Ana Miranda demanda axilidade na execución do Corredor Atlántico e na cooperación transfronteiriza

Bloque Nacionalista Galego 26-02-2026, 06:44

Encontro BNG corredor atlántico

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, fixou dúas prioridades para Galiza na Comisión de Política Rexional, como son a execución do Corredor Atlántico e a cooperación transfronteiriza, a respecto do informe do que é correlatora en nome do grupo parlamentar, o instrumento financeiro das Redes Transeuropeas de Transporte denominado “Mecanismo Conectar Europa (CEF)”.

“Temos que aproveitar os recursos europeos para que Galiza conte dunha vez cunha demanda histórica como é o Corredor Atlántico”, salientou Ana Miranda, quen, como única voz galega na Comisión de Política Rexional do Parlamento Europeo que decidirá os futuros fondos de cohesión, explicou que para Galiza é fundamental axilizar a rede transeuropea no ámbito do transporte.

Este informe sobre o instrumento financeiro “Mecanismo Conectar Europa (CEF) ten como un dos seus obxectivos rematar a Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T), centrándose en completar a rede central e a rede ampliada para 2030 e 2040 respectivamente. Neste sentido a eurodeputada galega salienta que o corredor Atlántico -Porto-Vigo-A Coruña- aparece mencionado no anexo como prioridade pero sen fondos, polo que non poderá ser completado. “Nese sentido irán as emendas do BNG”, avanzou.

Aproveitar a oportunidade

Por outro lado, Ana Miranda defendeu a importancia de empregar este mecanismo para eliminar obstáculos e barreiras administrativas, especialmente no eido transfronteirizo de Galiza Norte de Portugal. Neste sentido salientou que o CEF pode presentar unha oportunidade para desenvolver o Regulamento EU 2025/925 ou BridgeforEU para avanzar na eliminación dos problemas administrativos en territorios transfronteirizos, sempre que vaia completado con investimentos “non como até agora”, sinalou.

“Estamos diante dunha oportunidade para mellorar as conexións entre Galiza e Portugal e a calidade de vida das miles de persoas que cada día se desprazan a un e outro lado da fronteira, tal e como no BNG levamos demandando desde hai tempo, e temos que aproveitala”, dixo ao respecto. Neste sentido Ana Miranda defende que para o BNG son fundamentais propostas como a modernización e o impulso de infraestructuras abandoadas ou en desuso como a rede ferroviaria secundaria que conectaría coa Rede Transeuropea de Transportes, a construción de infraestruturas para mellorar as conexións das áreas urbanas, a conexión de portos e autoestradas e en especial a creación dos nós multimudais (NUDOS) que conecten dunha vez portos como o de Vigo á rede transeuropea, mais tamén ás áreas rurais e periurbanas das áreas transfronteirizas para dar acceso a servizos públicos e accesibilidade a lugares de traballo.

Precisamente estes temas de conectividade, accesibilidade e apoio ás conexións transfronteirizas e a mellora do transporte de proximidade foron as principais demandas manifestadas nun encontro que a eurodeputada do BNG mantivo recentemente en Vigo para analizar este informe, no que participaron o portavoz municipal da cidade, Xabier P. Igrexas; a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández; o Responsábel Comarcal de Vigo, Manuel Caride, e do Condado, Xavier Viéitez; así como representantes da formación nacionalista en Redondela; Tomiño; Tui; Salvaterra; Covelo; Mondariz Balneario; Salceda; Crecente e Mondariz.

Segundo salientaron nas súas intervencións, esta mellora da rede de transportes e da mobilidade, ademais de contribuír a fixar poboación, debería ir da man da mellora das conexións coa PLISAN (Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves), no obxectivo de garantir o seu completo desenvolvemento industrial e a accesibilidade das zonas.

https://www.bng.gal/articulo/novas/ana-miranda-demanda-axilidade-execucion-do-corredor-atlantico-cooperacion-transfronteiriza/20260225113323042298.html

Related News

Treinreizigers in België botsen vandaag nog te vaak op vertragingen, gemiste aansluitingen en een ingewikkeld aanbod. Daarom dient Kamerlid Dorien Cuylaerts een voorstel van resolutie in om het spoor grondig te hervormen en te laten evolueren naar een eenvoudiger en beter afgestemd systeem. “Voor veel mensen is de trein vandaag geen logisch alternatief voor de auto. Overstappen missen, lang wachten of moeten zoeken naar de juiste verbinding, dat schrikt mensen af. Dat moet eenvoudiger en betrouwbaarder”, zegt Cuylaerts.

read more..

Zaga d'os zagueros novimientos en l'aragonesismo y devant de as eleccions municipals de mayo de 2027, femos publica la nuestra valuración

read more..

Het Vlaams Belang vindt het bijzonder problematisch dat minister van Justitie Annelies Verlinden(cd&v) slechts weet heeft van het overbrengen van twee Belgische'foreign terrorist fighters' van een gevangenis in Syrië naar een gevangenis in Irak.“Wat met de andere terroristen met banden met België die gevangen zaten in Syrië?”, vraagt Kamerlid Alexander Van Hoecke zich af.“Om ervoor te zorgen dat ze nooit meer naar dit land weer zullen keren, moeten we dit weten.”

read more..

Els acords comercials no són mai neutrals. Defineixen quin model econòmic, social i productiu volem, i també a qui protegim i a qui deixem enrere. Per això l’acord entre la Unió Europea i el Mercosur, tal com està plantejat, és profundament preocupant al posar en risc la nostra sobirania alimentària i el futur del sector primari català.

read more..

Les premiers Statuts répondaient avant tout à une exigence fondamentale : assurer la reconnaissance juridique du Mouvement et garantir la survie culturelle d’un peuple.
Pour un mouvement autonomiste, les Statuts ne sont jamais un simple ensemble de règles. Ils constituent souvent un texte presque « sacré », qui rappelle les racines, fixe les principes fondateurs et inscrit dans le marbre les raisons mêmes pour lesquelles le Mouvement a été créé. Actualiser les Statuts signifie donc accomplir un acte de responsabilité : discerner ce qui, dans cet héritage, demeure immuable, et ce qui doit être adapté aux exigences du XXIᵉ siècle.

read more..

Els grups parlamentaris demanen un reconeixement públic a les víctimes i mecanismes de reparació

Junts, Esquerra Republicana, Comuns i CUP insten la Sindicatura de Greuges a actuar d’ofici davant els casos de vexacions, maltractaments, agressions i morts de nombrosos joves durant el servei militar obligatori a l’Estat. Els quatre grups han registrat una proposta al Parlament per esclarir els fets que, els darrers mesos, han emergit a través de nombrosos testimonis i de dos documentals emesos a 3Cat.

read more..

De N-VA reageert onthutst op het gelekte onderzoek van het RIZIV naar langdurig arbeidsongeschikten. Inspecteurs stelden in de steekproef vast dat ziekenfondsen te gul waren met uitkeringen: meer dan de helft van de onderzochte langdurig zieken bleek in werkelijkheid wél te kunnen werken.

read more..

El grup parlamentari de Junts, reclama al Govern mesures urgents que millorin la mobilitat entre l’Anoia i Barcelona, amb especial atenció al reforç de la línia d’autobús Exprés.cat e5 Igualada–Barcelona–Igualada, principal connexió de transport públic de la comarca amb l’àrea metropolitana.

read more..

Sara Bailac: “Pugen les hipoteques, pugen els lloguers, puja tot menys els salaris, i moltes famílies viuen ofegades per uns preus que estan pels núvols.”

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031