Da Silva (BNG) denuncia: “PP e PSOE xuntos na defensa de Mercosur”

Bloque Nacionalista Galego 26-02-2026, 11:25 anti-globalization, person

Carme da Silva

A senadora do BNG, Carme da Silva, denuncia o voto en contra de PP e PSOE á moción nacionalista que procuraba instar o Goberno a mudar a posición e rexeitar o acordo UE-Mercosur polos seus efectos negativos sobre o sector agrogandeiro galego. Ambas formacións estatais, sinala Carme da Silva volven rexeitar defender os intereses dun sector estratéxico na Galiza e critica a posición de PP e PSOE que “din defendelo na Galiza mais todas as veces que tiveron que votar, votaron a favor do acordo”.

Após a votación da iniciativa do BNG, a senadora nacionalista sinala que agora “os galegos e galegas teñen claro cal é a posición política de cada grupo político”. Tanto Partido Popular como Partido Socialista, votaron en contra da iniciativa do BNG en que se instaba o Goberno a rexeitar o acordo de asociación entre a Unión Europea e Mercosur polos efectos negativos sobre o sector agrogandeiro.

“O BNG ten claro, desde hai moito tempo, a súa posición política: estamos en contra do acordo UE-Mercosur porque suporá grandes prexuízos para un sector fundamental e estratéxicos para a economía galega, sobre todo para as pequenas e medianas explotacións galegas” alerta Carme da Silva durante a defensa da iniciativa do BNG.

O Acordo UE-Mercosur, enumera a senadora nacionalista, ten tres problemas esenciais: suporá a importación de alimentos producidos a milleiros de quilómetros, que vai en contra dos obxectivos marcados no seo da UE para o consumo de proximidade; existirá unha ausencia de controis e a utilización de fitosanitarios que na UE non se permiten e as condicións laborais das persoas que traballan nas explotacións.

Un PP que quita a careta: a favor do acordo, en contra de defender os intereses do sector agrogandeiro galego

“O PP ao sector dille na Galiza que está en contra do acordo mais, todas as veces que tivo que votar, votou a favor del” recorda a senadora nacionalista, que enfatiza após a votación desta iniciativa que, agora, o sector agrogandeiro galego “ten claro cal é a posición de cada forza política”. Para Carme da Silva, esta moción serviu -ademais de para mostrar máis unha vez o apoio do BNG ao sector agrogandeiro galego- para que o Partido Popular “se quite a careta”.

https://www.bng.gal/articulo/novas/da-silva-bng-denuncia-pp-psoe-xuntos-defensa-mercosur/20260225172443042304.html

Related News

14 marzo 2026

Buona sabato Amici,

benvenuti al quindicesimo appuntamento settimanale con la newsletter della Lega – straordinariamente di sabato, non di domenica, in occasione della gazebata del weekend – per tenervi aggiornati sull’attività del nostro movimento e sui risultati concreti ottenuti grazie al nostro lavoro al Governo, in Parlamento, in Europa e sui territori.

read more..

Alcaldes i regidors d’arreu del país qüestionen la proposta del mapa d’implantació d’energies renovables del govern de la Generalitat i demanen un paper actiu dels ajuntaments en un pla que marcarà el futur energètic del territori.

read more..

Die deutsche Energiepolitik Deutschlands ist ein Weg zurück in die Steinzeit! Was unter CDU/CSU/Grüne/SPD in der Energiepolitik in den Jahren seit 2012 beschlossen und bis heute nicht korrigiert wurde, bedeutet im Klartext nichts anderes als ein Land ohne Strom.

read more..

Докато властта узурпира честването на Гоце Делчев в Благоевград с военни паради, каквото никога не е правила в миналото, други, които до вчера не знаеха къде е Скопие, тичат там да се снимат пред паметниците и да правят скандали пред гроба на Гоце Делчев.

read more..

Nous sommes fiers de vous annoncer le nouveau responsable de la section Moselle/Lothringen, jeune Mosellan qui s’engage pour son peuple et son territoire.

read more..

La diputada Pilar Calvo registra una bateria de preguntes al Congrés davant les contradiccions entre els ministeris de Sanitat i Defensa sobre la obligatorietat de les quarantenes

read more..

De diensten van Vlaams Dierenminister Ben Weyts namen vorig jaar 6.563 dieren in bescherming die door hun eigenaars mishandeld of verwaarloosd werden. Dat zijn zo’n 18 dieren per dag. Het aantal in beslag genomen dieren steeg op zes jaar tijd met bijna zestig procent, terwijl het aantal boetes verdubbelde. “Sommigen hebben nog altijd niet door dat we in Vlaanderen dierenwelzijn ernstig nemen”, zegt minister Weyts.

read more..

Néstor Rego Candamil reclamará desbotar este proxecto polo seu impacto negativo e polo que representa de espolio do noso País

“Cal é a posición do Goberno sobre o proxecto estratéxico de materias primas críticas dentro do Plan ReArm?” preguntará Rego á Vicepresidenta Terceira

“Se se confirma que foi incluída sen contar coa correspondente avaliación técnica ambiental previa, estaríamos diante dunha actuación irregular que debe ser explicada” afirma o deputado

read more..

La Comisión de Coordinación de las comarcas del Alto Aragón, ha elegido a José Ramón Ceresuela como Secretario Territorial de CHA, el cual tendrá como principal objetivo conseguir que todos los grandes ayuntamientos del Alto Aragón cuenten con la fuerza transformadora e ilusionante de las mujeres y hombres de Chunta Aragonesista, empezando por el ayuntamiento de la capital altoaragonesa.

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031