BNG denuncia o castigo do PP ás comunidades de montes co atraso e recorte encuberto nas axudas á xestión e á prevención
Bloque Nacionalista Galego 28-03-2026, 12:45
Montse Valcárcel: “É unha falta de respecto e unha mostra máis de como, para a o PP na Xunta, a xestión comunitaria non é unha prioridade real"
![]()
A portavoz de Montes do BNG no Parlamento, Montse Valcárcel, criticou o castigo que a Xunta está a practicar coas comunidades de montes e que se concreta no atraso, improvisación e recorte encuberto nas axudas para a prevención de incendios e para a xestión dos montes veciñais, asegurando que, nun País onde estas entidades son “peza central da superficie forestal e da loita contra o lume, non se trata só dun “retraso administrativo” senón dunha “falta de respecto e unha mostra máis de como, para o PP na Xunta, a xestión comunitaria é retórica, non é unha prioridade real”.
Na súa intervención na Comisión de Agricultura, Valcárcel referiuse ás axudas anunciadas para 2025 que “se venden como a gran aposta pola prevención” pero que “se resolven en pleno 2026, deixando fóra a moitas comunidades só por falta de crédito”. Denunciou que non se trata só dun problema de calendario, que lles supón ás comunidades de montes chegar fóra de prazo para planificar os traballos de prevención como rareos, faixas, rozas, que se deben realizar en fiestras concretas do ano para ser eficaces.
Tamén é un problema porque a propia Xunta tivo que ampliar o crédito ate os 5,4 millóns de euros para 2025 e 2026, “e nin así foi quen de atender a demanda”, afeou Valcárcel. Asegura que, nas resolucións das axudas, repítese o patrón de que os expedientes están correctamente formulados, cumpren con todos os requisitos e obteñen puntuacións significativas, pero quedan denegados unicamente por esgotamento do crédito dispoñible. Non fallaron as comunidades, fallou a Xunta ao non prever orzamento suficiente”, expresou.
Advertiu que isto sucede ademais nun contexto de risco recorrente de grandes incendios, cambio climático e abandono de superficie forestal que esixe xusto o contrario: “máis apoio, rapidez e estabilidade para quen está no territorio facendo o traballo”, contrapuxo.
A deputada nacionalista sinalou que esta situación se repite ao longo do País, con comunidades de montes e agrupacións de xestión conxunta de distintos concellos e comarcas que ven como, despois de investir tempo en proxectar, tramitar e cumprir con toda a burocracia, a resposta final é un “non hai crédito”. Estamos, por tanto, “diante dunha insuficiencia de orzamento que non é un accidente, é unha decisión política”, proclamou.
Propostas do BNG
Na iniciativa, o BNG non pedía “nada extravagante”, solicitaba á Xunta de Rueda a adopción de medidas organizativas necesarias para que as axudas se tramiten e resolvan dentro do exercicio correspondente, evitando atrasos que desvirtúan a utilidade da prevención. Tamén demandaba que se realice unha nova ampliación de crédito para a convocatoria de 2025 co fin de incorporar como beneficiarias, con carácter prioritario, as comunidades e agrupacións denegadas exclusivamente por esgotamento de fondos. Por último, reclamaba que se planifique para os vindeiros exercicios dotación suficiente, estable e axustada ao volume real de solicitudes, garantindo que todo expediente que supere os limiares establecidos poida ser atendido.
O BNG propoñía, en definitiva, algo “moi sinxelo”: que quen fai o traballo no territorio teña certeza, tempo e recursos e que non haxa nin unha soa comunidade de montes que quede fóra das axudas só porque o PP na Xunta “decidiu quedar curta nos orzamentos”.
“O que está en xogo aquí non é un trámite máis nin un debate técnico sobre unha orde concreta: é escoller seguir castigando as comunidades de montes con atrasos e orzamentos curtos, ou recoñecer de verdade que son actor central na prevención de incendios e no futuro do noso rural”, concluíu Valcárcel.
Na súa réplica, a deputada nacionalista reprochoulle ao PP que xustifique que as axudas de 2025 se resolvan en 2026.
