BNG e a Fundación Galiza Sempre organizan unha xornada de análise e conmemoración do 50 aniversario das Bases Constitucionais da Nación Galega

Bloque Nacionalista Galego 8-04-2026, 10:21 independence, politics, event

O documento que defendía a soberanía do pobo galego e o dereito a autodeterminación foi aprobado o 7 de abril de 1976

A xornada celebrarase o sábado 18 de abril na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC

Lucía López e Rubén Cela

O BNG e a Fundación Galiza Sempre conmemorarán o 50 aniversario das Bases Constitucionais da Nación Galega cunha xornada que terá lugar o sábado 18 de abril en Compostela, cidade na que foron aprobadas polo Consello de Forzas Políticas de Galiza o 7 de abril de 1976.

A responsábel de Organización do BNG, Lucía López e o presidente da Fundación Galiza Sempre, Rubén Cela, presentaron o acto de conmemoración do 50 aniversario da aprobación das Bases Constitucionais da Nación Galega como o recoñecemento a "un documento político de relevancia histórica que defendía que a soberanía residía no pobo galego e propuña a participación da nación galega nun pacto federal coa autodeterminación como principio fundamental".

O documento político e económico foi promovido polo Consello de Forzas Políticas Galegas -composto pola Unión do Pobo Galego, o Partido Galego Social-Demócrata e Partido Socialista Galego- que aprobaba en Compostela o 7 de abril de 1976 as Bases Constitucionais para a Nación Galega (co título completo de Bases Constitucionais para a participación da Nación Galega nun Pacto Federal e de Goberno Provisorio Galego) e o Proxecto de Medidas Económicas para un Programa de Goberno Provisorio Galego.

As Bases afirmaban que o pobo galego é a quen lle corresponde a soberanía política e defendían o principio de autodeterminación nacional nun documento en que se establecían tamén as condicións mínimas para a participación de Galiza no Pacto Federal Español. No texto recoñecíase un ambicioso conxunto e competencias nacionais galegas como son a autoorganización política e o autogoberno, o réxime xurídico da Administración galega e das liberdades públicas, o réxime electoral, a determinación dos nacionais galegos, a seguridade para manter a orde pública cunha Garda Nacional e un servizo de Policía Nacional, a política económica e fiscal e a planificación da economía, o dereito civil, mercantil e laboral, a regulación da seguridade social, a Administración de xustiza nas materias en que a lexislación sexa de competencia nacional galega, o rexistro civil e notariado, o réxime urbanístico e a ordenación do territorio, a política cultural e educativa e a política sanitaria. A política e planificación económica recoñecíase tamén como competencia nacional galega coa nacionalización de recursos económicos e a creación dun banco público galego.

“Cincuenta anos despois, a proposta das Bases Constitucionais aínda continúa a ser ambiciosa para a nosa realidade actual, e as competencias que recoñecían para Galiza seguen a marcar o camiño cara ao recoñecemento do dereito de autodeteminación para que o pobo galego poida decidir libremente o seu futuro e avanzar cara un modelo político e social propio que mellore a vida das galegas e galegos”, sinala Lucía López.

Neste sentido, de xeito paralelo, BNG e FGS están a desenvolver unha análise das 50 competencias que Galiza tería que asumir "se houbera vontade política porque precisamos recuperar a iniciativa e non temos dúbida de que existe unha maioría social que é consciente de que é necesario un maior autogoberno para un futuro mellor para Galiza", afirma Rubén Cela.

En canto ao proxecto económico, elaborado por Camilo Nogueira e Ramom López Sue-vos, o documento recollía medidas para os sectores industrial, agrario e pesqueiro e tamén para a ordenación do espazo e as comunicacións. Contemplaba así a creación dun sector público industrial e comercial, a aposta polas cooperativas agrarias e pesqueiras, o control da política fiscal, financeira, educativa e de investigación, laboral e social.

