BNG acusa o PP de impulsar a especulación do patrimonio costeiro: “A Lei do Litoral converteuse nunha chiringuitada”

Bloque Nacionalista Galego 30-03-2026, 08:23

Luís Bará critica que a principal medida impulsada por Rueda ao amparo da norma sexa ampliar a tempada e as licencias para locais a pé de praia

Mentres, seguen pendentes de aprobarse as directrices de ordenación do litoral ou os plans de ordenación costeira e mariña, advirte o deputado

Luís Bará

O portavoz de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará, denuncia a “especulación” que o Goberno do PP está facendo arredor do patrimonio costeiro do País, a través dunha “explotación intensiva” de zonas con valores ambientais e da proliferación de establecementos turísticos e chiringuitos nun contexto de desregulación e desprotección do litoral. “Para isto era para o que quería Rueda as competencias do litoral”, asegura o deputado.

“O balance dos dous anos e medio da Lei do Litoral de Galiza pódese resumir en dúas palabras: unha chiringuitada”, critica Bará, argumentando que durante este tempo "a medida estrela impulsada polo Goberno de Rueda foi a ampliación da tempada de chiringuitos desde Semana Santa a outubro, sete meses, e o récord, supostamente, de 400 establecementos de este tipo autorizados”.

Fronte ao “interese desmedido” por aprobar medidas encamiñada á “especulación a toda costa”, constata unha “falta de interese pola xestión integral”, posto que o Goberno do PP non aprobou ningún dos instrumentos de planificación e ordenación previstos na lei de xullo de 2023, como son as Directrices de Ordenación do Litoral, que tiñan que estar aprobadas dous anos despois, no mesmo mes de 2025, e aínda non se presentaron.

O mesmo sucede, explica o deputado nacionalista, co Plan de Ordenación Costeira, que tamén tiña que estar aprobado dous anos despois da entrada en vigor da lei e segue pendente, ou o Plan de Ordenación Mariña, do que tampouco hai noticia malia que debería recibir luz verde en xullo deste ano.

“Esta preguiza normativa do PP non é casual, porque as prioridades do PP son encher a costa de chiringuitos, promover unha rede de establecementos turísticos ou unha senda costeira que debería desenvolverse no Plan de Ordenación Costeira que se retrasa , precisamente de maneira intencionada”, engade.

No mesmo sentido, o portavoz de Medio Ambiente do BNG critica que o PP deixase sen efecto “unha boa parte” do Plan de Ordenación do Litoral (POL) de 2011 porque, segundo explica, “iso facilita que se estean autorizando campamentos turísticos, bungalows ou cabanas turísticas en zonas clasificadas como de mellora ambiental ou de protección costeira”.

“Todo estes feitos van na mesa dirección: especulación arredor do patrimonio costeiro, explotación intensiva de zonas con valores ambientais e proliferación de establecementos turísticos e chiringuitos; unha situación de desregulación e desprotección da que se benefician os amigos de Rueda”, conclúe.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-acusa-pp-impulsar-especulacion-do-patrimonio-costeiro-lei-do-litoral-converteuse-nunha-chiringuitada/20260329135616042534.html

Related News

De FNP-fraksje makket him soargen oer nije regeljouwing foar greidefûgeldrones yn it CTR-gebiet fan fleanbasis Ljouwert. De BFVW (Bond Friese VogelWachten) set mei súkses drones yn om nêsten en piken fan greidefûgels op te spoaren en te beskermjen. De gearwurking mei fleanbasis Ljouwert is al jierren posityf, en Provinsjale Steaten sprutsen har stipe út mei in moasje op 17 desimber 2025 oer de ynset fan drones yn it greidefûgelwurk.

read more..

Soll Bayern wirklich das Schicksal Europas und Deutschlands teilen oder seinen eigenen Weg gehen? Sicherheit, Rechtsstaat und Selbstbestimmung stehen auf dem Spiel. Wie kann Bayern seine Bürger schützen und souverän werden?

read more..

ANDALUCISTAS-PUEBLO ANDALUZ RECUERDA EN JEREZ LA NECESIDAD DE VOTAR EL 17 DE MAYO POR EL ANDALUCISMO “REAL Y ÚTIL”
En la recta final de la campaña para las elecciones autonómicas del próximo 17 de mayo, la coalición Andalucistas-Pueblo Andaluz ha asistido a la invitación de medios de comunicación autonómicos en el Real de la Feria de Jerez para compartir unos momentos durante la celebración de esta fiesta andaluza

read more..

ANDALUCISTAS DENUNCIA EL COLAPSO DEL TRANSPORTE EN SEVILLA Y EXIGE SOLUCIONES URGENTES A LAS INFRAESTRUCTURAS PENDIENTES EN ANDALUCÍA
La coalición señala la saturación del metro en Feria y el bloqueo de la SE-40 como ejemplos de una red de comunicaciones “insuficiente para una tierra con potencial de primera”

read more..

Els republicans registren unes preguntes i volen que les conselleres d’Interior i Educació compareguin al Parlament

read more..

El Parlament votarà una bateria de mesures d’Esquerra per fomentar el català al món de l’esport

read more..

Friends,

It is fantastic to be here today in the city of Glasgow.

A city that has been through a tough couple of weeks.

But just as it always does, Glasgow is bouncing back.

The city has come together.

read more..

Óscar Insua e afectados pola pranta de biogás

Insua denuncia que o Goberno de Rueda "quere traer toda a merdallada que ninguén quere" e lembra que a Xunta xa rexeitou proxectos similares noutros concellos

O BNG demanda a elaboración "inmediata" dunha normativa propia que regule a implantación deste tipo de industrias en Galiza

read more..

Jorge Pueyo, presidente de CHA: “La nueva Ejecutiva, formada por 18 personas, aúna juventud y experiencia, y conoce a la perfección el territorio, la situación de Aragón y la realidad de Chunta Aragonesista”.

read more..
Calendar
«September 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930