BNG logra un acordo sobre a transferencia da AP-9 para completar a tramitación da lei
Bloque Nacionalista Galego 26-05-2026, 10:56 development, legislation
![]()
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, desvendou esta mañá que o BNG conseguiu chegar a un principio de acordo co grupo socialista para tramitar definitivamente a lei de transferencia a Galiza da AP-9.
Explicou que se fará por medio dunha emenda transaccional que respecta fundamentalmente as propostas do parlamento da Galiza. “Implica a transferencia da titularidade da AP-9 á Administración galega e tamén a salvagarda de que o Estado asume todas as consecuencias, mesmo económicas, das decisións que ten adoptado en relación á autoestrada do Atlántico para salvagardar, por exemplo, unha hipotética finalización da concesión como consecuencia do expediente aberto pola Comisión Europea pola irregularidade das prórrogas realizadas”.
Cumprir a vontade unánime do parlamento e da sociedade galega. Un paso importante
Deste xeito, BNG pon fin ao bloqueo á tramitación da lei de transferencia da AP-9 do parlamento galego para que se cumpra a vontade unánime da Cámara e da sociedade galega.
Para o BNG este é un paso moi importante que implica que se transfire a titularidade, que se transfiren todas as competencias e que se concretará nunha Comisión Mixta Goberno-Xunta da Galiza e a posterior publicación dun real decreto como é habitual en calquera proceso sobre traspaso de titularidade ou de competencias.
Seguinte obxectivo: acabar coa concesión e unha AP-9 libre de peaxes.
BNG considera este un momento fundamental porque é a concreción dunha reivindicación histórica que a AP-9 pase a ser competencia do noso pais. Mais en todo caso “queremos deixar claro que seguiremos a traballar porque a AP-9 sexa unha autoestrada libre de peaxe, que se poña fin á súa concesión. Ademais, está claro que a prórroga realizada polo PP de Aznar foi irregular e polo tanto mantemos o obxectivo dunha AP-9 galega e libre de peaxe para acabar coa discriminación e coa inxustiza que representa que os galegos e galegas e empresas ubicadas no noso pais teñan que seguir a pagar as tarifas da AP-9, aínda que neste momento sexa coas bonificacións que conseguiu BNG”.
Rego enfatizou que “unha AP-9 galega e libre de peaxe continúa a ser o noso obxectivo porque para BNG todo aquelo que beneficie o avance do noso pais sempre estará en primeiro lugar. Mais unha vez demostramos que co BNG Galiza gaña. Hoxe a cuestión é que imos conseguir esta mesma semana avanzar na ponencia na lei de transferencia da AP9 e posteriormente na comisión para a súa aprobación definitiva”.
De Europese Unie heeft een akkoord bereikt over de uitvoering van het handelsakkoord met de Verenigde Staten. De deal, die vorige zomer officieel werd bekrachtigd, voorziet in een algemeen invoertarief van 15% op Europese producten. Tegelijk komt er een nultarief voor een reeks industriële en landbouwproducten uit de VS.
read more..Liga socijaldemokrata Vojvodine – VOJVOĐANI zahteva hitno formiranje ekspertske Vlade Srbije, u kojoj neće biti članova političkih partija.
read more..Néstor Rego reclama ao Goberno do Estado implicación activa para garantir que o proxecto do Museo da Romanización da Galiza se faga realidade
“Un proxecto estratéxico para Lugo e o conxunto da Galiza que permitirá divulgar e preservar un legado fundamental da nosa historia” afirma Rego
read more..Néstor Rego Candamil reclama ao Goberno a cobertura das prazas vacantes e a ampliación do cadro de persoal, así como eliminar a cita previa obrigatoria
O BNG defende garantir unha atención áxil, digna e de calidade en todas as oficinas da Seguranza Social na Galiza e atender especialmente a situación na Coruña
read more..La Junta Electoral ha fet públics aquest dimecres 22 d’abril els resultats definitiusde les eleccions al Secretariat Nacional de l’Assemblea. Els resultats s’han proclamat passat el termini que la Junta Electoral ha disposat per resoldre possibles al·legacions.
read more..ZRENJANIN / NOVI SAD – Aktuelna vlast predvođena Srpskom naprednom strankom oduvek je koristila strah kao metod za ostanak na vlasti, ali nikada u ovoj meri. Sada su taj strah preusmerili na svoje pristalice, birače, članove partije jer je to jedino što im je ostalo, izjavio je član Predsedništva Lige socijaldemokrata Vojvodine – VOJVOĐANI Aleksandar Olenik. On je gostujući na zrenjaninskoj televiziji KTV istakao da su u tu svrhu pominjani i lojalisti.
read more..“Amb qui et deu diners no crees una empresa”, afirma la portaveu de Junts al Congrés
read more..![]()
Carme da Silva Méndez, após un ano de traballo denunciando a neglixencia ocorrida na presa de Chás, evidencia a urxencia de reforzar a regulación e garantir a auga
O BNG defenderá ampliar o control dos organismos de bacía a encoros de menos de 50hm3 co obxectivo de evitar baleirados incontrolados en situacións críticas
read more..