BNG denuncia a situación de “caos” pola improvisación do PP na implantación da oficinal xudicial

Bloque Nacionalista Galego 12-02-2026, 12:49

Iago Tabarés

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Iago Tabarés, alertou durante a sesión plenaria da "situación de caos" que se vive nos tribunais de instancia dos sete grandes partidos xudiciais de Galiza, especialmente no de Ourense, convertido "unha vez máis" en "experimento" da Xunta. Tabarés denunciou a "falta de planificación e improvisación" do Goberno do PP na posta en marcha da oficina xudicial, cando apenas transcorreu un mes desde a súa implantación nas sete cidades.

"Falamos coa avogacía, falamos coa procura, falamos cos corpos de auxilio, de tramitación e de xestión, falamos cos distintos sindicatos e créame, todas, todas absolutamente empregaron a palabra caos", afirmou o deputado nacionalista, quen reclamou ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes: "Tome a xustiza en serio, dialoguen, planifiquen, tome medidas urxentes". Tabarés subliñou que a situación é "caótica" e puxo como exemplo que aínda non está en funcionamento o programa de xestión Atenea, "nin en castelán nin en galego, malia que se comprometeron".

Durante a súa intervención, o deputado do BNG detallou as múltiples deficiencias detectadas: "Fallan o acceso dos traballadores ás aplicacións que lle permiten traballar, que lle permiten entrar nos expedientes; expedientes amoreados, en moitos casos non se poden localizar; cambios de localización de postos de traballo, cinco veces en sete días; colapso no rexistro, está pendente de rexistrar actuacións, demandas, por exemplo, de novembro". Tabarés chegou a denunciar que "algún compañeiro atopou a firmeza nunha resolución que estaba recorrida, pero que ocorre que non se deu nin sequera rexistro a esa apelación".

O nacionalista fixo especial fincapé na situación das funcionarias e funcionarios, "perdidos nos seus postos e nas súas funcións", e denunciou que están a realizar tarefas que non lles corresponden por lei. "Pilas de expedientes amoreadas no chan, problemas de repartición do traballo con cambios de normas varias veces no mesmo día, falla de coordinación, problemas de todo tipo". Tabarés mostrou no hemiciclo fotografías que ilustraban estas deficiencias.

Finalmente, o deputado do BNG exixiu ao goberno do PP que asuma as súas responsabilidades e deixe de converter Ourense nun campo de probas. "A Lei Orgánica 1/2025 deulle un prazo de practicamente un ano para planificar esta transición e vostedes actuaron cunha inusitada premura, sen información individualizada, sen protocolos específicos para servizos chave como gardas ou violencia de xénero. O resultado é que temos máis de 4.000 asuntos en tramitación e case 9.000 pendentes de execución, e esta desorganización só vai agravar o atasco xudicial. Isto non é serio, señor conselleiro, e a xustiza non pode permitirse estes experimentos", concluíu.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-denuncia-situacion-caos-pola-improvisacion-do-pp-implantacion-da-oficinal-xudicial/20260211141501042224.html

Related News

ANDALUCÍA POR SÍ – ANDALUCISTAS PARTICIPARÁ DEL ENCUENTRO SEVILLA A DEBATE EL PRÓXIMO SÁBADO

Esta cita abierta a todos los vecinos analizará la situación de la ciudad de Sevilla y tendrá lugar a las 10:30 horas en el Palacio de los Marqueses de la Algaba (plaza Calderón de la Barca, detrás del mercado de la calle Feria)

read more..

CHRISTOPHER RIVAS PROPONE PRIORIZAR A EMPRESAS ANDALUZAS EN LA CONTRATACIÓN PÚBLICA
Andalucistas exige que el dinero público sirva para generar riqueza y empleo en Andalucía

read more..

El partit menorquinista considera que durant 10 anys s’ha menyspreat la ciutadania menorquina amb l’intent d’implantar una torre virtual mentre s’agreujava la precarietat de la torre actual

read more..

De Kamer heeft vandaag het wetsontwerp goedgekeurd dat de 6 Brusselse politiezones samenvoegt tot één geïntegreerde politiezone. Volgens Kamerlid Maaike De Vreese gaat het om een hervorming die al jaren nodig was: “Met één geïntegreerde politiezone komt er eindelijk meer eenheid van commando, snellere samenwerking en meer slagkracht op het terrein.”

read more..

A senadora do BNG denuncia a inacción do Goberno do Estado ante un problema que afecta á mobilidade e á seguranza viaria entre Pontevedra e Marín

Carme da Silva exixe medidas inmediatas e unha solución estrutural ante o problema reiterado da PO-11

read more..

De hoorzittingen in de commissie Sociale Zaken over de langdurig zieken hebben volgens Kamerlid Frieda Gijbels één zaak pijnlijk duidelijk gemaakt: het huidige systeem is ziek.

read more..

Martíns, Lipphardt e Minranda (contra a mina de Doade)

A eurodeputada galega reclama transparencia e aceso público á información relacionada coas decisións sobre explotación de recursos naturais e conservación ambiental

read more..

Para Laura Climente, portavoz municipal de CHA, “es fundamental que no se dilaten en el tiempo las actuaciones en el viaducto, por lo que también hemos solicitado información sobre las medidas concretas y el cronograma para ejecutarlas».

read more..
Calendar
«September 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930