Pontón acusa a Rueda de cinismo lingüístico: “Leva 17 anos traballando en contra do galego que está nunha situación crítica”

Bloque Nacionalista Galego 21-05-2026, 18:19 language, legislation

Ana Pontón

A portavoz nacional, Ana Pontón, acusou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de “cinismo lingüístico” por dicir unha cousa e practicar xusto a contraria co galego, dado que “leva 17 anos traballando en contra da lingua”, que está nunha situación crítica.

E así o evidencian os datos, alegou Pontón nunha sesión de control na que advertiu que o galego é a única lingua do Estado que perde falantes e que perde competencias lingüísticas.

“O seu decreto da vergoña converteu o galego nunha lingua de segunda”, recriminou a Rueda, ao que lle recordou que só un de cada dous mozos e mozas educadas baixo ese decreto non falan nunca galego, que só o 7% o fala sempre -a metade que en 2018- e, o máis grave, que un de cada tres afirma que non sabe falalo.

Neste contexto, afeou ao titular do Executivo que “se lle encha a boca” dicindo que está indo na boa dirección. “Cal é esa dirección, aniquilar o galego? Se é así, sen dúbida van na boa dirección porque a este paso imos camiño dun lingüicidio”, reprobou.

A líder nacionalista referiuse á manifestación do pasado domingo en Santiago na que miles de persoas encheron as rúas “para defender mil primaveras máis para o galego”, a lingua “que nos une e que nos fai estar no mundo con voz propia”, alegou, pero que lamentablemente está nunha situación crítica tras 17 de “políticas de acoso e derribo” do Goberno do PP.

“A cidadanía deste País estalle pedindo que cambie o chip, que saia de detrás da pancarta en contra do galego e que poña en marcha cambios”, instou a un Rueda ao que lle reprochou que use o goberno do País para traballar en contra da súa lingua, que se manifeste en contra do galego ou que mesmo vote en contra do idioma no Parlamento.

“Alguén se imaxina ao presidente de Euskadi ou de Cataluña votando en contra do euskera ou do catalán? Pois iso é o que fixo vostede, unha indignidade que o perseguirá sempre”, advertiulle.

A portavoz nacional recalcou que, un ano e medio despois da publicación do “dramático informe” do Instituto Galego de Estatística, o presidente da Xunta non só non movese un dedo senón que, ao contrario, mantivo “o decreto da vergoña” no ensino, recortou o uso do galego na TVG, rebaixou o papel do idioma no acceso á Función Pública e continuou incumprindo o Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL), “o gran pacto pola lingua aprobado por unanimidade no Parlamento en 2004” que, entre outras cuestións, establece un 50% de ensino en galego.

A pesar da crítica situación na que se atopa o galego, Pontón trasladou a convicción do BNG en que é posible darlle a volta “se hai vontade política”, para o que puxo enriba da mesa tres propostas concretas. Triplicar os fondos de apoio á lingua, derogar o decreto da vergoña e dar cumprimento ao PXNL, ese gran pacto pola lingua que xa existe e que o PP leva boicoteando 17 anos.

“Din que no BNG non queremos un pacto, pero é que xa temos un pacto, aprobámolo neste Parlamento, é o Plan de Normalización Lingüística”, recalcou na súa réplica a Rueda, ao que instou a aclarar por que rompeu o consenso.

“Sería por puro interese político do Partido Popular? Por unha presa de votos?”, cuestionou mentres mostraba a foto na que o titular do Executivo xa participaba hai 20 anos nunha manifestación en contra do galego, rodeado dos que agora se denominan “Hablemos español”. “Caretas fóra, señor Rueda, leva vostede 17 anos traballando en contra do galego”, sintetizou.

Pontón criticou ao presidente da Xunta que falase de imposición tirando do seu “manual de manipulación”. “De que imposición fala? Onde está o 50% de galego no cine, na escola, nos medios de comunicación, na xustiza, na sanidade?”, interpelou, para recalcar a continuación que “sen igualdade non hai liberdade”. “E iso é o que lle quere vostede roubar ás xeracións máis novas, a liberdade para poder vivir en galego en Galiza, ese é o seu legado”, resumiu.

Por último, cuestionou a Rueda o seu interese real por traballar en favor do idioma. “Se vostede quixera traballar polo galego, aplicaría as medidas que ten no Plan Xeral de Normalización Lingüística, pero realmente o que vostede quere é seguir traballando en contra da lingua”, recriminoulle. Por iso, concluíu, “leva dous anos sen mover un dedo pese a que estamos nunha situación de emerxencia lingüística”.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ponton-acusa-rueda-cinismo-linguistico/20260520132632042830.html

Related News

El portaveu de Junts al Parlament reclama inversions immediates a Rodalies i critica que ERC converteixi la línia orbital en condició per aprovar els pressupostos de 2026

read more..

Junts registra preguntes sobre l’incompliment dels compromisos de les dues últimes reunions

read more..

Góðu tjóðveldisfólk

Takk!

Eg vil allar fyrst siga tykkum øllum hjartaliga takk fyri, at tit eru so mikið upptikin av tjóðskaparmálinum, at tit eru her í Salti í dag til floksting hjá Tjóðveldisflokkinum.

Eg vil eisini sera fegin takka fyri arbeiðið, sum tit hvønn dag gera til frama fyri føroysku tjóðina.

read more..

Good morning, everyone

In ten days’, time, the people of Scotland will choose their next government.

Over the last few weeks, I’ve been absolutely loving getting out and about all over the country.

I’ve never seen SNP activists working so hard.

That is because we know what is at stake on May 7th.

read more..

Néstor Rego traslada o pesar e a solidariedade do BNG ás vítimas e familiares dos accidentes de Adamuz e Gelida: “non pode acontecer o que ocorreu en Angrois”

“Resulta inaceptábel actuacións como a suspensión dos servizos ferroviarios no Eixo Atlántico sen aviso e sen alternativa de transporte” denuncia Rego ante Sánchez

A organización nacionalista demanda actuacións de mantemento, mellora e modernización da rede ferroviaria

Rego pide a Sánchez “levantar a voz para defender a legalidade internacional e o respecto á soberanía dos pobos” para reclamar o fin do bloqueo en Cuba e unha Palestina e un Sáhara libres

read more..

„Obserwując w ostatnich dniach najróżniejsze dyskusje wokół negatywnych wpisów dotyczących statusu języka kaszubskiego podtrzymuję swoją propozycję, powołania Święta Języka Kaszubskiego” – mówi Mateùsz Titës Meyer, wiceprezes Kaszëbsczi Jednotë. „Powołanie go wydaje się najlepszą możliwą reakcją wobec trwającego dyskursu, a coroczne obchody mogą wyłącznie przyczynić się do popularyzacji naszej mowy.

read more..

“Les vagues a Catalunya són una mostra clara que els ciutadans viuen una realitat que els governs socialistes no volen reconèixer”, assegura el portaveu adjunt

read more..

A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) quer facer chegar un saúdo fraternal e todo o recoñecemento ao pobo saharauí e á Fronte Polisario, como o seu lexítimo representante, con motivo do 50º aniversario da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).

read more..

La formació menorquinista proposa impulsar una gestió mancomunada del cicle integral de l’aigua amb els ajuntaments i reforçar mesures d’estalvi, control i aprofitament d'aquest recurs natural

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031