BNG constata no informe de Contas o “deterioro sistemático e programado” da sanidade pública a mans do PP

Bloque Nacionalista Galego 24-04-2026, 14:57 politics, social

Iria Carreira urxe a Rueda un xiro na política sanitaria, máis investimento e que deixe de usar os cartos das e dos galegos para favorecer a privada 

Iria Carreira

A portavoz de Sanidade Hospitalaria do BNG no Parlamento, Iria Carreira, considera que o último informe publicado polo Consello de Contas sobre o funcionamento da Atención Primaria en Galiza é unha confirmación máis do “deterioro sistemático e programado” da sanidade pública a mans do Goberno do PP e das súas políticas dos últimos dezasete anos.

“Contas ratifica o que vimos denunciando no BNG desde hai anos”, subliña a deputada nacionalista, que apunta aos efectos que ten na atención á saúde dos galegos e as galegas o “baixo investimento” que o órgano fiscalizador constata na Atención Primaria, a porta de entrada dos e das doentes ao sistema público de sanidade.

O informe do Consello de Contas sitúa a Galiza, destaca, “á cola” do Estado en investimento en Atención Primaria, “por debaixo da media estatal e moi afastado das recomendacións da Organización Mundial da Saúde”, salienta Carreira, que sinala a falta de persoal ou as cada vez máis elevadas listas de espera nos centros de saúde como algunhas das consecuencias que traen consigo os recortes do Goberno do PP.

“A falta de investimento tradúcese en que un terzo das prazas existentes na Atención Primaria estean vacantes, en que o 40 % dos concellos galegos non teñan un servizo de pediatría ou en que se estean incrementando de xeito alarmante e preocupante as listas de espera para poder ter unha cita coa túa médica de cabeceira”, recalca.

É por iso que o BNG esíxelle máis unha vez o Goberno de Rueda que atenda ás recomendacións que fai Contas, “que dea marcha atrás, que rectifique e que cambie o seu modelo sanitario para facer unha aposta real pola sanidade pública”, asegura Carreira, que lembra que a formación nacionalista leva tempo denunciando que o PP recortou durante os seus anos na Xunta 1.600 millóns de euros na atención Primaria.

Entre outras cuestións, Carreira urxe ao Goberno do PP a aumentar os recursos que se destinan á Atención Primaria ata chegar ao 25 % do orzamento sanitario, tal e como recomenda a Organización Mundial da Saúde e tal e como vén reclamando o BNG desde hai anos. Na mesma liña, demanda ao Executivo de Rueda a posta en marcha dun plan de ordenación de recursos humanos, “con persoal suficiente para dar resposta ás necesidades da poboación”, e que “deixe, dunha vez por todas, de utilizar os cartos públicos, o diñeiro de todos os galegos e galegas, para nutrir e engordar o negocio da sanidade privada”.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-constata-informe-contas-deterioro-sistematico-programado-da-sanidade-publica-mans-do-pp/20260423205117042666.html

Related News

Liga socijaldemokrata Vojvodine – VOJVOĐANI zahteva hitno formiranje ekspertske Vlade Srbije, u kojoj neće biti članova političkih partija.

read more..

O gael ei thrin fel rhyw odrwydd rhanbarthol, mae San Steffan nawr yn trin Plaid Cymru fel 'bygythiad', medd Liz Saville Roberts AS

read more..

La portaveu adjunta dels republicans al Congrés ha defensat que “l’aqüicultura marina és un sector estratègic que genera ocupació, produeix aliments de proximitat, fixa activitat al territori i contribueix a la sobirania alimentària”

read more..

In een openhartig interview blikt premier Bart De Wever terug op een zwaar jaar. Afgelopen week dwong een zware infectie hem zelfs tot een dag volledige stilte en thuisrust. De premier spaart in dit gesprek met VTM Nieuws-journaliste Hannelore Simoens zijn eigen beleid niet en noemt de huidige btw-hervorming een “stinkende kameel” die dringend terug naar de tekentafel moet. Van zijn gespannen ontmoeting met Donald Trump tot de “spionageroman” rond Euroclear: de premier legt zijn kaarten op tafel.

read more..

„Wer ständig mehr Integration fordert und beklagt, wo sie angeblich nicht funktioniert hätte, sollte ihre Grundlage nicht kaputt machen.“

Sybilla Nitsch zu TOP 16+19 - Zulassungsstopp für Integrationskurse unverzüglich aufheben, Erhalt der Integrationskurse (Drs. 20/4088, 20/4096)

read more..

Bayern sitzt auf prall gefüllten Kassen, aber viele Bürger und kleine Firmen kämpfen ums Überleben. Zeit für mutige Politik: Teil-Schuldenerlass für alle, die ehrlich arbeiten, aber unter Krediten ersticken.
Und: Wer sparsam war, wird endlich belohnt statt ignoriert. Gerecht, clever, wirtschaftlich sinnvoll. Bayern kann’s, wenn es unabhängig ist und der Wille da ist. Ein Ziel der Freien Bayern.

read more..

Seule liste guérandaise à afficher une ambition bretonne dans son programme, la liste menée par le maire sortant Nicolas Criaud confiera une délégation aux enjeux bretons à Florence Pénot-Martineau, colistière (6ème) et membre du PB.

read more..

Fàbrega assenyala que gravar aquests ajuts els treu la raó de ser i discrimina respecte d’altres casos

read more..

De plannen van de Vlaamse overheid om aankopen van stookolie en propaan systematisch te registreren, met het oog op toekomstige heffingen, stuiten op fel verzet bij het Vlaams Belang. Volgens Vlaams Parlementslid Filip Brusselmans dreigt de maatregel opnieuw vooral gezinnen te treffen die afhankelijk zijn van fossiele verwarming.“Wij zijn fel gekant tegen deze plannen. De overheid creëert eerst een register van alle stookolie- en propaantanks om vervolgens precies die gezinnen te viseren met extra belastingen”, waarschuwt Brusselmans.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031