BNG logra un acordo no Parlamento para realizar os estudos que garantan a recuperación e posta en valor do Alto dos Cubos
Bloque Nacionalista Galego 30-05-2026, 16:02 heritage
Brais Ruanova reclamoulle á Xunta que asuma as súas responsabilidades e protexa este patrimonio fronte ao abandono ao que o ten sometido
![]()
O deputado do BNG, Brais Ruanova acadou un acordo no Parlamento para realizar os estudos que sexan precisos para garantir a recuperación e posta en valor do Alto dos Cubos, enterrado no 98% da súa totalidade. Esixiulle á Xunta de Rueda que asuma a súa responsabilidade e adopte medidas urxentes para protexer e conservar este xacemento arqueolóxico clave para coñecer a nosa historia e a de Tui.
Afirmou que a Xunta pode actuar subsidariamente e despois “pasarlle factura a quen sexa” porque “é o máximo responsable para protexer e poñer en valor o noso patrimonio”, recalcou.
Despois de escoitar os argumentos do PP, Ruanova replicoulle que “está moi ben que digan que o goberno sinaliza e ten un diálogo constante, pero a realidade é que –a Xunta– non moveu un dedo nin un papel para protexer efectivamente este espazo”, afirmou. Recordoulle neste punto aos populares que o espazo ten os muros das vivendas caendo, ao igual co os da muralla, que non conta cun contexto histórico ou etnográfico que o ligue co resto de castros que hai na beira do Miño nin ao espazo que o está ocupando, e polo tanto “non é un labor de protección efectiva”, advertiu.
O deputado nacionalista pediu coherencia no voto, recordándolle que en Tui, o PP votou a favor de conservar e protexer o castro. “ Se vostedes aquí queren votar en contra e desacreditar ao Partido Popular no Concello de Tui, poden facelo, pero a mensaxe que lle están lanzando ao conxunto da veciñanza é que non lles importa nada o que pasa”, manifestou, engadindo que botou de menos que estivese na Comisión o deputado do PP de Tui.
Finalmente, o PP votou a favor da iniciativa do BNG.
Na súa exposición de motivos, Ruanova defendeu que o castro do Alto dos Cubos “non é un montículo de pedras esquecido, é un testemuño vivo da nosa prehistoria, da nosa cultura castrexa, da nosa identidade como pobo. Non podemos esperara a que unha raíz máis, unha tormenta ou o paso do tempo o derrube”, advertiu.
O deputado nacionalista amosou varias fotografías que constatan o estado actual deste ben patrimonial, coñecido tamén como Cabeza de Francos, nas que só se podía aprezar o 2% do castro. Denunciou que , desde a última campaña de consolidación en 1997, non houbo ningún traballo sistemático de mantemento e que as ameazas sobre o xacemento se multiplicaron: cuberta arbórea con piñeiros e acacias invasoras que desestabilizan os muros, unha pista forestal aberta nos anos oitenta que arrasou estruturas no antecastro, ou espolio continuado por particulares con detectores de metais.
Alertou así mesmo que unha soa tormenta ou a caída dunha árbore podería arrastrar seccións enteiras da muralla ou das vivendas xa exhumadas.
É por iso que a iniciativa do BNG pedía a retirada urxente e técnica da vexetación arbórea de todo o conxunto, baixo asesoramento arqueolóxico e coas autorizacións de Patrimonio. Tamén, a consolidación inmediata das tres vivendas exhumadas e do tramo de muralla da coroa, a instalación de sinalización in situ con paneis informativos e códigos QR, e adaptación da Casa Forestal do parque natural como centro de interpretación.
Así mesmo, o Bloque reclamaba o inicio de campañas de escavación sistemáticas en colaboración coa Universidade e con financiamento da Xunta, Deputación, Concelle e entidade Local Menor.
Por último, os nacionalistas pedían tamén a exploración de fórmulas de micromecenado e participación cidadá e o inicio dos trámites para a declaración do xacemento do Ben de Interese Cultural (BIC), como máxima protección xurídica da lexislación galega que garantiría recursos estables e plans de conservación a longo prazo.
“De bouwsector heeft nood aan eenvoud, niet aan nóg meer administratie.” Met die woorden reageert Vlaams Parlementslid Andy Pieters op de beslissing van de Vlaamse Regering om het wettelijk kader rond het M-peil voorlopig te schrappen.
read more..BOZEN – Der Südtiroler Schützenbund zeigt sich verwundert über die vom Land Südtirol genehmigte Finanzierung neuer Infrastrukturen für die Drei-Zinnen-Hütte (Sepp-Innerkofler-Hütte) in Höhe von knapp vier Millionen Euro Steuergeld.
Wie aus einem Bericht der Tageszeitung Dolomiten vom 7. Jänner 2026 hervorgeht, sollen Abwasserleitungen, Stromversorgung und Glasfaseranbindung über eine rund 4,8 Kilometer lange Trasse realisiert werden.
read more..“Goede zorg begint bij correcte informatie. Zonder dat blijven zowel patiënten als huisartsen in de kou staan.” Vlaams Parlementslid Koen Dillen wil gegevens van onder meer de organisatie van wachtdiensten benutten om sneller huisartsarme regio’s te detecteren.
read more..Les premiers Statuts répondaient avant tout à une exigence fondamentale : assurer la reconnaissance juridique du Mouvement et garantir la survie culturelle d’un peuple.
Pour un mouvement autonomiste, les Statuts ne sont jamais un simple ensemble de règles. Ils constituent souvent un texte presque « sacré », qui rappelle les racines, fixe les principes fondateurs et inscrit dans le marbre les raisons mêmes pour lesquelles le Mouvement a été créé. Actualiser les Statuts signifie donc accomplir un acte de responsabilité : discerner ce qui, dans cet héritage, demeure immuable, et ce qui doit être adapté aux exigences du XXIᵉ siècle.
More and more influential people are speaking out about the state of our water companies — from pollution to leaks to dividends and sky‑high bills. It’s no surprise, given how badly these services have been managed.
read more..El portaveu d’Esquerra al Congrés va denunciar la negativa dels postconvergents, votant amb PP i Vox, en bloquejar a una mesura que permetia prorrogar el contracte de lloguer a prop de 3 milions de persones
read more..At today’s meeting at Cornwall Council, Cllr Dick Cole seconded a motion, which challenged the failure of the UK Government to allocate funding to Cornwall through their “Pride in Place” programme. The motion was proposed by Lib Dem councillor Ruth Gripper and received near-unanimous support across the Council.
read more..Vlaams minister van Media Cieltje Van Achter vraagt aan Meta om de Europese regels rond verslavende algoritmes ook in Vlaanderen toe te passen. In een brief eist ze dat Vlaamse gebruikers dezelfde instellingen krijgen als Nederlandse gebruikers op Facebook en Instagram.
read more..Kamerlid Eva Demesmaeker verdedigde in De Ochtend op Radio 1 de voorgestelde pensioenhervormingen van minister Jan Jambon. Demesmaeker benadrukte dat de hervorming noodzakelijk is voor de betaalbaarheid van het systeem en dat er wel degelijk rekening is gehouden met de realiteit van werkende vrouwen.
read more..