BNG pon en evidencia quen é o PP ao negarse a buscar solucións xustas e favorables para a veciñanza de Monte Mero

Bloque Nacionalista Galego 28-03-2026, 15:37 politics, social

Mercedes Queixas: “Mentres a Xunta só ve tellados, nós vemos 200 persoas que teñen alí as súas vidas, recordos, terras, pasado e arraigo”

Mercedes Queixas

A deputada do BNG Mercedes Queixas reclamoulle á Xunta de Rueda continuar dialogando coa veciñanza de Monte Mero para estudar cada caso de forma individual e ofrecerlle solucións xustas, favorables e individualizadas. Pide que se rexeiten alternativas homoxéneas que non teñen en conta a diversidade de situacións familiares e patrimoniais das persoas afectadas polo Proxecto de Interese Autonómico (PIA), destinado á construción de vivenda pública na Coruña. Algo que o PP asegurou que “xa está a facer”.

O PP votou en contra alegando que xa está a realizar o que o BNG reclamaba na iniciativa, ao que Queixas retrucou que “se é así, se todo está en marcha, por que vostedes, que son deputadas e deputados coma nós, votan en contra? Que estratexia é a que están seguindo? Que falacia están seguindo? preguntou. “É moi curioso”

Na súa intervención na Comisión 2ª, Queixas recordou que o Goberno galego non comezou a recoñecer a existencia desa veciñanza ata que esta se mobilizou para esixir diálogo e solucións, deixando claro que “Monte Mero existe desde moito antes de que o PP puxese os ollos no PXOM”. Tampouco a Xunta moveu un dedo ata que o BNG trasladou a situación ao Parlamento, engadiu.

Foi entón cando a Xunta abriu unha vía de diálogo e mellorou a súa postura inicial —na que chegou a ofrecer apenas un solar como compensación— para contemplar agora a oferta dunha vivenda alternativa. “Para o BNG, iso non é suficiente, substituír un tellado por outro tellado non é o mesmo que garantir unha solución xusta para cada familia”, aclarou,

“Mentres a Xunta só chega a ver tellados, nós vemos arredor de 200 persoas que viven en Monte Mero, que teñen alí a súa vida, os seus recordos, terras, historia familiar, emocións, pasado, todo o máis importante que posúe unha persoa ou familia: o arraigo e o apego”, expresou Queixas. Recriminoulle así á Xunta que queira impoñer un PIA nas súas terras, ignorando que hai xente que vive alí. “Faino asoballando, sen comunicación nin diálogo”

“O PP empeza a atender a veciñanza pero non empeza a entender” porque ofrecen como solución alternativa a perder casa, a vivenda ou o terreo, a construción dunha única vivenda”, advertiu.

A deputada nacionalista agradeceulle aos populares “a súa transparencia” para que tanto os veciños e veciñas da Coruña como o resto de galegos e galegas, “saiban quen é o PP e anunciou que o BNG seguirá traballando para que as familias de Monte Mero teñan solucións xustas.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-pon-evidencia-quen-pp-ao-negarse-buscar-solucions-xustas-favorables-vecinanza-monte-mero/20260327142219042524.html

Related News

Het Vlaams Belang uit felle kritiek op de Belgische economische missie naar Ankara die de complete ideologische bocht van N-VA blootlegt.“Jarenlang profileerde die partij zich als één van de scherpste critici van het conservatief-islamitische regime van president Recep Tayyip Erdoğan”, zegt Kamerlid Ellen Samyn,“Nu horen we enkel lovende woorden en zit N-VA-minister Theo Francken mee aan tafel in Ankara om‘deals te sluiten’ met precies datzelfde regime. De Turken tegen de borst drukken, omdat de Russen zogezegd voor de deur staan, is een zeer slecht idee.”

read more..

Ana Miranda e Montse Prado participan na Asamblea da ALE en Gandía, centrada na paz, no multilateralismo e na construción da Europa dos pobos

read more..

Rodil tacha de “indecente” que a “grande medida no medio dun conflito bélico” sexa promocionar Galiza como “refuxio turístico de tranquilidade”

O Bloque defenderá no Debate do Estado da Nación a súa alternativa a un goberno de Rueda que sofre o ‘síndrome de Monte Pío’ e non dá solucións

read more..

Während andere in Debatten und Kriegslust versinken, wird Bayern souverän, ruhig und neutral. Eigenverantwortung statt Panik, Vernunft statt Zwang . So geht kluge Politik wie wir Freie Bayern uns das vorstellen.

read more..

“Dirk De Smedt (Anders) neemt een loopje met de democratische spelregels: de parlementaire termijnen worden niet gerespecteerd en het is, voor zowel het parlement als het Rekenhof, onmogelijk om ons werk correct te doen.” Brussels N-VA-fractievoorzitter Gilles Verstraeten wil dat de bespreking van de Brusselse begroting uitgesteld wordt.

read more..

„Während die Sachkosten für die öffentlichen Schulen laufend angepasst werden, bekommen die Ersatzschulen, Schülerkostensätze basierend auf historischen Sachkosten Berechnungen. In einigen Kommunen kommt es zwischen den Sachkostenbeträgen für Schüler einer öffentlichen Schule und Schülern einer Ersatzschule zu einer erheblichen Differenz zu Lasten der Ersatzschulen.“

read more..

Néstor Rego Candamil demanda adoptar medidas efectivas e inmediatas para preservar a actividade e garantir o futuro dun modelo produtivo fundamental

Alerta da crecente falta de profesionais veterinarios especializados en porcino e a afectación en explotacións en extensivo dedicadas á cría de porco celta

read more..

La Federació, amb un futur incert i en risc, compareix aquest dimarts al Parlament

read more..

La diputada de NC-BC afirma que el ‘modo Clavijo’ de gobernar da la
espalda a los problemas reales de Canarias, como la educación pública
canaria

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031