Ana Pontón reclama a gratuidade da AG-55 despois de que o goberno do PP destinase 300 M€ a rescatar autoestradas

“Rueda debe explicar por que se empeña en discriminar á veciñanza de Bergantiños e da Costa da Morte que leva 30 anos pagando peaxes”

O BNG arranca unha campaña a favor da liberalización dunha autoestrada esencial para unha poboación de 100.000 persoas. “É de xustiza”, alega

Read more

BNG acusa o PP de impulsar a especulación do patrimonio costeiro: “A Lei do Litoral converteuse nunha chiringuitada”

Luís Bará critica que a principal medida impulsada por Rueda ao amparo da norma sexa ampliar a tempada e as licencias para locais a pé de praia

Mentres, seguen pendentes de aprobarse as directrices de ordenación do litoral ou os plans de ordenación costeira e mariña, advirte o deputado

Read more

BNG reivindica o seu papel nas Cortes do Estado na defensa de Narón e Galiza

Néstor Rego destaca a influencia do BNG para levar a cabo políticas transformadoras e en beneficio das maiorías sociais, así como o impulso da Axenda Galega

“Se cun único deputado e unha senadora fomos quen de conseguir todo isto, que non seríamos capaces de lograr con máis representación” engade Mosquera

Geno Carballeira subliña o traballo desenvolvido polo BNG para dar resposta ás necesidades reais da veciñanza de Narón: “conseguiu frear as corruptelas da SAREB”


Read more

BNG acorda co Goberno medidas complementarias de apoio ao sector pesqueiro galego

Néstor Rego confirma: cursos de formación para garantir o relevo xeracional, estudo sobre a produtividade das Rías Galegas e estabelecemento de SWAPS para aumentar as cotas de raia, xarda e lirio

O deputado do BNG sinala a necesidade de continuar a traballar para defender o sector: “Co BNG, a pesca galega gaña”

Read more

BNG denuncia a falta de transparencia do Goberno sobre as obras na ENM e alerta do risco para a apertura da vila ao mar

Néstor Rego exixe ao Goberno transparencia, información detallada ante un proxecto -ser base de apoio da OTAN- que considera “lesivo para os intereses de Marín”

Lucía Santos lembra as resolucións aprobadas -por iniciativa do BNG- para impulsar un proxecto alternativo que permita recuperar o espazo para a veciñanza: “Abrir Marín ao Mar”

O deputado do BNG exixe ao Goberno a retirada das bases estadounidenses do Estado español e a saída da OTAN

Read more