Comunicado da Executiva Nacional do BNG de apoio ao pobo cubano
Bloque Nacionalista Galego 4-03-2026, 10:04 protest, international
![]()
A Executiva do Bloque Nacionalista Galego (BNG) amplía a súa condena anterior para denunciar enerxicamente as dúas novas e graves medidas adoptadas polo goberno dos Estados Unidos baixo a administración de Donald Trump, que representan unha perigosa escalada da política de asfixia económica e agresión contra a República de Cuba.
A Executiva nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta a súa máis firme e rotunda condena polo recente aprofundamento do bloqueo económico, comercial e financeiro contra a República de Cuba por parte do goberno dos Estados Unidos de América.
Denunciamos:
- Que a Orde Executiva asinada o 29 de Xaneiro de 2026, e o bloqueo petroleiro, que baixo o pretexto dunha falsa "emerxencia nacional", declara a Cuba unha "ameaza inusual e extraordinaria" para a seguridade dos EUA. O obxectivo práctico desta medida é impoñer aranceis punitivos a calquera país que forneza petróleo a Cuba, buscando estrangular por completo unha das vías de subministración enerxética vital para a illa. Esta acción é un chantaxe descarado á comunidade internacional, unha violación do dereito internacional e un ataque directo que pretende paralizar a xeración eléctrica, o transporte, a produción agrícola e os servizos sanitarios básicos do pobo cubano.
- Que a inclusión de Cuba na Lista de Estados Patrocinadores do Terrorismo, carece de toda base real. Cuba é un país de paz, cunha longa traxectoria de solidariedade e cooperación internacional. A designación como "patrocinador do terrorismo" impón sancións financeiras extraterritoriais que paralizan o comercio e o investimento internacional con Cuba, impedindo transaccións bancarias e créditos, e agravando a crise económica.
- Que estas medidas, insírense nunha política de máis de seis décadas de asfixia sistemática ao pobo cubano, constitúe un acto de clara violación do Dereito Internacional e da Carta das Nacións Unidas. O bloqueo é un castigo colectivo que atenta directamente contra os dereitos humanos máis básicos da poboación civil, limitando o seu acceso a medicinas, alimentos, recursos sanitarios e desenvolvemento económico.
O BNG considera que estas accións forman parte dunha estratexia concertada de "máxima presión" para provocar o colapso económico, xerar unha crise humanitaria artificial e forzar un cambio de réxime contra a vontade soberana do pobo cubano.
O BNG, fiel aos seus principios de solidariedade internacionalista, defensa da autodeterminación dos pobos e rexeitamento a calquera forma de imperialismo ou inxerencia, considera inaceptábel que no século XXI se manteñan e reforcen este tipo de políticas coercitivas unilaterais. Estas accións non só causan sufrimento á nación cubana, senón que vulneran a soberanía e o dereito de Cuba, como calquera outro Estado, a escoller libremente o seu sistema político, económico e social.
Diante desta situación o BNG:
- Condena sen paliativos a orde executiva do 29 de xaneiro como un acto de guerra económica contra Cuba, que viola todos os principios do Dereito Internacional e da Carta das Nacións Unidas.
- Rexeita absolutamente a infundada e cínica inclusión de Cuba na lista de patrocinadores do terrorismo, unha ferramenta política sen lexitimidade.
- Fai un chamamento á Unión Europea, ao Goberno de España, á Xunta de Galiza e á comunidade internacional para que non se presten a este chantaxe, rexeiten estas medidas unilaterais e tomen accións contundentes para protexer o dereito á vida e á autodeterminación do pobo cubano.
