BNG exixe ao PP que remate coa campaña de criminalización das baixas laborais e das profesionais sanitarias

Bloque Nacionalista Galego 23-05-2026, 16:46 social, protest

Montse Prado

A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Montse Prado, denunciou hoxe a “campaña de criminalización” que o Partido Popular mantén contra as persoas de baixa laboral e contra as profesionais sanitarias que prescriben esas incapacidades. Prado advertiu de que esta estratexia “monta na mentira do exceso e duración das baixas”, cando Galiza é a segunda comunidade autónoma con menor incidencia de baixas laborais: 26,6 por cada mil traballadores, fronte á media estatal de 36,2.

A parlamentaria nacionalista alertou especialmente da inclusión nos Acordos de Xestión da Atención Primaria dun indicador que penaliza ás profesionais cun recorte do 10% no complemento de produtividade variábel, e que ademais pode supor atrasos na carreira profesional, cando unha baixa laboral dura máis do que a administración considera “tempos estándares”. “Tanto o inicio dunha incapacidade temporal como a súa finalización teñen que ser decisións estritamente clínicas, fundamentadas en criterios médicos e nas necesidades asistenciais de cada doente”, subliñou.

Neste senso, Prado lembrou que na duración dunha baixa inflúen múltiples factores, como as características e patoloxía da persoa enferma, a súa idade, os antecedentes médicos, as condicións do seu posto de traballo e, de xeito especial, “o deterioro da sanidade pública, a falta de recursos, as listas de espera insoportables, a saturación da Primaria e Hospitalaria, e as malas condicións laborais do persoal sanitario”.

O BNG rexeita tallantemente que a duración dunha baixa laboral poida ter efectos retributivos para as profesionais e por iso a formación nacionalista exixiu ao PP que remate coa campaña de criminalización, que deixe de presionar aos médicos para que axilicen as altas laborais e que deixe de facer de lobby da peor das patronais para defender o dereito á saúde das traballadoras e traballadores. Así mesmo, o BNG demanda ao Goberno galego tres medidas urxentes: eliminar de xeito inmediato dos acordos de xestión o indicador que penaliza aos médicos cun recorte do 10% na produtividade variábel se non dan altas rápidas, garantir o criterio clínico fronte ao económico e reforzar a sanidade con máis profesionais, máis recursos e que reduza as listas de espera.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-exixe-ao-pp-que-remate-coa-campana-criminalizacion-das-baixas-laborais-das-profesionais-sanitarias/20260522111039042851.html

Related News

Delegacions d’Esquerra Republicana encapçalades per representants territorials del partit en totes les demarcacions del país, participen aquest dimecres 11 de febrer a les diferents concentracions del sector educatiu que reclamen millores en l’ensenyament públic.

read more..

ANDALUCISTAS PROPONE UN PLAN “RADICAL” DE VIVIENDA PARA ACABAR CON LA ESPECULACIÓN Y GARANTIZAR HOGARES ASEQUIBLES EN ANDALUCÍA
La coalición plantea un fondo sobre el uso del suelo, una tasa turística finalista y la construcción de 30.000 viviendas públicas al año para dar respuesta a una de las mayores crisis sociales de Andalucía

read more..

This week, Mebyon Kernow members and supporters are marking the 75th anniversary of the founding of Mebyon Kernow at the Oates Temperance Hotel in Redruth, which took place on 6th January 1951.

read more..

Het Vlaams Belang deelt de bezorgdheden van de mensen die vandaag in Brussel op straat komen tegen het asociale beleid van de regering-De Wever.“De belastingdruk stijgt, de begroting is niet op orde, de staatsschuld loopt op en er is meer armoederisico”, stelde voorzitter Tom Van Grieken in het Radio 1-programma De Ochtend.“Een ander en socialer beleid is zeker mogelijk, maar dan moeten er een aantal heilige huisjes sneuvelen, en moet er bespaard worden op de migratiefactuur, de EU-factuur en de communautaire factuur.”

read more..

Face à la crise énergétique actuelle, il n’y a plus de place pour l’ambiguïté : l’avenir appartient aux territoires qui choisissent l’autonomie et la responsabilité. Produire sa propre énergie n’est plus un luxe, mais une condition de survie économique et politique.

read more..

Sta mane, per via d i u so Sicretariu naziunale François
Martinetti accumpagnatu d'una delegazione militante,
Femu a Corsica era prisente nantu à a spluttazione
dannighjata.

read more..

Het Bureau van de Senaat heeft een regeling bekrachtigd waardoor de politieke partijen jaarlijks 120.000 euro extra kunnen opstrijken.“Oneigenlijke partijfinanciering”, oordeelt Vlaams Belang-senator Klaas Slootmans, die met zijn partij als enige tegenstemde.

read more..

Carme da Silva Méndez require ao Goberno do Estado abandonar a opacidade e cumprir os compromisos adquiridos coa Galiza

A senadora do BNG demanda coñecer os verdadeiros plans do Ministerio para con esta infraestrutura estratéxica e garantir a chegada do AVE a Ourense

read more..

Plaid Cymru would ensure communities benefit from Wales’ natural resources on the path towards energy independence
Plaid Cymru’s ambitions to achieve greater energy security and net zero by 2040 would ensure communities benefit from their natural resources, Plaid Cymru has said.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031