BNG critica a negativa do PP a que Galiza solicite a adhesión á Unesco e teña voz propia nas Nacións Unidas
Bloque Nacionalista Galego 19-02-2026, 15:04
![]()
A portavoz de Educación do BNG no Parlamento, Cristina Fernández Davila criticou negativa do PP a tramitar a solicitude para que Galiza forme parte como membro asociado da Unesco, seguindo así o camiño iniciado xa por Euskadi e Catalyunha e tal e como xa o fan territorios como as Illas Feroe de Dinamarca, Nova Caledonia, de Francia ou Curaçao, dos Países Baixos.
“O PP, desde o Goberno da Xunta, pretende anular a identidade propia de Galiza e de todos os galegos e galegas baixo a Marca España, abandonando o noso patrimonio material e inmaterial como se fose unha reliquia”, proclamou a deputada nacionalista, acusando o Executivo de Rueda de pechar as portas a educar en paz, á cooperación, o desenvolvemento sostible e a información veraz e crítica”.
Fernández Davila lembrou que a Unesco é a ferramenta das Nacións Unidas encargada de promover a Educación, a Ciencia, a Cultura e a Comunicación ao servizo da paz e o desenvolvemento sostible, e que a presenza de Galiza neste organismo significaría "visibilidade e presenza internacional como entidade de seu, podendo participar na toma de decisións sobre educación, ciencia, cultura e patrimonio".
Por iso, acusou o PP, co seu voto en contra, de tomar partido polo centralismo, polo control ideolóxico, por un ensino uniformizador e globalizado, baixo o paraugas do Estado Central”, incumprindo ademais a propia Estratexia de Acción Exterior (Egaex) 2025-2029 aprobada pola propia Xunta, que recoñecía o papel estratéxico da educación e da cultura e a promoción de Galiza no turismo.
Na súa intervención, Fernández Davila criticou duramente un PP que, desde as escolas, non permite traballar valores como educación pola paz, mentres “apoian xenocidios”. Tampouco promove unha “educación equitativa, inclusiva e de calidade para todas”, mentres aplica “constantes recortes, precariza o profesorado e desvían fondos públicos ás escolas privadas”, recriminou.
Tampouco rema a favor dun mundo máis xusto e inclusivo, senón que “fomenta discursos de odio e crispación social” ou “practica violencia institucional contra a muller” mentres din que impulsan a igualdade de xénero, engadiu.
Por último, a deputada nacionalista acusa o PP de votar contra o seu uso nas institucións europeas e de permitir o espolio do territorio a multinacionais contaminantes “que lles servirán de portas xiratorias”, na vez de impulsar políticas sostibles. “Queda claro que un Goberno como o seu non pode querer pertencer á Unesco e poñer Galiza no ámbito internacional”, resumiu.
Diante desta postura do PP, a deputada nacionalista asegurou que o BNG “ten unha alternativa que pasa por “defender un ensino público de calidade, inclusivo para todas, poñendo no centro e de xeito transversal a paz, a tolerancia, a diversidade, a inclusión , a igualdade e unha democracia real”, recalcou.
Asegura que o Bloque non dubidaría en solicitar a adhesión de Galiza á Unesco e rexeita rotundamente a postura contraria do PP, que, lembrou, tamén criticaron a Fundación Rosalía de Castro, a Casa Natal de Otero Pedrayo e Vicente Risco, a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, a Fundación Eduardo Pondal, a de Manuel María, a de Curros Enríquez ou o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), e a Federación de Asociacións Culturais de Galiza Cultura, que impulsa unha campaña para que o País conte con voz propia e recoñecemento na Unesco.
Anlässlich aktueller Presseberichte über eine Parteispende des Unternehmers Kurt Krieger erklärt Ratsherr Marcel Schmidt, Vorsitzender der SSW-Ratsfraktion Kiel:
„Die Berichterstattung über eine mutmaßliche Spende aus dem Unternehmensumfeld von Kurt Krieger an die AfD wirft neue Fragen auf. Auch wenn es sich dabei um Vorgänge außerhalb Kiels handelt und eine abschließende Bewertung Zurückhaltung erfordert, ist der Sachverhalt politisch sensibel. Die AfD steht in Teilen unter Beobachtung des Verfassungsschutzes, ihre Positionen sind mit demokratischen Grundwerten vielfach unvereinbar. Vor diesem Hintergrund entsteht ein problematisches Bild, das über den konkreten Einzelfall hinausweist.
Ana Miranda e Montse Prado participan na Asamblea da ALE en Gandía, centrada na paz, no multilateralismo e na construción da Europa dos pobos
read more..The Universal Declaration of Linguistic Rights, proclaimed in Barcelona in 1996, remains a landmark in the defence of linguistic diversity. Yet the profound social, technological and political transformations of recent decades make clear the need to update it to meet the challenges of the 21st century.
read more..Els ajuntaments de les Terres de Ponent estan cridats a tenir un paper clau en la defensa i la promoció del català. Aquest va ser el missatge central de la presentació de la campanya Municipis per la Llengua, impulsada per l’Associació de Municipis per la Independència (AMI), que dijous al vespre es va celebrar a l’Espai Cívic d’Agramunt (l’Urgell).
read more..Es erreicht uns die traurige Nachricht, dass der 1933 geborene ehemalige Freiheitskämpfer Claudius Molling am 31. Dezember 2025 im Alter von 92 Jahren in Innsbruck verstorben ist. Unser Beileid gilt besonders seiner Frau Herlinde.
read more..Zur geplanten Umgestaltung der Immelmannstraße in Holtenau erklärt Ratsmitglied Marvin Schmidt, Sprecher des Stadtteils Holtenau der SSW-Ratsfraktion Kiel:
„Die geplante Umgestaltung der Immelmannstraße zur Einbahnstraße sorgt in Holtenau für massiven Unmut – und das völlig zu Recht. Seit 2021 arbeitet die Verwaltung an einer verkehrlichen Veränderung, ohne die Bürger*innen vor Ort einzubeziehen und ohne die Selbstverwaltung frühzeitig zu informieren. Besonders skandalös ist, dass die Politik erst sehr spät von den konkreten Planungen erfahren hat. Dabei gibt es weder eine belegte Unfallhäufung noch erkennbare Konflikte zwischen Rad- und Kfz-Verkehr. Dennoch wird seit Jahren mit erheblichem Aufwand an einer Lösung gearbeitet, obwohl es im Stadtteil deutlich gefährlichere Verkehrsschwerpunkte gibt. Das ist nichts anderes als eine Verschwendung von Zeit, Geld und personellen Ressourcen.
Mascún Ariste, diputado de CHA en las Cortes de Aragón y Presidente de CHA- Monegros afirma que el fallo “nos da la razón y ahora es más que nunca necesario impulsar todo un ambicioso plan director del Monasterio de Sijena”.
read more..La coordinadora del Rolde de Feminismos de Chunta Aragonesista (CHA), Teresa Gassió, expresa su “consternación y rabia” ante el asesinato de una niña de tres años en Torrevieja (Alicante), presuntamente a manos de su padre, que posteriormente se ha suicidado, en un caso que se investiga como violencia vicaria.
read more..