BNG exixe a rectificación do Goberno e promover unha avaliación ambiental integral para a subestación de Abegondo
Bloque Nacionalista Galego 2-04-2026, 16:50 politics, development
Néstor Rego denuncia a fragmentación na avaliación da subestación de Abegondo e acusa o Goberno do Estado de facilitar a súa tramitación
“O Goberno debe abandonar a fragmentación e promover unha avaliación ambiental integral que teña en conta o conxunto das infraestruturas e os seus efectos acumulativos” sinala
![]()
O Bloque Nacionalista Galego denuncia a actuación cómplice do Goberno do Estado por permitir a tramitación fragmentada do proxecto da subestación eléctrica de Abegondo. Néstor Rego, deputado do BNG, sinala que esta práctica reduce as garantías ambientais e dificulta unha avaliación rigorosa do impacto real da infraestrutura e do conxunto dos proxectos asociados.
O deputado do BNG no Congreso critica con dureza a falta de transparencia e planificación neste procedemento, advertindo de que “non se pode analizar por separado o que forma parte dun mesmo modelo enerxético depredador; estamos ante unha fragmentación intencionada para facilitar autorizacións que, doutro xeito, serían moito máis cuestionadas”.
Após todo o traballo realizado pola organización nacionalista, o Goberno sempre se limitou a responder sinalando que a subestación estaba incluída na planificación enerxética estatal 2021-2026, sen entrar a valorar as críticas sobre a fragmentación nin as consecuencias ambientais. Finalmente, en novembro de 2025 autorizouse a subestación de 400 kV, e en xaneiro de 2026 a de 220 kV.
Para o BNG, esta infraestrutura forma parte do “boom eólico” desordenado que está a sufrir a Galiza, caracterizado pola proliferación de proxectos sen planificación global, con fortes impactos ambientais e sociais, e con graves deficiencias na súa avaliación.
Néstor Rego denuncia que “non se realizou unha avaliación ambiental conxunta das subestacións, das liñas de evacuación e dos parques eólicos asociados, o que impide coñecer o impacto acumulativo real sobre o territorio”. Ademais, sinala que esta situación “deixa en situación de indefensión á veciñanza afectada, que leva anos mobilizándose sen obter respostas claras”.
O deputado do BNG alerta das posíbeis afeccións sobre a Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, así como sobre o patrimonio natural, cultural e a calidade de vida da poboación local.
Ante esta situación, Rego exixe ao Goberno “abandonar a práctica de fragmentar proxectos e promover unha avaliación ambiental integral que teña en conta o conxunto das infraestruturas e os seus efectos acumulativos”.
A organización nacionalista conclúe que a tramitación separada das distintas partes do proxecto non é casual, senón unha estratexia que “reduce as garantías legais e ambientais, facilitando a autorización de infraestruturas de alto impacto que contan cun amplo rexeitamento social e institucional no territorio”.
Finalmente, a formación nacionalista lembra que todos os grupos políticos do Concello de Abegondo, así como a propia veciñanza, manifestaron reiteradamente a súa oposición á instalación desta subestación, reclamando respecto polo territorio e un modelo enerxético sustentábel e planificado.
De Vlaamse Regering heeft een akkoord bereikt over de begrotingsaanpassing. Daarbij wordt onder meer bespaard op het ambtenarenbestand: voortaan wordt nog maar 1 op de 3 vertrekkende of gepensioneerde ambtenaren vervangen. “Deze Vlaamse Regering maakt duidelijke en structurele keuzes voor de begroting, de energiesteun en het drinkwaterplan. We nemen de juiste maatregelen op het juiste moment”, zegt Vlaams minister-president Matthias Diependaele.
read more..Nadat de ervaring -in onder meer Duitsland- leerde dat effectieve grenscontroles wel degelijk werken, kondigde de regering-De Wever midden vorig jaar met veel trompetgeschal aan dat ook België controles zou invoeren om ‘illegale immigratie tegen te gaan’. “Deze zogenaamde ‘grenscontroles’, beperkt tot hooguit twee per week, vonden niet plaats aan de grens, maar in het binnenland”, zegt Vlaams Belang-Kamerlid Francesca Van Belleghem. “Met amper 12 uitzettingen op een half jaar tijd kan het dan ook gerust een formidabele flop worden genoemd.”
read more..La situació de l’habitatge avui és insostenible. Càritas ho alertava fa poc: cada vegada atén més persones que viuen en un menjador, dormen en una llitera a la cuina o comparteixen espai amb la rentadora. Mentrestant, la rendibilitat del negoci immobiliari va assolir el seu màxim històric, un 32,7%, el tercer trimestre de l’any passat. Aquesta contradicció és la realitat del 2026. I no hem arribat aquí de la nit al dia: és el resultat d’anys en què l’habitatge s’ha transformat en un actiu financer, mentre la política no ha sabut –o no ha volgut– posar-hi límits.
read more..Black-out numérique imposé par le régime iranien laisse peu de doute sur la répression qui frappe les opposants à la république islamique. On parle de 30000 victimes et des dizaines de milliers de blessés, disparus ou arrêtés. La mémoire nous rappelle que les mollahs n’ont jamais hésité à réprimer et même torturer pour se maintenir au pouvoir. Plus récemment, une politique des otages a été enclenchée pour réduire la capacité des États à agir contre eux. C’est ainsi que depuis plus de trois ans, Jacques Paris et Cécile Kohler sont retenus en Iran, d’abord dans la prison d’Evin, puis aujourd’hui assignés à résidence à l’ambassade de France. Iranien ou étranger, le moindre soupçon sur une personne suffit à qualifier un individu d’« espion » ou de « terroriste ».
read more..“When given the opportunity to stand up for Wales, they’ll save Starmer’s blushes every time” says Llyr Grufydd MS
read more..Hier, nous avons célébré l’anniversaire de la fondation de l’Union Valdôtaine.
read more..De regering De Wever had het bij de invoering van de centenindex telkens opnieuw over‘de sterkste schouders’ die mede de verantwoordelijkheid moeten dragen om de Belgische begroting uit het slop te halen. Concreet betekent dit dat lonen boven 4.000 euro bruto en pensioenen boven 2.000 euro bruto niet meer volledig geïndexeerd worden.“We hebben steeds aangekaart dat mensen het verlies in brutoloon of brutopensioen levenslang blijven meedragen”, zegt Vlaams Belang Kamerlid Ellen Samyn.“En afgaande op een antwoord van minister van Pensioenen Jan Jambon(N-VA) blijkt nu ook dat de grens van 2.000 euro voor gepensioneerden helemaal niet gekozen werd op basis van het‘sterkste schouders’-principe.
read more..Justitie zal naar schatting dit jaar 5,8 miljoen euro aan verwijlinteresten betalen omwille van laattijdig betaalde facturen. Onder meer de gevangenissen zullen daardoor minder werkingsbudget krijgen.“Dit zijn miljoenen die gewoon de vuilbak worden ingegooid omdat Justitie er niet in slaagt facturen tijdig te betalen”, zegt Kamerlid Alexander Van Hoecke(Vlaams Belang) die de cijfers opvroeg.
read more..Sta mane, à l’alba, i servizii di a SDAT ani arristatu militante naziunalisti in Cismonte.