BNG denuncia que a mocidade galega cobra 5.200 euros menos ao ano pola realización do mesmo traballo

Bloque Nacionalista Galego 27-02-2026, 08:00 social, reform, protest

Olalla Rodil e Iago Suárez

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Iago Suárez, denunciou a discriminación salarial que sofren os mozos e mozas de Galiza, que cobran de media 5.203 euros menos ao ano que o resto de traballadores e traballadoras polos mesmos labores. Segundo datos da Enquisa de Estrutura Salarial, os menores de 34 anos perciben 20.076 euros anuais fronte aos 25.279 euros do conxunto da poboación, o que representa "unha diferenza do 20%".

Suárez subliñou ademais que a mocidade galega se atopa en clara desvantaxe respecto á do conxunto do Estado, onde os traballadores de entre 25 e 34 anos cobran de media 23.376 euros, "3.000 euros máis ao ano que os mozos e mozas galegas". Unha situación que cualificou de "inaceptable" nun "país rico, produtor e exportador de materias primas de primeira calidade".

O nacionalista alertou de que os empregos aos que pode acceder a poboación menor de 35 anos "son normalmente máis precarios, menos estables e peor retribuídos", e denunciou o incumprimento da promesa social de que "se estudabas, te esforzabas, encontrarías un traballo ben pagado, poderías comprar unha casa, facer a túa vida e levar adiante o teu proxecto vital. É todo unha mentira, ás todas as luces".

O nacionalista cuestionou a efectividade dos programas de emprego xuvenil do goberno do PP na Xunta, que acumulan "case 30 millóns de euros gastados en cuestións propagandísticas e accesorias", e exixiu que se expliquen os seus resultados. "En que se demostra que a acción lexislativa e gobernativa da Xunta funciona? Porque ata agora vemos clarisimamente que non", concluíu.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-denuncia-que-mocidade-galega-cobra-5200-euros-menos-ao-ano-pola-realizacion-do-mesmo-traballo/20260226143113042314.html

Related News

Die stationären Grenzkontrollen an der deutsch-dänischen Grenze sind bei der Feststellung unerlaubter Einreisender nicht effektiver als die zuvor jahrelang angewandte Ermittlungsarbeit im Hinterland. Das geht aus aktuellen Antworten der Bundesregierung auf parlamentarische Fragen des SSW-Bundestagsabgeordneten Stefan Seidler hervor.

read more..

Ariadna Fernández denuncia que, mentres pechan 300 explotacións ao ano, a medida estrela do PP para salvalas, é un instrumento inútil

read more..

“Tots aquells que vulguin esborrar que Sant Jordi és una festa tradicional de Catalunya estan condemnats a fracassar”, assegura el líder d’Esquerra Republicana

read more..

Dat de besparingen die België moet doorvoeren, zoals premier Bart De Wever (N-VA) beweert, iedereen pijn zullen doen, is relatief. Zo mogen de leden van de koninklijke familie er gerust van zijn dat hun dotaties blijven stijgen. “De totale kost van de monarchie bedraagt dit jaar 44.264.000 euro”, zegt Vlaams Belang-Kamerlid Wouter Vermeersch. “Vergeleken met 2025 is dat een stijging van 689.000 euro. En in 2014, toen koning Filip net op de troon zat, ging het nog om een bedrag van 38.742.000 euro. Zoiets valt op geen enkele manier te verantwoorden.”

read more..

Cristina Fernández: “O PP na Xunta pecha as portas a educar dende a paz, a cooperación, o desenvolvemento sostible e a información veraz e crítica”

“Pretende anular a identidade propia de Galiza baixo a Marca España, abandonando o patrimonio material e inmaterial como se fose unha reliquia”

read more..

L’épilogue retentissant de Viridian Lithium, entreprise créée en 2021 pour porter un projet reconnu comme stratégique au niveau européen, confirme les grandes difficultés de tout ordre, liées à la purification du lithium en Alsace. Ce n’est d’ailleurs pas un hasard si ces projets, très impactants, sont portés par des petites Start-up qui tâtonnent dans un environnement global plus qu’incertain.

read more..

Rodil apunta ao deterioro da sanidade, ás listas da dependencia ou aos problemas de acceso á vivenda como sinais do fracaso do PP na Xunta

“Temos o presidente máis antigalego e centralista da historia, sempre servil ás ordes de Génova en contra dos intereses dos galegos e galegas”, sostén

read more..

Olalla Rodil

Olalla Rodil celebra o acordo unánime de todos os grupos e advirte de que, cinco anos despois da súa aprobación, persisten teitos de vidro e chans pegañentos no sistema científico galego

read more..

Po prvi put nakon desetljeća službeno je odana počast civilnim žrtvama stradalima nakon 1945. godine – ljudima koji nisu bili ni fašisti ni nacisti, nego naši sugrađani ubijeni zbog ideoloških ili nacionalnih razloga.

read more..
Calendar
«September 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930