BNG denuncia a “insuficiente e inxusta” atención educativa domiciliaria dun estudante con necesidades especiais do Rosal

Bloque Nacionalista Galego 13-02-2026, 12:45

A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Cristina Fernández Davila, exixiu á Consellería a ampliación do horario de atención educativa deste estudante, o respecto á súa matrícula no centro ordinario do Rosal, e un compromiso firme coa inclusión real do alumnado con necesidades educativas especiais, que non pode limitarse “a un dato estatístico do 94% de alumnado en centros ordinarios sen valorar se está debidamente atendido”.

Davila levou hoxe á Comisión 4ª de Educación do Parlamento a situación dun estudante de 14 anos veciño do Rosal diagnosticado de leucodistrofia Pelizaeus–Merzbacher, unha enfermidade rara que lle impide asistir ao centro educativo e que recibe atención domiciliaria presencial de apenas 5 horas semanais, un tempo “totalmente insuficiente” para garantir o seu dereito á educación en igualdade de condicións. Fernández Davila advertiu de que “non é un caso puntual”, senón que representa a “moitos nenos, nenas e adolescentes de Galiza que están nunha situación similar e que carecen dos apoios e reforzos que precisan”.

A deputada nacionalista explicou que a familia deste mozo leva anos demandando unha atención especializada axeitada ante a Dirección Territorial, a Consellería de Educación e a propia Valedora do Pobo, e denunciou que, lonxe de atender estas solicitudes, o que houbo por parte da Administración foi “un intento de presionar os proxenitores a mudar a matrícula do fillo cara o CEE San Xerome Emiliani da Guarda”, un cambio que a familia rexeitou desde o principio por non consideralo positivo para a súa evolución académica e persoal. Neste sentido, Fernández Davila lembrou que este rapaz acadou un “avance escolar moi positivo” durante a súa escolarización en primaria, ata o punto de ser premiado pola Consellería de Educación a través dos premios ao esforzo e superación persoal, e que o propio Concello do Rosal xa realizou as obras de accesibilidade necesarias para que poida incorporarse ao CPI Manuel Suárez Marquier cando a súa recuperación o permita.

Davila fixo fincapé na “inxustiza” que supón aplicar a este alumno unha limitación horaria de 5 horas semanais baseada nunha resolución da Consellería do 30 de novembro de 2020, “emitida en plena pandemia e con carácter temporal”, cando a propia Valedora do Pobo, tras a reclamación presentada pola nai, emitiu unha recomendación clara na que subliña que “en ningún caso a normativa limita a atención educativa domiciliaria a 5 horas semanais”, e que esta debe ser obxecto “dun programa individualizado, personalizado e adaptado ás circunstancias de cada estudante”. A deputada reprochou ao Goberno do PP que “se escude” nunha disposición pensada para un contexto excepcional co único obxectivo de “non dotar de máis recursos a este alumnado convalecente”, e denunciou que na área hospitalaria de Vigo se pasou “de ter 10 docentes para atención domiciliaria a tan só 2”.

“A inclusión real é aquela que oferta a atención personalizada que cada alumno ou alumna precisa, tendo en conta a súa traxectoria educativa, as súas capacidades e os informes médicos e do departamento de orientación”, concluíu.

https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-denuncia-insuficiente-inxusta-atencion-educativa-domiciliaria-dun-estudante-necesidades-especiais-do-rosal/20260212135737042230.html

Related News

ANDALUCISTAS PROPONE A ADELANTE ANDALUCÍA ABRIR UN PROCESO DE “UNIDAD ANDALUCISTA” ANTE LAS PRÓXIMAS ELECCIONES AUTONÓMICAS

Christopher Rivas, coordinador nacional de Andalucistas y candidato a las próximas elecciones autonómicas, plantea la creación de una mesa de diálogo, primarias abiertas y un programa común para evitar la fragmentación del voto andalucista.

read more..

«Apprendiamo con un certo stupore che ieri l’Assessore Scoccimarro ha partecipato a una riunione dell’Ausir in cui è stato comunicato l'avvio ufficiale, a giugno, delle procedure per la nuova aggiudicazione della concessione del Servizio idrico integrato (Sii) di Trieste - dichiara Giulia Massolino, Consigliera regionale del Patto per l’autonomia, annunciando un’interrogazione in Consiglio regionale, in parallelo alle azioni intraprese da Adesso Trieste in Consiglio comunale -. La prima domanda che ci poniamo è: quali indicazioni sono state date ad Ausir da parte del Comune di Trieste per l’avvio della gara? Verso quale modello di gestione vuole andare il Comune, evidentemente d’accordo con Ausir e la Regione? In quali sedi si è svolto il dibattito sul futuro dell’acqua della città di Trieste e sui soggetti che saranno chiamati a gestirla?»

read more..

La diputada republicana denuncia que el silenci administratiu de l’executiu incompleix compromisos històrics del sector i “bloqueja un dret”

read more..

Imagine a transformed Yorkshire: Hull, York, Leeds, Bradford, Sheffield, Doncaster, and Huddersfield all linked by fast, modern rail, seamlessly connected to Manchester. This isn’t fantasy – it’s a blueprint for a northern economic revival.

read more..

Dzisiaj mija 145. rocznica śmierci Floriana Ceynowy – lekarza, literata, „budziciela Kaszubów”.

read more..

Rhaid i’r Canghellor weithredu i amddiffyn busnesau bach a chartrefi wrth i ryfel Iran daro prisiau ynni – Ben Lake AS

Wrth ymateb i Ddatganiad Gwanwyn y Canghellor heddiw, mae llefarydd Plaid Cymru ar y Trysorlys, Ben Lake AS, wedi dweud bod y rhyfel sy’n cynnwys Iran a’r cynnydd ym mhrisiau nwy o ganlyniad i hynny yn cynrychioli’r “newid sylweddol iawn i’r rhagolygon economaidd” y dywedodd y Canghellor yn flaenorol y byddai angen gweithredu arno.

read more..

FLEC-FAC says it will not stop until it expels Angolan army · Angola maintains firm control over Cabinda, which produces 60% of the country’s oil · NGOs report serious violations of civil and political rights

read more..

Junts s’erigeix en alternativa a un govern bloquejat que ha portat Catalunya al col·lapse

La presidenta del grup parlamentari de Junts, Mònica Sales, ha recordat al president de la Generalitat, Salvador Illa, que “el seu govern ha fracassat”. “Vostè ha portat Catalunya al col·lapse en molts àmbits”, ha afegit. Per això, “pel bé del país, només li queda un camí. Rectificar”, ha advertit durant la compareixença del cap de l’Executiu al Parlament, a petició de Junts, i no per voluntat pròpia.

read more..

Ennatu Domingo alerta que “la gran majoria d’estudiants s’han de desplaçar fora del seu lloc d’origen per continuar la seva formació, amb el risc que no tornin a establir-se en el territori”

read more..
Calendar
«October 2026»
MonTueWedThuFriSatSun
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031