BNG critica unha “UE armada ate os dentes” na Asamblea da ALE

Bloque Nacionalista Galego 7-06-2026, 08:24 politics, international

Ana Miranda e Montse Prado participan na Asamblea da ALE en Gandía, centrada na paz, no multilateralismo e na construción da Europa dos pobos

Montse Prado e Ana Miranda

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e a deputada no parlamento galego, Montse Prado, participan na Asamblea Xeral da Alianza Libre Europea (ALE) que se está a desenvolver en Gandía (Valencia), con Compromís como forza anfitriona e baixo o lema de “Unidos pola Paz”.

As representantes do BNG integran a delegación internacional do BNG nunha Asamblea xeral que inclúe 39 partidos políticos e minorías de distintos pobos de Europa e cuxo obxectivo é realizar unha chamada á paz nun contexto mundial de cambio de paradigma, de incentivación do belicismo ,de carreira armamentística, de inxerencias na soberanía dos pobos e de loita e control anti democrático dos recursos xeoestratéxicos.

Ana Miranda intervindo na ALE

Recuperar o multilateralismo e a convivencia pacifica dos pobos

Neste foro analízase a situación mundial poñendo de manifesto que está en perigo o multilateralismo, a convivencia pacífica dos pobos, a soberanía e a propia democracia ante as constantes ameazas de invasión e da militarización das sociedades. Reivindícase a Europa dos pobos como a mellor vía para combater este contexto e combater unha UE “armada ate os dentes que esqueceu o seu papel social e está entregada á OTAN e a EE.UU”.

Un BNG imparábel e un espello para outras forzas políticas

Asemade, Ana Miranda participou nun acto organizado por Compromis no que explicou o ascenso do BNG, que “está a ser a forza que máis avanza na Galiza, un referente para moitas organizacións da ALE, subliñando que “o traballlo, a constancia, a militancia, unha organización que medra e o contacto permanente coa rúa, cos problemas dos galegos e das galegas, fan do BNG unha forza imparábel”.

Non esqueceron as representantes do BNG a dor do pobo valenciano, transmitindo a solidariedade e a empatía do BNG coas persoas afectadas pola Dana e coas xustas demandas e reclamacións do profesorados que leva semanas de folga indefinida ante os ataques do PP á escola pública, condenando a brutalidade policial con quen está a manifestarse pacíficamente nas rúas para ter un ensino público de calidade. Neste sentido, Montse Prado deixou claro que “no BNG coñecemos perfectamente as consecuencias dun Goberno do PP, como o que tedes no País Valenciá. É sempre o mesmo guión: reducción e desmantelamento dos servizos públicos para servir aos intereses das empresas afíns e apostar pola privatización”.

Fechou este acto organizado por Compromís, o candidato á presidencia do Goberno valenciano, Joan Baldoví, quen está liderando as enquistas para a presidencia e animou, xunto ao BNG, “a botar o PP porque os nosos pobos merecen máis”.

Esta tarde celébrase un debate sobre as amenazas da ultra dereita en Europa, moderado por Ana Miranda e no que intervirán voces de Córcega, Flanders, Gales, entre outras, para falar do avance do neofascismo en Europa e no mundo e os ataques á democracia, os dereitos humanos e as liberdades.

“ A Europa dos Pobos que representamos nós é antifascista, solidaria, feminista. Nada que ver coa Europa actual, a Europa fortaleza que representan estas forzas de estrema dereita. Cómpre a unidade das forzas soberanistas, como o BNG, para combater ás organizacións xenófobas, antifeministas, racistas e que desprezan a soberanía dos pobos, que desprezan ás nosas línguas, a diversidade cultural e as diferentes identidades. Hai que frealos e paralos para que non ocupen espazos políticos e quiten dereitos ás clases populares” afirmou a coordinadora de Relacións Internacionais da Executiva do BNG Ana Miranda, na presentación do acto.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-critica-ue-armada-ate-dentes-asamblea-da-ale/20260606153513042948.html

Related News

Junts alerta que el tripartit ha fet perdre tres mesos al país perquè els pressupostos d’avui són els mateixos que el Govern va registrar al febrer


read more..

ANDALUCISTAS CONCURRIRÁ A LAS ELECCIONES COMO “ANDALUCISTAS – PUEBLO ANDALUZ”, LA ÚNICA COALICIÓN DE OBEDIENCIA EXCLUSIVA A ANDALUCÍA PRESENTE EN LAS OCHO PROVINCIAS
La coalición reivindica un andalucismo útil, con presencia municipal y capacidad real para defender los intereses de Andalucía sin tutelas ni dependencias externas

read more..

Nordsee-Gipfel gibt in Energiefragen wichtiges Signal in stürmischen Zeiten – Bundesministerin Reiche muss jetzt nachsteuern

Anlässlich der Beschlüsse des gestrigen Nordsee-Gipfels in Hamburg begrüßt der SSW-Bundestagsabgeordnete Stefan Seidler die Einigung der Nordsee-Anrainerstaaten auf einen gemeinsamen Investitionspakt für Offshore-Windenergie ausdrücklich. Ziel der Vereinbarung ist es, die Offshore-Erzeugung bis 2050 nahezu zu verzehnfachen und die Stromnetze grenzüberschreitend zu einem europäischen Energie-Hub mit bis zu 100 Gigawatt Leistung zu verknüpfen.

read more..

Vlaams Parlementslid Frédéric Erens(Vlaams Belang) heeft donderdag in de Commissie Mobiliteit en Openbare Werken van het Vlaams Parlement bezwaar aangetekend tegen het ontwerp van decreet dat een CO₂-heffing invoert voor vrachtwagens."Dit gaat niet om het klimaat, dit is een ordinaire belastingverhoging die onze transportsector kapotmaakt en de Vlaamse consument recht in de portemonnee raakt", aldus Erens.

read more..

Iago Tabarés revelou que os tribunais de instancia funcionan sen o programa Atenea, con expedientes amoreados e traballadoras realizando tarefas que non lles corresponden por lei

read more..

Article by Cllr Dick Cole published in the Cornish Guardian (4th February 2026) and West Briton newspapers (5th February 2026)

read more..

Néstor Rego insiste en que a N-540 non pode continuar nun estado de abandono que compromete a seguranza viaria e reclama contar con infraestruturas dignas e en condicións axeitadas

read more..

Justitie zal naar schatting dit jaar 5,8 miljoen euro aan verwijlinteresten betalen omwille van laattijdig betaalde facturen. Onder meer de gevangenissen zullen daardoor minder werkingsbudget krijgen.“Dit zijn miljoenen die gewoon de vuilbak worden ingegooid omdat Justitie er niet in slaagt facturen tijdig te betalen”, zegt Kamerlid Alexander Van Hoecke(Vlaams Belang) die de cijfers opvroeg.

read more..

Els republicans registren unes preguntes i volen que les conselleres d’Interior i Educació compareguin al Parlament

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031