BNG acusa o PP de coaccionar o persoal médico e esixe retirar de inmediato a campaña de criminalización do dereito ás baixas

Bloque Nacionalista Galego 26-05-2026, 09:23 social

Олалла Родил

A viceportavoz do BNG no Parlamento, Olalla Rodil, acusou o PP de “coaccionar” o persoal médico do Sergas ligando o plus de produtividade á tramitación das baixas laborais segundo tempos preestablecidos. “O PP trata as traballadoras e traballadores como se fosen vagos e maleantes e o persoal sanitario como se fosen defraudadores que van dando baixas como quen reparte caramelos á porta dunha escola”, subliñou.

Rodil reclamou o PP que retire a proposta feita e cese “a campaña de criminalización e persecución” do dereito á baixa laboral na que se enmarca. “O PP conseguiu algo complexo e case inédito, que é poñer de acordo a todo o mundo, a entidades e organizacións que mesmo representan intereses en moitos casos contrapostos”, subliñou a deputada, aludindo así ao “contundente” rexeitamento á medida tanto por parte dos colexios médicos como dos sindicatos, “que mesmo cualifican de mercadeo coa saúde da cidadanía esta campaña do PP”.

Unha campaña que o PP emprendeu utilizando datos que non se corresponden coa realidade. “Menten a mantenta intentando facerlle crer á xente que hai traballadoras e traballadores rascando a barriga na casa cando en realidade son persoas que están enfermas”, denunciou.

A deputada do BNG remarcou que é “absolutamente falso” que no País exista un problema coas baixas laborais e, de feito, os datos oficiais da Airef indican que Galiza é a segunda das CCAA con menos baixas laborais en relación ao total de persoas afiliadas (27,27 por mil”, cunha incidencia “moi lonxe” da media do Estado (36,8 por mil).

Ademais, subliñou, a metade das baixas non chega a quince días de duración e as que máis aumentan desde 2017, sempre segundo as cifras da Airef, son as de menos de 3 xornadas, que non xeran dereito a prestación.

A viceportavoz parlamentaria do BNG acusou o PP de lanzar este “ataque” contra os e as traballadoras para recortar dereitos e beneficiar os intereses da patronal e tamén “para desviar a atención dos problemas reais do País, como son as listas de espera e o desmantelamento da sanidade pública que é consecuencia directa das políticas do PP en Galiza, que só na Atención Primaria recortou máis de 1.600 millóns de euros dese o ano 2009”.

Tras explicar que a propia Airef sitúa o incremento das baixas nas listas de espera por unha cita médica ou unha proba diagnóstica, Rodil recriminou ao Goberno de Rueda que a súa proposta sexa atacar a clase traballadora e o persoal médico e non propoñer melloras nas condicións laborais das empresas, reducir a xornada laboral, baixar a idade de xubilación ou aumentar o número de facultativos e facultativas nos centros de saúde e nos hospitais.

“Onde queda o dereito á saúde para o PP?”, preguntouse Rodil, que concluíu recomendándolle ao PP que “se quere facer algo dote de máis persoal e máis recursos á sanidade pública galega”.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-acusa-pp-coaccionar-persoal-medico-esixe-retirar-inmediato-campana-criminalizacion-do-dereito-baixas/20260525132404042865.html

Related News

Tijdens de Ronde van Vlaanderen zetten de Vlaams Belang Jongeren (VBJ) naar jaarlijkse gewoonte de Oude Kwaremont in Vlaamse kleuren. De iconische helling kleurde volop geel en zwart terwijl het peloton passeerde. De actie trok de aandacht van duizenden supporters. "Wij laten deze gelegenheid niet onbenut om onze Vlaamse trots in de kijker te zetten", aldus VBJ-voorzitter Mercina Claesen.

read more..

Junts alerta del greu deteriorament del mercat de treball a Catalunya i exigeix al conseller Sàmper un pla d’actuació urgent

read more..

Ana Pontón

Xa existe un gran pacto polo idioma, destaca, o Plan de Normalización Lingüística que establece un 50% de ensino en lingua galega

“De que imposición fala? Sen igualdade non hai liberdade, pero onde está o 50% do galego?”, interpela

read more..

Het aanhoudende personeelstekort in de Belgische gevangenissen heeft steeds zwaardere operationele gevolgen. Maar liefst 1 op de 5 gevangenismedewerkers zat in 2025 langer dan één maand ziek thuis, zo blijkt uit een parlementaire vraag van Kamerlid Sophie De Wit.

read more..

Zonet floten we in Ukkel de directie van de Europaziekenhuizen alvast een geweten.

Niet omdat we via ons meldpunt www.taalklachten.be meer klachten over dit ziekenhuis ontvingen dan over andere klinieken. Wel omdat de ziekenhuizengroep van de Europaziekenhuizen bewust een procedure bij de Raad van State heeft aangespannen die eerder deze week heeft geleid tot de vernietiging van de 12-minutenregel. Daarom moesten moeten we helaas opnieuw klaar en duidelijk stellen: zorg in het Nederlands is een fundamenteel recht, geen gunst.

read more..

Ancienne députée européenne, aujourd’hui cuisinière dans un lycée en Bretagne, j’annonce ma candidature à la primaire de la gauche en vue de l’élection présidentielle.

read more..

BOZEN – Mit großem Unverständnis nimmt der Südtiroler Schützenbund die Berichte über das neue staatliche Sicherheitsdekret zur Kenntnis, wonach selbst Taschenmesser mit einer Klinge ab fünf Zentimetern und Feststellmechanismus pauschal verboten sein sollen. Was in Rom offenbar als Sicherheitspolitik verkauft wird, ist in Wahrheit ein weiterer Auswuchs zentralistischen Denkens, das Lebenswirklichkeit, Hausverstand und gewachsene Traditionen missachtet.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031