaamse overheid inzet op promotie en ondersteuning, maar dat de impact voorlopig beperkt blijft. Zo steeg het aantal geregistreerde initiatieven wel van 27 naar 70, maar blijft de zichtbaarheid van duaal leren bijzonder beperkt.“Duaal leren is cruciaal voor onze arbeidsmarkt en voor jongeren met praktische talenten, maar krijgt nog altijd niet de plaats die het verdient”, zegt Slagmulder.

read more..

Vlaams Belang-voorzitter Tom Van Grieken hekelt het uitblijven van maatregelen tegen de stijgende brandstofprijzen door de regering-De Wever. Terwijl tal van EU-landen al tijdelijke ingrepen deden, onderneemt het federale kernkabinet geen actie."Italië, Hongarije, Kroatië, Portugal, Oostenrijk, Griekenland, Frankrijk, Duitsland, … Al deze EU-landen hebben inmiddels tal van tijdelijke maatregelen genomen om de prijzen aan de pomp niet volledig te laten exploderen”, stelt Van Grieken.“En wat doet de regering-De Wever? Momenteel niets.”

read more..

Néstor Rego Candamil reclama ao Goberno a cobertura das prazas vacantes e a ampliación do cadro de persoal, así como eliminar a cita previa obrigatoria

O BNG defende garantir unha atención áxil, digna e de calidade en todas as oficinas da Seguranza Social na Galiza e atender especialmente a situación na Coruña

read more..

The Universal Declaration of Linguistic Rights, proclaimed in Barcelona in 1996, remains a landmark in the defence of linguistic diversity. Yet the profound social, technological and political transformations of recent decades make clear the need to update it to meet the challenges of the 21st century.

read more..

Välkommen till Ålands Framtids årsmöte torsdagen den 19 mars kl. 19 i Folkhälsans Allaktivitetshus (Café Vreten).

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031