“Non pode ser que a Xunta se poña medallas de prevención exemplar mentres hai comunidades de montes que non recibiron axudas porque non hai orzamento de abondo”, concluíu.
O PP votou en contra da iniciativa do BNG.
Het Vlaams Belang is kritisch over de aankondiging van minister van Buitenlandse Zaken Maxime Prévot(Les Engagés) dat de financiële hulp aan Libanon wordt verdubbeld. Tijdens een bezoek aan Beiroet verklaarde hij dat de Belgische bijdrage voor 2026 met 2 miljoen euro wordt verhoogd, aangevuld met nog eens 2 miljoen euro via Verenigde Naties-kanalen. Vlaams Belang-Kamerlid Ellen Samyn is er niet over te spreken en diende een vraag in aan de minister.“Te midden van een energiecrisis in eigen land met geld strooien in Libanon, dat in een chaotische oorlog met Israël is terechtgekomen”, klinkt het,“Dit toont opnieuw dat er wél geld is om onze mensen uit de nood te helpen aan de pomp. Men kiest er gewoon voor om het elders uit te geven.”
read more..Ferline wike wie de FNP-fraksje op wurkbesite by Lont út Sint Annaparochie, yn oanrin nei de behanneling fan de startnotysje wenjen yn Provinsjale Steaten. Foar de fraksje in moaie gelegenheid om yn petear te gean oer de kânsen en útdagingen op it mêd fan wenningbou yn Fryslân.
read more..“Defensar la llengua catalana no és un deure, sinó una necessitat”, advertia l’abat Escarré al diari francès Le Monde l’any 1963. Ara, més de seixanta anys després, aquestes paraules mantenen tota la vigència. El CIEMEN, recuperant el llegat de l’abat Escarré, que va defensar la llengua catalana i els drets dels pobles com a expressió de la dignitat humana, considera que la presència residual del català en la visita del papa Lleó XIVa Barcelona és incompatible amb el respecte que mereix la llengua pròpia del país.
read more..In Vlaanderen schommelt de werkzaamheidsgraad rond 77 procent. Maar voor personen met een arbeidshandicap is dat ongeveer 46,5 procent. Om dat talent niet verloren te laten gaan, wil Vlaams Parlementslid Ine Tombeur het individueel maatwerk versterken. “Werk geeft structuur, kansen om talenten te ontwikkelen en een plaats in de samenleving. Ook voor mensen met een arbeidsbeperking”, vertelt Tombeur.
read more..Els republicans reuneixen uns 500 representants del món local a Tàrrega
read more..El CIEMEN ha participat aquest dissabte a l’Asemblea Aberta de Queremos Galego!, a Santiago de Compostel·la en què el president de l’entitat, David Minoves, ha reivindicat que la protecció i promoció de les llengües és una qüestió de drets humans universals. En l’acte per defensar els drets lingüístics i les llengües minoritzades d’arreu del món també ha participat el director de l’entitat, Jordi Garrell.
read more..ANDALUCISTAS DEFIENDE UNA EDUCACIÓN PÚBLICA FUERTE PARA GARANTIZAR IGUALDAD DE OPORTUNIDADES EN ANDALUCÍA
Christopher Rivas propone ampliar becas, reforzar la FP y proteger las universidades públicas andaluzas
read more..Anlässlich des 30. Todestages errichtete der Südtiroler Heimatbund 1994 einen Gedenkstein für Sepp Kerschbaumer, Freiheitskämpfer und Anführer des (BAS) nahe seinem Geburts- und Wohnhaus in Frangart.
read more..Hierbij nodigen wij onze leden en sympathisanten graag uit voor een vernieuwd nationaal ontmoetings- en doorstartmoment om het nieuwe jaar samen in te luiden. In 2026 vervangen wij bewust het gebruikelijke concept van een nieuwjaarsreceptie door een ruimer en inhoudelijk sterker gebeuren, waarin netwerking en het uitwisselen van ideeën centraal staan.
read more..