Goberno dálle a razón ao BNG e mellorará a seguranza viaria da N-120 ao seu paso por Cenlle

Bloque Nacionalista Galego 1-03-2026, 12:30

Néstor Rego

O Bloque Nacionalista Galego vén de conseguir o compromiso do Goberno do Estado para acometer actuacións de mellora da seguranza viaria na estrada N-120 ao seu paso polo termo municipal de Cenlle despois das iniciativas rexistradas nas Cortes do Estado onde se reclamaban medidas urxentes para protexer a veciñanza.

Na súa resposta oficial, o Goberno confirma que incluirá na programación de actuacións na Rede de Estradas do Estado en Ourense para o ano 2026 a renovación da sinalización vertical que sexa necesaria e a implantación de nova sinalización nas travesías deste tramo da N-120. Un compromiso que o BNG considera froito directo da súa iniciativa parlamentaria e da presión exercida para atender as demandas da veciñanza.

Aínda que o executivo afirma que, tras analizar as variables de tráfico e os parámetros do tramo, o seu estado é “correcto actualmente”, recoñece a necesidade de actuar na mellora da sinalización, unha cuestión que o BNG puxo enriba da mesa como parte das solucións necesarias para reforzar a seguranza.

Ademais, o Goberno lembra actuacións xa realizadas nos últimos anos, como as obras de humanización na travesía de Razamonde —co obxectivo de mellorar a seguranza peonil e a drenaxe— e o reforzo do firme no punto quilométrico 585+400. Porén, para o BNG estas intervencións resultan insuficientes ante as demandas existentes nos distintos núcleos do municipio.

Xosé Gabriel Alberte sinala que o BNG seguirá insistindo na necesidade de instalar pasos de peóns elevados ou regulados por semáforos a demanda nos puntos máis conflitivos, así como medidas eficaces de control da velocidade, tal e como reclamaba nas iniciativas presentadas.

“O recoñecemento da necesidade de actuar e o anuncio de novas medidas demostran que tiñamos razón. Agora cómpre concretar prazos e actuacións que garantan unha verdadeira protección das persoas” sinala o portavoz municipal do BNG, Xosé Gabriel Alberte.

https://www.bng.gal/articulo/novas/goberno-dalle-razon-ao-bng-mellorara-seguranza-viaria-da-n-120-ao-seu-paso-cenlle/20260228124215042332.html

Related News

Le Parti Breton apporte son soutien à la liste « Unis pour demain » conduite par Claude Annic sur la commune de Pluméliau-Bieuzy. Il sera représenté sur cette liste par son secrétaire de fédération du Morbihan, Pierre-Alexandre Lugué.

read more..

La proposta menorquinista insta el Govern a augmentar les dietes fins a assolir el cost real en un termini de sis mesos i que aquestes siguin pagades en un període inferior als tres mesos

read more..

Cruset: “El govern espanyol viu en una realitat paral·lela. Rebaixin impostos a l’habitatge i posin IVA 0% als autònoms”

read more..

Justitie zal naar schatting dit jaar 5,8 miljoen euro aan verwijlinteresten betalen omwille van laattijdig betaalde facturen. Onder meer de gevangenissen zullen daardoor minder werkingsbudget krijgen.“Dit zijn miljoenen die gewoon de vuilbak worden ingegooid omdat Justitie er niet in slaagt facturen tijdig te betalen”, zegt Kamerlid Alexander Van Hoecke(Vlaams Belang) die de cijfers opvroeg.

read more..

Terwijl onze boeren wanhopig worden, fabrieken één na één sluiten en werkgelegenheid naar het buitenland verdwijnt, weigert de Vlaamse regering aan Europa te vragen om de verstikkende milieuregels te versoepelen. Minister Jo Brouns(cd&v) waagde een schuchtere poging met een non-paper, maar N-VA en Vooruit trokken onmiddellijk aan de handrem.“In plaats van onze eigen mensen te verdedigen, kiezen ze ervoor om braaf te knielen voor ideologische regels uit Europa die totaal geen rekening houden met de realiteit van dichtbevolkt, hardwerkend Vlaanderen”, zei Chris Janssens(Vlaams Belang) in het Vlaams Parlement.“Zo verraden ze duizenden gezinnen, bedrijven en boeren die gewoon nog willen werken en leven in hun eigen land.”

read more..

Nieuwe cijfers die voorzitter van de commissie Binnenlandse Zaken Ortwin Depoortere(Vlaams Belang) opvroeg bij minister van Binnenlandse Zaken Bernard Quintin(MR) tonen aan dat het Belgische drugsbeleid fundamenteel scheef zit.“België is niet alleen een doorvoerland, maar ook een uitgesproken gebruiksland, terwijl de gebruiker vandaag nog te vaak buiten schot blijft”, stelt Depoortere.

read more..

Activista històrica, germana de dos independentistes destacats i compromesos, va conèixer la repressió de primera mà, amb la presó, el refugi a Catalunya Nord i les tortures patides juntament amb la seva germana Eva Serra i Puig. De ben jove, va combatre l’opressió nacional i les injustícies socials. En aquella època, el PSUC no la convencia, perquè considerava que la causa nacional era tractada com un afer secundari i no s’abordava adequadament.

read more..

L’Assemblea Nacional Catalana, l’Organització de Pobles i Nacions No Representats (UNPO), i Geneva for Human Rights (GDH) han presentat un informe a un organisme de Nacions Unides denunciant diverses discriminacions que el poble català pateix per part de l’Estat. L’informe, presentat abans de l’examen de l’Estat espanyol, que tindrà lloc durant la 118a sessió del Comitè, prevista per l’agost de 2026, exposa el patró sistèmic de discriminació que pateix el poble català i que afecta els seus drets culturals, civils, polítics i econòmics.

read more..

NALS – Bereits im vergangenen Jahr machten wir mit zwei Aktionen auf die Missstände und das Versagen der Landesregierung in Bezug auf das Ehrenamt aufmerksam. Bei der letzten Aktion forderten wir umgehendes Handeln sowie die Einführung des seit Langem versprochenen Landesregisters für ehrenamtlich tätige Vereine, da mit dem 1. Jänner 2026 das Vereinsgesetz des Dritten Sektors in Kraft trat.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031