BNG exixe ao Goberno transparencia e compromiso real para rematar a Variante Exterior do AVE en Ourense

Bloque Nacionalista Galego 28-04-2026, 11:07 development

Carme da Silva Méndez require ao Goberno do Estado abandonar a opacidade e cumprir os compromisos adquiridos coa Galiza

A senadora do BNG demanda coñecer os verdadeiros plans do Ministerio para con esta infraestrutura estratéxica e garantir a chegada do AVE a Ourense

Carme da Silva

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) leva as Cortes do Estado a reclamación ao Goberno do Estado e ao Ministerio de Transportes de información clara, actualizada e detallada sobre o estado das obras da Variante Exterior do AVE en Ourense, ante os reiterados atrasos e as incertezas existentes sobre a execución completa do proxecto.

As actuacións desta infraestrutura, consideradas estratéxicas para garantir unha conexión ferroviaria moderna e eficiente, iniciáronse no ano 2022 coa execución dos dous primeiros tramos, Taboadela-Túnel de Rante e Túnel de Rante-Seixalbo, correspondentes á denominada Fase 1. Porén, a evolución das obras evidencia xa importantes demoras, sendo evidente que os prazos previstos non se van cumprir e que os traballos se prolongarán ao longo de 2026.

A maiores, resulta especialmente preocupante a situación do tramo final, entre Seixalbo e a estación de Ourense, que segundo diversas informacións podería non ser executado a curto prazo por decisión do Ministerio, ao considerar que non suporía unha redución significativa dos tempos de viaxe. De confirmarse esta decisión, o BNG advirte que se estaría consolidando unha entrada do AVE a Ourense nun trazado de vía única, sinuoso e en forma de funil, que xa está a provocar problemas operativos e incidencias recorrentes.

Neste sentido, a senadora do BNG, Carme da Silva Méndez, denuncia que “non ten sentido renunciar a un tramo fundamental que permitiría eliminar o paso polo intercambiador de Taboadela e evitar as actuais limitacións de velocidade, mellorando tanto a seguranza como a eficiencia do servizo”. A execución deste último tramo permitiría adaptar a infraestrutura aos estándares propios da alta velocidade, frente á situación actual, na que existen ata catro limitacións de velocidade entre 80 e 105 km/h nun trazado de tráfico mixto.

Da Silva Méndez critica tamén o “clamoroso silencio” do Ministerio de Transportes ante as reiteradas iniciativas parlamentarias presentadas para coñecer o estado real das actuacións. Hai un ano, o Goberno limitábase a sinalar ao BNG que ADIF traballaba na execución da Fase 1 con financiamento europeo, sen achegar nin prazos nin información sobre o conxunto da Variante, especialmente sobre o tramo pendente de nove quilómetros até a estación de Ourense.

“É inadmisíbel que o Ministerio non dea explicacións nin concrete prazos, nin tampouco clarifique se existe unha decisión firme sobre o futuro da Variante Exterior” subliña Da Silva, quen insiste en que “non se pode xustificar a paralización dunha infraestrutura clave unicamente en criterios de aforro de tempo, cando precisamente a falta da súa execución está a obrigar a reducir a velocidade dos trens e a empeorar o servizo”.

Ante esta situación, o BNG demanda un informe con total transparencia sobre o estado actual das obras dos tramos Taboadela-Túnel de Rante e Túnel de Rante-Seixalbo, así como os prazos reais de finalización. “Debe aclarar de maneira inmediata se existe unha decisión de non executar o tramo Seixalbo-Ourense e, de ser así, explique as razóns que a motivan” exixe a senadora do BNG.

“O Goberno e, no concreto, o Ministerio de Transportes deben garantir que a chegada do AVE a Ourense se realizará en condicións de dupla vía, con estándares de alta velocidade e máximas garantías de seguranza” sentenza a senadora nacionalista.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-exixe-ao-goberno-transparencia-compromiso-real-rematar-variante-exterior-do-ave-ourense/20260427130434042689.html

Related News

Voor het Vlaams Belang is de pensioenhervorming van de regering-De Wever geen structurele hervorming, maar vooral een budgettaire besparingsoperatie die verkocht wordt als hervorming.“Hoe langer men deze tekst bekijkt, hoe duidelijker het wordt dat dit in de eerste plaats een ordinaire boekhoudkundige besparingsoefening is”, stelde Kamerlid Ellen Samyn tijdens haar tussenkomst in de plenaire vergadering.

read more..

L’eurodiputada d’Esquerra Diana Riba ha co-organitzat un acte conjuntament amb Aigua és Vida, Enginyeria sense Fronteres, l’European Water Movement i EPSU per plantar cara a la reforma que prepara la Comissió Europea

read more..

Carme da Silva Méndez insta o Ministerio a “abandonar a inacción e atender dunha vez por todas unha demanda histórica da veciñanza de Cerdedo Cotobade

A organización nacionalista rexistra iniciativas nas Cortes do Estado para demandar o compromiso real do Goberno e levar a cabo un plan integral con actuacións concretas

read more..

N-VA dient een resolutie in die eist dat alle leden van de Brusselse Regering aantoonbaar tweetalig zijn. “In een officieel tweetalig gewest is de kennis van beide talen een kwestie van fatsoen en respect. De politiek moet het goede voorbeeld geven, en dat gebeurt vandaag nog veel te weinig”, zegt Brussels fractievoorzitter Gilles Verstraeten.

read more..

“Les vagues a Catalunya són una mostra clara que els ciutadans viuen una realitat que els governs socialistes no volen reconèixer”, assegura el portaveu adjunt

read more..

De N-VA dient een wetsvoorstel in om vuurwerk voor particulieren te verbieden en het gebruik voortaan exclusief toe te kennen aan professionele organisatoren. Dat maakten Vlaams minister Ben Weyts en federale parlementsleden Maaike De Vreese en Lieve Truyman bekend in het ‘Far West van het vuurwerk’, het grensdorp Baarle-Hertog.

read more..

Desde el Rolde de Feminismos de CHA, cuya coordinadora es Isabel Giménez Uliaque, queremos expresar nuestra más enérgica condena y profundo rechazo al asesinato ocurrido en la madrugada del 20 de febrero de 2026 en el municipio de Arona (Tenerife), donde un hombre ha asesinado a su hijo de 10 años y ha dejado gravemente herida a la madre del menor.

read more..

Carmen Hernández avisa que la falta de ejecución de casi 900 casas
públicas y el riesgo de perder fondos europeos profundizan el problema
en Canarias

read more..

Zum heutigen Fachgespräch im Wirtschaftsausschuss zur Hafeninfrastruktur in Schleswig-Holstein erklärt die wirtschaftspolitische Sprecherin der SSW-Landtagsfraktion, Sybilla Nitsch:

„Heute ist erneut deutlich geworden, dass der Handlungsbedarf bei der Hafeninfrastruktur unstrittig ist. Gewerkschaften, Wirtschaft, Logistik und Hafenbetreiber haben den Kern unseres Antrags bestätigt: Häfen sind strategische Infrastruktur für Wirtschaft, Daseinsvorsorge und Versorgungssicherheit – und sie sind dauerhaft unterfinanziert.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031