De onte a hoxe nunha xornada de conmemoración

A Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón e o presidente da Fundación Galiza Sempre, Rubén Cela abrirán o sábado 18 de abril na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC a xornada de conmemoración, que iniciará o seu programa cunha mesa de análise sobre a importancia das Bases Constitucionais no seu contexto histórico a cargo de Pilar Allegue e Francisco Rodríguez.

A xornada inclúe tamén a esa redonda "50 anos despois das Bases Constitucionais: cara onde camiña o estado español?" na que participarán o representante do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego; o senador e EH-Bildu, Mario Zubiaga e a deputada de ERC no Congreso, Etna Estrems.

Related News

Die Landesregierung kann keine belastbaren Angaben zur tatsächlichen Nutzung und Wirkung des europäischen Arbeitsmarkt-Netzwerks EURES in Schleswig-Holstein machen. Das geht aus der Antwort auf eine Kleine Anfrage des SSW hervor. Weder liegen Zahlen zur Nutzung der Angebote vor noch können konkrete Vermittlungserfolge benannt werden.

read more..

Idag firar vi Ålands flaggas dag en stark symbol för frihet, samhörighet och kärleken till vår ö.

read more..

Het Europees Parlement heeft vandaag een tussentijds verslag goedgekeurd over het Meerjarig Financieel Kader(MFK) 2028-2034, waarin wordt gepleit voor een EU-begroting van meer dan 2.000 miljard euro, met daarbovenop nog eens 0,11% van het BNI voor de afbetaling van de coronaschulden die de EU is aangegaan ten belope van 750 miljard euro.“Dit is geen begroting, maar een blauwdruk voor een steeds machtigere en duurdere Europese superstaat. De Vlaamse belastingbetaler dreigt opnieuw de rekening te betalen, terwijl nationale soevereiniteit verder wordt uitgehold”, zegt Europarlementslid Barbara Bonte(Vlaams Belang).

read more..

ANDALUCISTAS SUSPENDE SUS ACTOS FÍSICOS DE CAMPAÑA EN SEÑAL DE LUTO POR LOS GUARDIAS CIVILES FALLECIDOS EN HUELVA
La coalición andalucista traslada sus condolencias a las familias de los agentes fallecidos y reclama más medios y apoyo europeo ante la creciente amenaza del narcotráfico en las costas andaluzas

read more..

Anlässlich des 30. Todestages errichtete der Südtiroler Heimatbund 1994 einen Gedenkstein für Sepp Kerschbaumer, Freiheitskämpfer und Anführer des (BAS) nahe seinem Geburts- und Wohnhaus in Frangart.

read more..

El diputat de Junts per Catalunya Josep Maria Cervera ha interpel·lat avui el líder del Partit Popular, Alberto Núñez Feijóo, a la comissió del Congrés que investiga la gestió de la DANA, per reclamar responsabilitats polítiques i aclarir quin paper va tenir durant les hores crítiques de l’emergència.

read more..

NOVI SAD – Predsednik Lige socijaldemokrata Vojvodine – VOJVOĐANI Bojan Kostreš izjavio je danas da je otpočeo „Novosadski proces“ kojim će biti demontirana kriminalno – koruptivna hobotnica Srpske napredne stranke (SNS) i vladajućeg režima.

read more..

Chunta Aragonesista-Utebo quiere denunciar el constante incumplimiento de plazos y el deterioro de los servicios de transporte público en nuestro municipio. Desde hace meses se acumulan los problemas a distintos niveles, sin que ninguna de las administraciones implicadas tomen medidas para solucionarlos.

read more..

"Defensie staat er wanneer de veiligheid van onze burgers in het gedrang komt.” Minister van Defensie Theo Francken bezocht samen met onder meer de minister van Binnenlandse Zaken de militairen die sinds maandag voor de operatie ‘Green Shield’ de beveiliging van Joodse instellingen op zich nemen in Antwerpen en Brussel.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031