BNG reclama ao Goberno garantir a accesibilidade da oficina de Correos do Graxal, no Temple, en Cambre
Bloque Nacionalista Galego 24-02-2026, 22:09
![]()
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama ao Goberno do Estado actuacións inmediatas para garantir a accesibilidade e mellorar as condicións de prestación do servizo na oficina de Correos situada na rúa Constitución do Graxal, na parroquia do Temple, no termo municipal de Cambre.
A oficina dá servizo a toda a parroquia do Temple, o núcleo máis poboado do municipio, con preto de 10.000 habitantes, polo que rexistra unha importante afluencia diaria de persoas usuarias. Porén, as actuais instalacións presentan graves deficiencias, especialmente no que atinxe á accesibilidade.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denuncia que “é inaceptábel que unha oficina pública que atende millares de veciñas e veciños continúe a incumprir de maneira flagrante a normativa de accesibilidade, obrigando a persoas maiores ou con mobilidade reducida a subir e baixar escaleiras sen unha alternativa digna e funcional”.
A entrada ás dependencias conta cun tramo de escaleiras que non dispón dunha solución accesíbel real. O dispositivo mecánico instalado nun dos laterais non funciona con regularidade e, mesmo cando está operativo, resulta lento, pouco práctico e non garante un acceso cómodo nin digno. “Non estamos ante unha cuestión menor, senón ante unha vulneración evidente do dereito de acceso aos servizos públicos en condicións de igualdade” subliña Rego.
Ademais, o nacionalista advirte das dificultades de estacionamento na contorna da oficina, onde non existe ningunha zona habilitada para parada temporal ou estacionamento limitado, o que dificulta aínda máis o acceso, especialmente para persoas con problemas de mobilidade. A formación nacionalista considera necesario que Correos estableza contactos co Concello para habilitar solucións que faciliten unha prestación áxil do servizo.
Neste sentido, Néstor Rego demanda ao Goberno do Estado que clarifique a situación xurídica do inmóbel —se é titularidade de Correos ou se se trata dun aluguer— co obxectivo de adoptar decisións inmediatas. “En función do réxime do local, cómpre actuar sen máis demoras: ben acometendo obras integrais de adaptación e mellora das instalacións actuais, ben procurando un novo inmóbel no barrio do Graxal que reúna todas as condicións de accesibilidade e calidade que a veciñanza merece” sinala o deputado nacionalista.
Néstor Rego insiste en que a solución debe ser permanente e efectiva, garantindo que todas as persoas, con independencia das súas condicións físicas, poidan acceder ás oficinas en igualdade de condicións. “O Goberno do Estado non pode mirar para outro lado. Ten a responsabilidade de asegurar que os servizos públicos que dependen da súa competencia cumpran coa legalidade e cos estándares mínimos de accesibilidade e dignidade” conclúe.
788 lat temu – 19 marca 1238 roku – po raz pierwszy w historii pojawiła się nazwa Kaszuby w pisanych dokumentach. W bulli wydanej przez papieża Grzegorza IX, książę szczeciński Bogusław I jest tytułowany księciem Kaszub.
read more..“Rueda debe explicar por que se empeña en discriminar á veciñanza de Bergantiños e da Costa da Morte que leva 30 anos pagando peaxes”
O BNG arranca unha campaña a favor da liberalización dunha autoestrada esencial para unha poboación de 100.000 persoas. “É de xustiza”, alega
read more..De Lijn betaalde in 2025 in totaal 313.343 euro aan boetes voor overtredingen in lage-emissiezones (LEZ). Twee jaar eerder, in 2023, ging het nog om amper 2.350 euro. De forse stijging komt bijna volledig op conto van Gent.
read more..A Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG) quer facer chegar un saúdo fraternal e todo o recoñecemento ao pobo saharauí e á Fronte Polisario, como o seu lexítimo representante, con motivo do 50º aniversario da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática (RASD).
read more..Cruset: “El govern espanyol viu en una realitat paral·lela. Rebaixin impostos a l’habitatge i posin IVA 0% als autònoms”
read more..Francesc Ten alerta que la fiscalitat actual fa massa temps que posa en risc artistes i galeries i que afavoreix la deslocalització, tal com adverteix el sector, que ha iniciat una vaga
read more..On the Guajira Peninsula in Colombia, where the desert meets the sea, the Wayuu people have sustained for centuries a way of life rooted in territory, the spoken word, and memory. Today, this ancestral balance is facing unprecedented pressure: the expansion of mining, large-scale wind energy projects, armed conflict, and structural poverty are putting at risk not only their lands, but also their culture, their spirituality, and their right to decide their own future.
read more..Zum Tod des Abgeordneten und Rechtsanwaltes Dr. Roland Riz weist der Obmann des Südtiroler Heimatbundes Roland Lang auf einen Hinweis im Buch seines Vorgängers als SHB- Obmann und Freiheitskämpfers Sepp Mitterhofer hin.
read more..