- Reitera a súa solidariedade inquebrantábel co pobo e o goberno lexítimo de Cuba nesta nova e difícil etapa de loita pola súa soberanía.
https://www.bng.gal/articulo/novas/comunicado-da-executiva-nacional-do-bng/20260203125639042178.html
Zur Diskussion um die Situation in Gaarden erklärt der Vorsitzende der SSW-Ratsfraktion Kiel, Ratsherr Marcel Schmidt:
„Der Kieler Stadtteil Gaarden liegt der SSW-Ratsfraktion sehr am Herzen. Wir hatten deshalb in den Haushaltsberatungen im Dezember 2023, als die Kooperation unsere Stimmen für die Mehrheit zum Haushalt benötigte, finanzielle Mittel in Höhe von 1,4 Millionen, überwiegend für Sozialarbeit und die Verstärkung des Kommunalen Ordnungsdienstes (KOD) auf dem Ostufer, in den Haushalt hineinverhandelt. Leider wurden die Mittel für die Sozialarbeit in Gaarden von Grün-Rot wieder zusammengestrichen und der KOD hat immer noch keinen Stützpunkt in Gaarden.
Na weken van politieke discussies en procedurele vertragingen heeft de Kamer donderdag enkele belangrijke dossiers goedgekeurd: de pensioenhervorming en de programmawet, met daarin een hele reeks begrotingsmaatregelen.
read more..In de plenaire vergadering van de Kamer toonde fractievoorzitter van het Vlaams Belang Barbara Pas zich verheugd dat het Vlaams Belang de asociale plannen van premier Bart De Wever(N-VA) vandaag heeft kunnen uitstellen. Zehoopt bovendien dat van dit uitstel afstel zal komen.“Terwijl gasprijzen exploderen en de energiefacturen stijgen weigert uw regering in te grijpen. In plaats van de Vlamingen te ontlasten plant u zelfs nog hogere taksen. De Vlaming is nochtans al genoeg uitgeperst”, wierp ze de premier toe.
read more..Ennatu Domingo alerta que “la gran majoria d’estudiants s’han de desplaçar fora del seu lloc d’origen per continuar la seva formació, amb el risc que no tornin a establir-se en el territori”
read more..La diputada republicana denuncia que el silenci administratiu de l’executiu incompleix compromisos històrics del sector i “bloqueja un dret”
read more..BOZEN – Seit Montag, dem 26. Jänner 2026, hängen in ganz Südtirol an zahlreichen Bushaltestellen Plakate mit der Aufschrift „Grüß Gott in Tirol“. Die Aktion wird vom Südtiroler Schützenbund (SSB) gemeinsam mit dem Südtiroler Heimatbund (SHB) durchgeführt und richtet sich bewusst an Gäste aus aller Welt.
read more..Anlässlich des Equal Pay Day und seiner Bedeutung erklärt die sozialpolitische Sprecherin der SSW-Ratsfraktion Kiel, Ratsmitglied Jaqueline Hörlöck:
„Auch in diesem Jahr macht der Equal Pay Day deutlich: Von echter Lohngleichheit zwischen Frauen und Männern sind wir noch immer ein gutes Stück entfernt. Zwar verbessern sich einzelne Kennzahlen leicht, doch der bereinigte Gender Pay Gap, also der Lohnunterschied bei vergleichbarer Qualifikation und Tätigkeit, sinkt seit Jahren kaum. Das zeigt, dass strukturelle Ungleichheiten fortbestehen. Noch immer übernehmen Frauen überproportional häufig unbezahlte Sorgearbeit oder reduzieren ihre Erwerbstätigkeit, nicht zuletzt, weil sich ihre Arbeit finanziell oftmals weniger lohnt.
Ana Pontón advirte de que as empresas leiteiras anuncian recortes de seis céntimos por litro na renovación dos contratos
O BNG denuncia que Galiza volve ter o prezo máis baixo do Estado a pesar de producir leite da máxima calidade
read more..Siciliani Liberi è vicina alla città di Niscemi, dove una terribile frana – aggravata dalla furia del Ciclone Harry – ha causato l’evacuazione di mille cittadini dalle loro abitazioni, strappandoli al loro diritto primario costruito con il frutto di una vita di duro lavoro. Niscemi è un territorio che basa la sua economia principalmente sull’agricoltura e il ciclone ha devastato le coltivazioni di carciofi, creando al comparto danni incalcolabili che non sappiamo se riceveranno mai ristoro.
read more..