Pontón propón incrementar o investimento en I+D+i até o 2,5% do PIB para que Galiza avance como sociedade de coñecemento

Bloque Nacionalista Galego 13-03-2026, 10:05 development

Visita Denodo

Exemplifica en Denodo a capacidade das empresas galegas para competir en calquera sector, incluído o das tecnoloxías máis punteiras.

A portavoz nacional, Ana Pontón, apostou na Coruña por incrementar o investimento en I+D+i até situalo no 2,5% do PIB co obxectivo de que Galiza e a súa economía sexa unha sociedade do coñecemento.

Así o afirmou logo da súa visita á empresa Denodo, líder mundial en xestión e virtualización de datos e referente no ámbito das tecnoloxías da información con oficinas en máis de 20 países, e da que dixo “está demostrando como desde Galiza temos capacidade e talento e que podemos competir en todo o mundo”. “Isto é tamén unha marca de orgullo de País”, subliñou.

Logo de agradecer ao seu CEO, Ángel Viña, poder coñecer de primeira man a actividade que desenvolve a compañía, Pontón destacou o potencial que ten o tecido empresarial galego en todos os sectores, incluído o das tecnoloxías máis avanzadas e punteiras.

“Temos un tecido empresarial que ten moito que ofrecer a Galiza e que nos demostra que, nun ámbito como o do desenvolvemento tecnolóxico, temos moita capacidade de crecemento, de xerar riqueza e emprego de calidade”, afondou, para avogar a continuación por desenvolver “unha economía que estea baseada no coñecemento”.

Neste sentido, reafirmou a aposta do BNG por impulsar un proxecto de futuro para o País que contribúa a que siga medrando toda esta capacidade e potencial, polo que defendeu a necesidade dun maior apoio público á innovación.

“Pensamos que un elemento importante é un maior apoio público a todo o que ten que ver coa I+D+i, con como orientar a nosa economía para que sexa unha sociedade do coñecemento”, explicou a líder nacionalista, quen apostou neste punto por traballar como País co obxectivo de que o 2,5% do PIB se destine precisamente ao desenvolvemento da I+D+i, ao coñecemento e á tecnoloxía”.

Este é un obxectivo de goberno para o Bloque, recalcou, dado que hai un “déficit importante” neste ámbito de actuación, indicou logo da visita ás instalacións de Denodo, na que tamén participaron o portavoz municipal, Francisco Jorquera, e o deputado responsable de Axenda Dixital, Daniel Castro.

“Vemos como Galiza está á cola en moitas ocasións nestas materias e cremos que se necesita un maior apoio público e esa é tamén unha das conviccións que temos e un ámbito no que imos seguir traballando”, concluíu.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ponton-propon-incrementar-investimento-i-d-i-ate-25-do-pib-que-galiza-avance-como-sociedade-conecemento/20260312143120042415.html

Related News

El secretari general de Junts alerta que ignorar el català com a criteri d’integració en el procés de regularització d’immigrants “és marginar la llengua”

read more..

Minister van Asiel en Migratie Anneleen Van Bossuyt heeft het minimumbedrag van bestaansmiddelen verhoogd voor niet-EU-studenten die in België willen studeren. Met deze maatregel wil de minister studiemigratie versterken als toegangspoort voor internationaal talent, zonder misbruik toe te laten of studenten in precaire situaties te duwen.

read more..

Gold schützt seit Jahrhunderten die Stabilität von Staaten. Wir Freie Bayern wollen die Risiken des instabilen Euro-Systems nicht länger tragen und fordern: Klarstellung, dass die bayerischen Goldreserven Bayern gehören und auch in Bayern gelagert werden!

read more..

«Apprendiamo con un certo stupore che ieri l’Assessore Scoccimarro ha partecipato a una riunione dell’Ausir in cui è stato comunicato l'avvio ufficiale, a giugno, delle procedure per la nuova aggiudicazione della concessione del Servizio idrico integrato (Sii) di Trieste - dichiara Giulia Massolino, Consigliera regionale del Patto per l’autonomia, annunciando un’interrogazione in Consiglio regionale, in parallelo alle azioni intraprese da Adesso Trieste in Consiglio comunale -. La prima domanda che ci poniamo è: quali indicazioni sono state date ad Ausir da parte del Comune di Trieste per l’avvio della gara? Verso quale modello di gestione vuole andare il Comune, evidentemente d’accordo con Ausir e la Regione? In quali sedi si è svolto il dibattito sul futuro dell’acqua della città di Trieste e sui soggetti che saranno chiamati a gestirla?»

read more..

Zur Verabschiedung des sogenannten Bau-Turbos im Bauausschuss erklärt der Vorsitzende der SSW-Ratsfraktion Kiel, Ratsherr Marcel Schmidt:

„Der Wohnraummangel ist eines der drängendsten Probleme in Kiel. Zu wenig Wohnungen, lange Planungsverfahren und hohe Baukosten sorgen dafür, dass dringend benötigter Wohnraum nicht schnell genug entsteht. Vor diesem Hintergrund ist es richtig und notwendig, neue Instrumente zu nutzen, um Verfahren zu beschleunigen und den Wohnungsbau voranzubringen. Genau hier setzt der sogenannte Bau-Turbo an, der nun im Bauausschuss beschlossen wurde – ein wichtiger Schritt, um Bewegung in festgefahrene Prozesse zu bringen

read more..

Els republicans demanen explicacions, tant al Govern català com a l’Estat, per garantir la senyalització en català

Esquerra Republicana mou fitxa davant la castellanització que usuaris i mitjans de comunicació han denunciat en la senyalització d’algunes carreteres de Catalunya. Els republicans denuncien com els darrers mesos diverses vies de circulació del país han substituït cartells i senyals lluminosos per altres on només s’utilitza el castellà i on apareixen topònims catalans traduïts a la llengua castellana.

read more..

ANDALUCISTAS SUSPENDE SUS ACTOS FÍSICOS DE CAMPAÑA EN SEÑAL DE LUTO POR LOS GUARDIAS CIVILES FALLECIDOS EN HUELVA
La coalición andalucista traslada sus condolencias a las familias de los agentes fallecidos y reclama más medios y apoyo europeo ante la creciente amenaza del narcotráfico en las costas andaluzas

read more..

La Federació, amb un futur incert i en risc, compareix aquest dimarts al Parlament

read more..

Avui guanyem sobirania, més recursos i més futur perquè ERC ho ha fet possible

Catalunya pateix un dèficit fiscal crònic i estructural i des del 2014 malviu i arrossega un sistema de finançament injust, opac, desfasat i caducat des de fa més d’una dècada que no respon a les necessitats del país. El resultat ha estat un infrafinançament estructural que ha posat contra les cordes els serveis públics i ha limitat la capacitat de la Generalitat per garantir-los amb qualitat i equitat. Durant 12 anys no s’ha abordat aquesta reforma pendent, malgrat els reiterats compromisos de l’Estat. Set anys i mig amb la mateixa ministra d’Hisenda evidencien que el problema no era tècnic, sinó polític. Mentrestant, Catalunya ha continuat aportant molt més del que rep.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031