BNG reclama ao “goberno trapalleiro” do PP que cambie as chapuzas fiscais pola gratuidade universal dos libros de texto
Bloque Nacionalista Galego 25-02-2026, 10:21
![]()
A portavoz de Facenda do BNG, Noa Presas, emprazou o Goberno “trapalleiro” do PP a cambiar a “chapuza fiscal” que fixeron coas rebaixas no material escolar pola recuperación da gratuidade universal dos libros de texto, na que Galiza foi vangarda hai vinte anos. “Recortaron dereitos e agora venden unha esmola como se fora a panacea”, asegurou.
O BNG apoio co seu voto a lei tramitada polo procedemento de urxencia para corrixir o “parche mal feito” na Lei de Acompañamento dos Orzamentos e permitir que as familias que pagaron os libros e material escolar con cartos en efectivo poidan tamén acollerse á rebaixa no IRPF. “Está ben que rectifiquen a súa chapuza porque habería centos de persoas discriminadas no próximo exercicio da renda e non imos obstaculizalo”, argumentou.
Porén, máis alá de arranxar a “chapuza lexislativa” do PP, Presas situou o “debate de fondo” na eficacia dunha “medida propagandística” —a desgravación fiscal— fronte á gratuidade dos libros que defende o BNG e que o PP suprimiu cando chegou á Xunta, cando “quixeron ser campións dos recortes da dereita”. “Iso é o que deberían corrixir por lei”, sostivo.
“Acceder ao material escolar non pode ser un obstáculo para ningún neno ou nena e ten que estar garantido de forma gratuíta no ensino, combinando gratuidade e préstamo”, argumentou neste punto a deputada nacionalista, quen cifrou nuns 40 millóns de euros o que lle suporía esta medida á Consellería de Educación, cun orzamento que supera os 3.000 M€.
Fronte á gratuidade universal, considerou que as desgravacións que defende o PP son “propaganda para facer que fan e con pouca efectividade”, porque as axudas “non chegan a todo o mundo e “deixan no limbo” moitos fogares e porque é un “alivio en diferido” que “pouco lle fai a unha familia para sacar o pescozo da auga” xa que a rebaixa na declaración da renda chega un ano despois de ter que “facer malabarismos” para afrontar no inicio de curso un gasto mínimo de 400 euros por fillo ou filla.
Presas destacou, no mesmo sentido, que a suba acumulada de prezos nos últimos dez anos é dun 50 %, polo que a desgravación fiscal é “un parche”. Tamén é, agregou, unha “manobra de distracción para tapar a situación na que está hoxe o ensino público deste País despois de anos e anos de recortes” dun Goberno do PP que aplicou a tesoira non só para eliminar a gratuidade dos libros de texto, senón tamén para recortar o salario do profesorado, ao que se aumentaron as horas lectivas, e para reducir profesorado (2.500 docentes menos entre 2009 e 2019 no ensino non universitario).
A deputada nacionalista recordou que a comunidade educativa vaise mobilizar esta fin de semana e referiuse ao día de hoxe como un “martes negro” no ensino galego, un “martes de loita nos centros, onde profesorado, pais, nais, nenos e nenas están defendendo o ensino galego, máis persoal, especialmente para a atención á diversidade, máis transparencia, negociación, menos burocracia, recuperar o horario lectivo de antes da crise e baixar os rateos”.
Respecto da tramitación polo procedemento de urxencia da lei debatida hoxe, Presas insistiu na “trapallada lexislativa” dos populares e dun goberno no que presumen de ser “bos xestores”, ironizou, e que “ano tras ano” aproveitan a Lei de Medidas de Acompañamento dos orzamentos “con premeditación e aleivosía” para “meter pola porta de atrás todo tipo de cambios legais”.
“Reformaron 50 leis e 15 decretos que nada tiñan que ver cos orzamentos sen contar co espectáculo que nos deron coas súas propias emendas”, subliñou a portavoz de Facenda do BNG no Parlamento, que lamentou que o PP non tivese errado á hora de dar alas á patronal enerxéticas, ao favorecer a expansión do eucalipto ou ao recortar as normas de habilitabilidade para que os galegos e as galegas “durman en pisos máis pequenos que as habitacións de hoteis nas que dormen vostedes cando van de retiro”.
A portavoz nacional do BNG advirte de que, a pesar do rexeitamento ao proxecto industrial: "Non renunciamos a sacar a luz o acordo segredo que o goberno de Rueda asinou con Altri, a través dunha sociedade pública"
read more..De Veilige Huizen blijven steeds meer gezinnen bereiken. Dat blijkt uit de nieuwste cijfers: in 2025 werden 5.655 gezinnen begeleid. Dat is een stijging van bijna 30 procent tegenover 2024. Daarnaast steeg ook het aantal tijdelijke huisverboden in dezelfde periode met 7,3 procent. De toename toont dat de geïntegreerde aanpak van familiaal geweld steeds beter haar weg vindt naar gezinnen in nood. “Samen kunnen we de geweldspandemie eindelijk stoppen”, zegt Vlaams minister van Justitie Zuhal Demir.
read more..People want decisions made closer to home, by those who understand local needs, not by distant departments in Westminster.
read more..Vlaams minister van Media Cieltje Van Achter vraagt aan Meta om de Europese regels rond verslavende algoritmes ook in Vlaanderen toe te passen. In een brief eist ze dat Vlaamse gebruikers dezelfde instellingen krijgen als Nederlandse gebruikers op Facebook en Instagram.
read more..La jornada sobre vivienda organizada por Chunta Aragonesista tendrá lugar mañana viernes en el salón de actos de la DPH de 18 a 20.30 horas y contará con personas conocedoras de la mayor problemática que vive la sociedad oscense, aragonesa y europea.
read more..REIN IN TAUFERS – Der Bezirkstag des Schützenbezirkes Pustertal am 15. März 2026 stand ganz im Zeichen des Gedenkens an den kürzlich verstorbenen Siegfried Steger. Die „Puschtra Buibm“ sind nun beim Herrgott wieder vereint – dem Bezirk bleibt der Auftrag, in ihrem Sinne weiterzuarbeiten.
read more..En un gest de coherència amb el posicionament de les darreres setmanes, Alamany i Capella anuncien el tràmit parlamentari per oposar-se als comptes
read more..Het Vlaams Belang vindt het vernietigende oordeel van de Raad van State over de btw-hervorming voor cultuur en afhaalmaaltijden de logica zelve. “Deze afgang voor de regering-De Wever voorspellen wij al maanden”, zegt Kamerlid Lode Vereeck. “Geen idee of we dit soort wetgevende gedrochten te danken hebben aan het kabinet van Financiën of aan het politiek gemarchandeer binnen het kabinet van de premier, maar één zaak is zeker: dit is puur knoeiwerk.”
read more..De Vlaamse Volksbeweging deelt bloemen uit aan het personeel van Kliniek Sint-Jan in Brussel. Het Brusselse ziekenhuis doet mee aan een pilootproject van het ToTaalplan Nederlands van Vlaams minister van Brussel Cieltje Van Achter. Al 180 personeelsleden hebben zich ingeschreven voor een cursus Nederlands.
read more..